Lucus Augusti


"Ten unha antígua forte muralla
Qu'está agardando qu'unha batalla
Os seus nemigos lle veñan dar;
Frorón antíguo d'o chao gallego,
Por entre frores dános o rego
D'a sua rica fonte Miñá".
Valentín Lamas Carvajal

A antiga cidade romana de Lucus é a cabeza dunha provincia chea de historia. Non en van, Lugo é a cidade máis antiga de Galicia, bastión do agrarismo atravesado polo pai Miño. Esta arteria vital do país nace nas terras altas da Pastoriza para atravesar a tan fértil como desolada Terra Chá, corazón agrario da provincia, e onde se desenrolan prósperas vilas coma Vilalba ou Guitiriz. A paisaxe contrasta enormemente coa inmensidade da montaña luguesa. Os mudos e magníficos Ancares, e o maxestuoso e paradisiaco Caurel, así como as montañas da Fonsagrada, constitúen o gran pulmón e un exemplo da beleza máis espectacular e grandiosa de Galicia. O Cebreiro é a atalaia entre montañas, porta de entrada do Camiño Francés, que logo discorre polas históricas terras de Sarria, e o señorial Val de Lemos, dominado pola súa histórica capital, Monforte. Cara ó sur, a provincia de Lugo vese arrabuñada sen piedade pola brutal acometida dos ríos máis caudalosos do país, o pai Miño e o seu afluente, o Sil, que regan as fértiles ladeiras da maxestosa Ribeira Sacra. Ó norte, Lugo dá as costas ó Cantábrico máis cruel, escultor que creou algunhas das paraxes costeiras máis impactantes de Galicia. É a comarca da Mariña, encabezada pola súa histórica e lendaria capital, a aínda gótica Mondoñedo.

19 de Maio do 2018
A vella Igrexa de San Mamede de Vilasouto
"Esta anterga igrexa, que até hai uns anos era un dos monumentos máis deteriorados do país, foi erixida aló polo século XII e conserva unha portada románica que contrasta coa espadana e coa nave, de estilo barroco e construídas ó longo do século XVI"
17 de Maio do 2018
Pardo de Cela e a Fortaleza do Castrodouro
"Aló polos bretemosos eidos da parroquia do Castro, no concello lugués de Alfoz, aínda se poden escoitar e recrear as lendarias batallas de Pardo de Cela, o brigantino Mariscal cruelmente decapitado ós pés da Catedral de Mondoñedo por orde dos Reis Católicos"
15 de Abril do 2018
Torre de Miraz, berce da estirpe dos Saavedra
"A dos Saavedra, localizada na parroquia friolesa de Santiago de Miraz, é a Torre da Homenaxe, e o único que queda, daquela fortaleza medieval pertencente, na súa orixe, á estirpe dos Saavedra"
8 de Abril do 2018
Romaxe á Ermida da Nosa Señora do Faro
"Hai unha ermida onde se reflicten as luces dos albores e o fulgor crepuscular de cada día, un estratéxico faro de terra, de neves, breixos e mámoas, de insomnes torreiros cabalares que vixían dende as altas brañas, a epiderme verdescente da Galiza"
29 de Marzo do 2018
As eclécticas ruínas do Santuario de Fátima
"Este templo foi erixido no século XX da man do párroco Emilio Eyré Lamas, e trala súa morte caería na ruína e no abandono. Este foi o primeiro templo de devoción á Virxe de Fátima de España"
4 de Febreiro do 2018
Castromaior, un castro á beira do Camiño
"A vida en Castromaior comezaría a xermolar na Idade do Ferro, arredor dos séculos IV ou V denantes de Cristo, e permanecería habitado até os séculos I denantes de Cristo e o I despois de Cristo. Coa chegada dos romanos, o castro comezaría a ser presa do abandono"
18 de Decembro do 2017
As mouras ruínas do asolagado Castro Candaz
"Non resulta doado percorrer estas mouras ruinas sen deixar de maxinar “as cén hestóreas, tristes, y-antigas” que agocha o Castro Candaz, este tesouro fuxidío protexido polas augas"
16 de Decembro do 2017
As ruínas da Torre de Arcos
"As ruínas que agora se visten de maleza neste recuncho de Arcos, antano conformaron a Torre da Homenaxe daquela fortaleza erixida polos Fernández de Temes. Aquel bastión baixo do que se estendía, segundo contan os veciños desta freguesía, máis dunha ducia de leguas dominadas"
