Outros vieiros


Paseniño percorremos os vieiros insinuados, máis que marcados, entre a mesta vexetación, a medida que penetramos nela e nos engule...
Lourdes Maceiras


Nesta páxina atoparedes outros recunchos alén dos dominios desta Fraga, espazos virxes e únicos que visitei e que merecen ser mostrados. Así mesmo, atoparedes diversas indagacións en símbolos ou reliquias arquitectónicas que merecen ser estudadas con máis tento e contadas con máis luxo de detalles.

5 de Novembro de 2013
De Sanabria a Fisterra polo Camiño Mozárabe
"Decidimos emprender a nosa viaxe en Pobra de Sanabria, a uns 250 quilómetros de Santiago de Compostela. Saímos cara este histórico municipio zamorano a tarde do domingo 27 de outubro do presente ano 2013. Viaxamos nun autocar coas nosas bicicletas"
27 de Setembro de 2013
De Oviedo a Compostela polo Camiño Primitivo
"Poucas veces na miña vida tiven a oportunidade de vivir unha experiencia tan positiva e satisfactoria como a que tivo lugar o pasado mes de setembro do 2013". 
13 de Novembro de 2011
Cudillero, anfiteatro cantábrico e mariñeiro
"Cansados de atravesar fronteiras veciñas, decidimos facer parada e tomar folgos nun encrave único e, sen dúbida, un dos lugares máis impresionantes de Principado de Asturies; o singular pobo mariñeiro de Cudillero, ou como dirían os astures; Cuideiru".
16 de Xullo de 2008
"Nesta viaxe ao Olimpo dos descubridores, as lousas -coma libros- ensináronnos as historias que fixeron de Portugal un barco cunha bandeira vermlla e verde ondeante, con rumbo e camiño das especias, dos metais, das culturas virxes, con cartas de navegación, compases, con Vasco Da Gama e Fernão de Magalhães".