22 de Xullo do 2017
Portomarín e o rumor das ondas do Miño
"Portomarín é un recuncho máxico, un pequeno e afastado paraíso que garda a meirande parte da súa historia somerxida baixo “o rumor das ondas” do Miño"
11 de Marzo do 2017
As ruínas do Castelo de Quindous
"Estas torres, que presentan dous andares, tamén dispoñen de xanelas das que emanan sombras e humidades, silencio e soidade. Esa tristeza e agonía que tamén achariamos nas xanelas e seteiras das veciñas torres de Doiras, Doncos e Torés; as esquecidas fortalezas dos Ancares" 
19 de Febreiro do 2017
Baixo os pés do impoñente Mustallar
"Para achegármonos até este elevadísimo cumio galego de 1.935 metros de altitude, somentes superado polos 2.127 de Pena Trevinca, debiamos percorrer pouco máis de media ducia de quilómetros por unhas paraxes fronteirizas realmente fascinantes"
19 de Febreiro do 2017
Retorno a Piornedo
"Hai lugares aos que cómpre volver, grandes e pequenos universos que nalgún máxico intre descubrimos e que nunca endexamais puidemos esquecer, paraxes naufragadas no devalar da nosa curta historia, como áncoras aferradas no leito nostálxico e pracenteiro da nosa feble pero selectiva memoria"
15 de Xaneiro do 2017
A ruinosa i esquecida Torre de Torés
"Nada máis chegar a Torés, achariamos a Torre da Homenaxe e as ruínas da fortaleza medieval que andabamos a procurar de fronte mesmo á garrida igrexa parroquial, dominando unha lomba naquel intre adurmiñada baixo das xélidas sombras matutinas"
7 de Xaneiro do 2017
O Castro de Santa María de Cervantes
"O Castro de Santa María foi estudado entre o 1995 e o 1996. Froito destes estudos, nos que se levarían a cabo escavacións en tan so unha décima parte da súa superficie, concluíuse que data de entrámbolos séculos I e II d.C, e sairían a luz restos de gran interese"
6 de Xaneiro do 2017
Fonte do Cervo, mestura de augas menciñeiras
"Retornei ó Courel para dar coa Fonte do Cervo ou Fonte da Fame; unha impresionante paraxe natural localizada a máis de 1.400 metros de altitude onde a maxia emana da mestura das súas augas calcarias e ferruxinosas"


20 de Decembro do 2015
Santa María de Lagostelle
"Este impresionante santuario chairego foi construído por orde do párroco Manuel López Bande, e deseñada polo arquitecto Andrés Reboredo, entrámbolos anos  1949 e 1968"
11 de Outubro do 2015
A monumental Praia das Catedrais
"Cantos amenceres fuxiron xa dende aquela fugaz viaxe á Mariña Lucense, dende aquela curta pero intensa aventura que nos achegaría ó norte galaico e que nos ensinaría os máis vertixinosos cantís de fráxil e moura lousa rabuñada que atesoura a costa cantábrica galega" 
25 de Xaneiro do 2015
Da Devesa da Rogueira á Lagoa da Lucenza
"Retornamos ós soutos e veigas, ás faldras e vales da sempre fascinante e paradisíaca Serra do Courel, para tratar de coñecer o maior tesouro natural desta serra, un marabilloso verxel coñecido como a Devesa da Rogueira. O noso propósito sería percorrer esta feiticeira fraga e chegar até a lagoa da Lucenza, situada a uns 1.420 metros de altitude"
29 de Decembro do 2014
As lembranzas dun peche de ano no Cebreiro
"Hoxe cúmprese un ano dende que decidín subir até Os Ancares, na compaña dos meus amigos Samuel e Adrián, para pecharmos un ano de vida, traballo e viaxes nunha das máis antigas, senlleiras, simbólicas e máxicas aldeas deste noso país;O Cebreiro"
22 de Novembro do 2014
A enxebre Capela da Nosa Señora do Rosario
"Detivémonos de súpeto a carón desta capela no mesmísimo intre no que a albiscamos á beira da estrada. Pareceunos unha capela singular, antiga, misteriosa e até enxebre. O certo é que conseguiu atraer toda a nosa atención".
22 de Novembro do 2014
De troula pola histórica vila de Sarria
"Desta volta quixemos coñecer o centro da localidade de Sarria, capital da comarca homónima, e terra de carpinteiros i ebanistas. Achegámonos até estoutra vila lucense co fin de coñecer algúns dos recunchos máis senlleiros e históricos que atesoura e o ambiente que se respira antr’as súas rúas".
16 de Novembro do 2014
A Fervenza de Fondós e o Penedo de Graúllo
"Poida que fose froito da casualidade ou un sinxelo capricho do destino, o feito de que rematásemos logo dun farturento e delicioso xantar chantadino, a carón da Fervenza de Fondós e baixo a sombra do impresionante Penedo de Graúllo".
14 de Novembro do 2014
A pequena e histórica Ponte de Duarría
"Estabamos ante a pequena pero histórica Pontella de Duarría. Esta ponte foi erixida en cachotería de lousa, posúe somentes un arco de medio punto e conserva unha calzada empedrada".
9 de Novembro do 2014
De riola por Monforte de Lemos
"Xa fai ben tempo que tiveramos a ocasión de percorrer as rúas de Monforte e transitar a carón dalgúns dos monumentos máis históricos e lendarios deste noso país. Xa facía tempo que non percorriámolas ribeiras do cristalino Cabe, que non camiñabamos polos empedrados vieiros sobre dos que regresaba vitorioso o Conde de Lemos".
30 de Agosto do 2014
Santa María de Ferreira, mosteiro feminino
"Regresamos á Comarca da Terra de Lemos para achegármonos agora até o concello lugués de Pantón. Neste concello, limitado polos cursos do Miño, Sil e Cabe, trataremos de coñecer o histórico Mosteiro de Santa María de Ferreira". 
30 de Agosto do 2014
O xacemento guitiricense de Pena Xiboi
"Percorremos todas e cada unha das caras desta mole granítica. Pouco se sabe da historia deste xacemento, descuberto por Manuel A. López Felpeto no 1990 i escavado no 1994 ante o perigo que comezaba a supoñer a actividade da canteira".
25 de Xuño do 2014
Ante as portas do San Paio de Diomondi
"Achegámonos paseniño até a fachada da igrexa do antigo mosteiro beneditino de Diomondi e comezamos a contemplar as moitas similitudes que garda co veciño Santo Estevo". 
25 de Maio do 2014
Santo Estevo das Ribas do Miño
"Este templo de estilo románico localízase no concello lugués do Saviñao, na parroquia de Santo Estevo, arrodeado de soutos, vides e socalcos, e sobre do minguado curso dun Miño represado en Belesar".
27 de Abril do 2014
O muíño de Tarrío e as ribeiras do Asma
"Namentres percorría parte da sempre fascinante Ribeira Sacra Miñota, tiven a sorte de atopar un máxico e belido recuncho que chamou a miña atención e que non dubidei en coñecer. Tratábase dun vello muíño e unha fascinante fervenza que ficaban inmersos nun frondoso e húmido val".
1 de Abril do 2014
As ruínas da Torre de Friol
"Estabamos na parroquia de San Xián, na capital municipal de Friol, ante un dos fogares nobiliarios máis antigos desta verdescente provincia; o Pazo Fortaleza ou Torre de Friol".
29 de Marzo do 2014
Castelo do Carbedo, a Fortaleza do Courel
"As ruínas deste castelo fican moi preto do lugar de O Carbedo, pertencente á parroquia de Esperante, no concello lugués de Folgoso do Courel, e máis concretamente, nunha lomba rochosa que se erixe a carón da estrada que une as aldeas de Visuña i Esperante".
17 de Marzo do 2014
As afiadas antas de Abuíme
"Palpamos os liques e os musgos que cobren estas afiadas e graníticas laxes de Abuíme, acariñamos o traballo da erosión, a ruda textura suavizada polos ventos e polas chuvias". 
11 de Marzo do 2014
Dolmen de Leira de Rapada, achado de Vilatán
"O dolmen foi achado polo  arqueólogo Iván Álvarez e un veciño do lugar, e acaba de ser inventariado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Como non podía ser doutro xeito, tratei de procurar a localización deste dolmen e non dubidei en achegarme até O Saviñao para coñecelo e retratalo".
25 de Febreiro do 2014
As mouras lousas do Castro da Torre
"Viaxamos pois cara a parroquia de Folgoso, i en concreto, até o lugar de Sobredo. Adoecía por ensinarlles ós meus amigos Samuel e Adrián os escuros muros de lousa dos primeiros habitantes do Courel e as impresionantes paisaxes que se albiscan dende o Castro da Torre".
6 de Febreiro do 2014
O Castelo de Doiras e a lenda de Aldara
"Esta fortaleza sitúase a uns 750 metros de altitude i é o monumento máis importante do concello lugués de Cervantes. Este castelo, tamén coñecida como Torre de Ferreira, Ponte de Doiras ou Castelo da Ferrería, fica na parroquia de San Xoán de Vilaspasantes, no alto dun petouto a carón do Río Cancelada". 
4 de Febreiro do 2014
O Navia nas Pontes de Gatín
"Denantes de chegar ás brancas cumes dos Ancares, decidimos detérmonos nesta aldea para volver a atravesar o Navia, coma fixeramos hai anos en Navia de Suarna, e coñecer máis de preto os secretos e as lendas que garda este lugar. Estabamos en Pontes de Gatín, nas faldras da Serra do Calamouco"
1 de Febreiro do 2014
Retorno ás esquecidas aldeas do Courel
"Decidimos retornar ós pequenos i esquecidos lugares que se perden nesta sempre fascinante Serra do Courel. Decidimos volver a percorrer os estreitos e labirínticos vieiros que conducen a aldeas de lousa apresadas polo tempo e a soidade".
27 de Xaneiro do 2014
O Pregamento Xeolóxico de Campodola
"Saímos de Quiroga cara Folgoso unha fresca tarde que presaxiaba treboadas. O noso obxectivo ficaba a uns dez quilómetros, a carón do Ferreiriño, e de fronte ás aldeas de Campodola e Leixazós. Ó chegar a Campodola, puidemos albiscar un espectacular monte que semella escachar e converxer sobre si mesmo". 
14 de Xaneiro do 2014
Mosteiro de Samos, refuxio i escola dos ilustres
"Ante nós ficaba o maxestoso mosteirode San Xiao de Samos, a “forte bastión, impenetrable muro” que tanto impresionou a Cabanillas. Este mosteiro é un dos máis importantes do país, parada obrigada para milleiros de peregrinos que se achegan a Compostela a través do Camiño Francés".
11 de Xaneiro do 2014
A Torre de Doncos e a mesta neve dos Ancares
"Este pasado Nadal procuramos os brancos e fronteirizos cumios do noso país, a friaxe e a bravura dos montes lugueses, así como as máis espectaculares paisaxes, aldeas e fortalezas que se perden nos sempre mudos e solitarios Ancares". 
20 de Decembro do 2013
Mil anos xuntos, a capela e o ciprés
"Fai uns cantos anos, un amigo faloume dunha  minúscula capela prerrománica que ficaba moi preto do Mosteiro de Samos e que conservaba, a rentes dos seus muros, un ciprés xigantesco de máis de mil anos". 
17 de Decembro do 2013
Na Torre de Castroverde agardamos a alborada
"Agardamos a lus clara da alborada, cun día xa de por si bretemoso, na taberna máis madrugadora do pobo. Estabamos aterecidos de frío e aínda medio adurmiñados. Aínda non amencera de todo, mais logo duns cafés, decidimos saír e achegarnos á torre"
19 de Novembro do 2013
As doces augas do Cabo do Mundo
"Ante nós ficaba un maxestoso meandro que semellaba a punta dun cabo visto dende o mar. Ó seu redor puidemos ollar numerosos socalcos e unhas ladeiras ateigadas de vides e adegas. O Miño foi traballando estas ladeiras ó seu antollo e conformando paisaxes tan marabillosas coma esta". 
22 de Outubro do 2013
A vilalbesa Torre dos Andrade
"Cando chegamos a Vilalba, non nos foi nada complexo atopar a vella Torre da Homenaxe dos Andrade, fica a carón da Igrexa de Santa María; no centro mesmo desta histórica vila. Esta vella torre é o único que queda da antiga fortaleza que os Andrade tiñan nestas terras de Vilalba".
27 de Agosto do 2013
Dolmen da Moruxosa, xoia de tempos incertos
"Na parroquia de San Martiño de Cotá tivemos o pracer de contemplar unha das máis importantes antas da comarca luguesa. Andabamos preto do pequeno pero feiticeiro Dolmen da Moruxosa".
7 de Agosto do 2013
As Penas de Rodas gardan ouro e alcatrán
"A xigantesca silueta de dúas pezas circulares de granito que se erixen sobre do chan, pode ollarse dende varias leguas á redonda. Camiñamos paseniño cara as Penas de Rodas, reparando nas súas dinámicas formas, esas “redondeces tan ben feitas” que tanto deberon inspirar ó noso bardo chairego"
18 de Xullo do 2013
O pazo de Amarante e a estirpe dos Noguerol
"Chegamos a Santo Estevo de Castro de Amarante e fitamos pampos a fortaleza dos condes. A estrutura deste edificio, unha mestura de pazo e fortaleza, chama a atención de calquera visitante".

26 de Xuño do 2013
Os monxes remeiros de San Facundo
"O vello conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, o fogar dos antigos monxes remeiros, fica agora en silencio e soidade. Coma se as almas dos seus abades e peregrinos se reencarnasen en vides, en terra i en socalcos; en sangue mencía".
8 de Xuño do 2013
A ponte de Santo Alberte sobre do río Parga
"Non foi doado atopar a ponte de Santo Alberte nin a mesta carballeira de Sambreixo de Parga, pero todo esforzo ten os seus froitos. Á beira dunha ampla estrada que une Guitiriz con Mondoñedo, e a carón mesmo da vía do ferrocarril, puidemos dar coa ponte gótica que procurabamos".
23 de Maio do 2013
San Paio de Narla e as lendas da Castronela
"Nesta campiña que nos somerxe nun mundo de fábulas, as lendas tórnanse máis certeiras. Sorprenden as soberbias dimensións desta antiga fortaleza, a súa desafiante silueta. Foi construída entrámbolos séculos XII e XIII, pero a edificación que hoxe coñecemos é froito das reformas emprendidas entre os séculos XVI e XVIII".
6 de Maio do 2013
A presa e muíño de Merra d'abaixo
"Fitamos o vello muíño chairego e o seu tellado de lousa a dúas augas, a pequena represa e o manto de musgo sobre das rochas. Ollamos o leito do Requeixo ata quedarmos pampos, coma posuídos pola paz e absorbidos polas augas vagarosas".
17 de Abril do 2013
A longa estirpe da Torre da Candaira
"Neste lugar respírase paz, coma se nunca houbera máis guerra que a monotonía e a faena. Un ceo incerto semellaba darnos unha pequena tregua, namentres o sol comezaba a mostrarnos o camiño que nos levaría ata os pés da Torre da Candaira".
20 de Marzo do 2013
Ás portas do fogar dos Condes de Taboada
"Detémonos, á fin, de fronte ás portas mesmas do Pazo de Taboada, coñecido tamén por estas terras luguesas como o Pazo dos Condes. Esta fortaleza e pazo preséntase ante nós soberbio, macizo e cheo de vida".
19 de Febreiro do 2013
A Lagoa de Cospeito e as lendas de Valverde
"De camiño a Cospeito, albiscamos as frondosas carballeiras e as ringleiras de especies hidrófilas que acompañan o curso de innumerables regatos. Achamos dende o lonxe, a conca na que adormece unha das lagoas máis recoñecidas de Galicia, un inmenso brañal cheo de vida e lendas".
12 de Xaneiro do 2013
As húmidas pradarías de Pedra Chantada
"Tras camiñar uns centos de metros, albiscamos á nosa esquerda a ergueita Pedra Chantada. No medio dun prado, erguíase a silueta dun enorme petouto solitario, abrazado por un arbusto de longas ramaxes, recén segada a herba, e verdescente de tanta humidade".
11 de Decembro do 2012
O segredo da fervenza de Auga Caída
"A auga precipítase acariñando a lisa i escura superficie da pedra, caendo coma unha sutil e sedosa saba líquida, saciando a sede do musgo e dos fentos. A fervenza esvara sobre as pedras que se acumulan na súa base, debuxando a prateada escuma sobre dos penedos".
5 de Decembro do 2012
A lendaria resistencia da Torre da Caldaloba
"Semella que aínda se escoitan os ecos do balbordo da batalla por antr’a fraga. Segundo ascendemos, podemos recender vellos tempos de loita e resistencia. Ante nós érguense os muros esgazados do vello e derradeiro refuxio de Dona Constanza". 
28 de Novembro do 2012
San Pedro Fiz de Hospital e o mármore do Incio
“Esta igrexa ten moito mérito”, dixo con evidente fachenda o veciño, “é a única igrexa feita en mármore en todo o país”. E así é, en efecto, e sen dármonos conta, estabamos atravesando unha terra de marmoreiros, a única do chan galiciano.
26 de Outubro do 2012
O Encoro de San Xoán no Río Pardiñas
"Se algo ten de especial este extremo occidental da Terra Chá é a súa auga, o seu bafo, a lama e a humidade. Os habitantes destas terras acostumáronse dende antano a sacarlle proveito a esta riqueza vital".
21 de Outubro do 2012
As cristalinas augas da Praia da Cova
"Faláronnos da fermosura e beleza dun encrave a pé de río onde as augas semellaban espellos, e onde a area dunha xeitosa Praia fluvial, se mesturaba coa auga e co ceo. Facemos parada no lugar de Seoane, ante a antiga abadía de San Martiño da Cova, no concello lucense de O Saviñao".
12 de Outubro do 2012
As lendarias serpes da Roza das Modias
"Ante nós, á fin, erixíase o que queda do dolmen de Roza das Modias, un dos sete enterramentos que conforman a necrópole neolítica de Muíño Pequeno. Este conxunto constitúe un dos máis senlleiros e singulares da península, aínda que somentes un dos dolmes se conserva con certa integridade".
27 de Maio do 2012
Os Peares, terra de ningures entre o Miño e o Sil
"A importancia de Os Peares, e a súa estratéxica ubicación, fan que sexa unha vila de ninguén. As rexas e penduradas vivendas repártense entre catro parroquias que pertencen a outros tantos concellos distintos. Dous deles pertencen á provincia de Lugo, e os outros dous á de Ourense".
31 de Marzo do 2012
Faro de San Cibrao, atalaia do norte
"Na costa do Concello lugués de Cervo, arroupado por longos e envexosos areais, érguese a pequena “Península da Paz”. No alto da “Atalaia”, o Faro de San Cibrao vixía as escuras noites deste pequeno recuncho das Rías Altas".

17 de Marzo do 2012
"Ós pés das maxestosas e virxes serras do Caurel, a Serra do Ouro; e de Manzaneda, no Macizo Central Ourensán, achamos unha anterga e impoñente mostra da soberbia romana, a mesma que os fixo dominar o mundo. O seu nome é Montefurado"
3 de Marzo do 2012
As sosegadas gamelas de Portocelo
"O fero mar do norte galego agocha un pequeno remanso de paz e tranquilidade na pequena enseada de Portocelo, no Concello lucense de Xove, e moi preto do Vento amigo da Roncadoira"
29 de Xaneiro do 2012
"O Río Navia esténdese ó longo de máis dun cento de quilómetros, entre terras galegas e asturianas. Nace ós pés do sacro Cebreiro, na aldea de Busbullán, para atravesar de cheo os Ancares e  darlle nome á vella ponte de Navia de Suarna".
15 de Xaneiro do 2012
"O ouvido do lobo racha o silencio nas escuras e frías noites do Caurel. O sol comeza a alborexar por riba dos nevados cumios de Formigueiros, e as raiolas matinais van esgazando as brancas teas que cobren de xeo os vales do Lor. As montañas súan auga eternamente, sangue vital que escorrega polas verdescentes e húmidas ladeiras da Devesa da Rogueira".
15 de Decembro do 2011
"Achegámonos, desta volta, ó norte galaico para contemplar os cantís da feroz beira cantábrica, máis concretamente, ó pequeno pero impresionante Castro de Fazouro, no municipio mariñán de Foz. Pendurado nun istmo e a carón da Praia de Area Longa, descansan as vellas ruínas deste particular castro mariñeiro"
1 de Abril do 2009
"O ceo de Lucus comeza a arder e a tinguir de nostalxia as históricas murallas que cercan e dividen, pero comparten e transmiten o respecto pola pegada histórica na vida que aínda habita dentro desta cidade"


26 de Febreiro do 2009
"Erguida a 952 metros respecto ao nivel do mar, e anteriormente coñecida coma Concello de Burón, A Fonsagrada conserva o legado do camiño primitivo de Santiago a carón dos ríos Navia e Rodil, antre centos de mámoas, dolmes e asentamentos castrexos".
5 de Marzo do 2009
"Este castelo foi o único supervivente das Revoltas Irmandiñas, e na actualidade é unha autentica xoia de arquitectura medieval militar do País Galego".

25 de Outubro do 2008
A Branquiña neve do Cebreiro
"O Alto do Cebreiro é o estratéxico corazón da montaña de Lugo, pois separa aos Ancares do Courel, ficando coma unha impoñente atalaia sobre estas dúas terras".
17 de Outubro do 2008
"O tempo e o Río Navia foron sepultando ó seu paso as pedras que conformaban o Castelo do Conde de Altamira logo de ser derribado nas Revoltas Irmandiñas, aló polo 1467".
8 de Setembro do 2009
"Durante os séculos II e V d.C, as rúas, foxos, murallas e construcións deste xacemento eran habitadas polos castrexos e galaico-romanos de forma duradeira".
12 de Setembro do 2009
"A única vez que visitei este lugar, chamoume moito a atención mentres percorría a aldea, a inmensidade de casas orfas que a conformaban, refuxios de familias que matou a emigración dos máis novos ás cidades".
18 de Marzo do 2009
"Nas labregas terras do concello lugués da Pastoriza, a lenda fálanos dos Xacios, seres metade persoa e metade peixe que vivían sumerxidos baixo as augas da Lagoa de Fonmiñá".
4 de Xaneiro do 2009
"A aldea da Seara, no concello de Quiroga, amósanos a súa riqueza ecolóxica e o seu divisorio río, que tantas veces foi transitado polos veciños deste fermoso e tan esquecido lugar".
8 de Xullo do 2008
"Formada polos concellos de Ribadeo, Cervo, Burela, Foz, Viveiro, Barreiros, Xove, Mondoñedo, Ourol, Valadouro, Vicedo, Trabada, Lourenzá e A Pontenova; A Mariña Lucense abrangue un extenso litoral dende a Ponte do Río Sor, en O Vicedo, ata a fronteiriza e fermosa vila de Ribadeo".
30 de Setembro do 2009
"Lugo abre as súas portas a tódolos visitantes para festexar o San Froilán, unha das festas máis tradicionais do País Galego e declarada de Interese Turístico Nacional".
31 de Maio do 2009
O maio na Devesa do Caurel
"De falar, falarei coa terra. Coa terra, con esa negra terra
que cospe, como sangue do peito, primaveras". MANUEL RIVAS
21 de Decembro do 2008
"Piornedo é unha aldea prerromana da comarca dos Ancares. Por estas datas, os teitos de palla ficarán cubertos de neve namentres os animais e as ferramentas de traballo refuxiaranse nas pallozas do pobo; cheas das harmonías do traballo".
22 de Maio do 2009
"A Mariña non sería o mesmo sen a identidade que lle aporta a costeira cidade de Viveiro. A súa ría nace coa desembocadura do río Landro en augas cantábricas para conformar outra fermosa paraxe das Rías Altas".
19 de Setembro do 2008
"Mondoñedo naceu con arte, tradición e traballo, pero a súa historia fala de tempos mellores. Tempos nos que unha Catedral de Mondoñedo, construida no Século XIII i eternamente afincada na ollada de Don Álvaro Cunqueiro, tiña máis poder e soberanía".
3 de Marzo do 2010
"Se queredes escoitar o asubío melodioso do Cantábrico, debedes achegarvos á Punta Roncadoira, no concello lugués de Xove, na Mariña Occidental".
19 de Maio do 2009
"Arrecendemos a natureza en plena fotosíntese e observámo-la vida cotiá dos seus habitantes, os cales seguen a desenrolar a laboura do campo, ó igual que os seus antergos, loitando por manter con vida unha terra case esquecida e altamente castigada polo tempo".
23 de Abril do 2009
"O Faro da Illa Pancha é unha muxena taciturna nas noites bretemosas para os gameleiros da Mariña Oriental, e fica erguido nas cicatrizadas rochas desta illa dende o 1859".
7 de Novembro do 2009
"Canto vai da memoria á herba, por onde terreas pensativas azas
caladamente te recomezan". ÁLVARO CUNQUEIRO
7 de Outubro do 2008
"Nas aldeas dos Ancares, as duras xeadas baleiran os pratos e asolagan as hortas, mudecendo os laios dos fogares onde se refuxian os labradores. Sementar, sachar, saca-las vacas e as ovellas ós prados, limpar as cortes, picar rachóns, muxí-las vacas e recollerse ao caer o día".
6 de Maio do 2009
"Abréuno-las portas da súa casa coa hospitalidade marcada no sorriso para falarnos da amizade que compartía co Poeta, Uxío Novoneyra, así como da mala sorte que tivo en amores. Según él; por falta de atrevemento".