mércores, 16 de xullo de 2008

Coa Luz Bohemia de Lisboa


"Nem rei nem lei, nem paz nem guerra,
Define com perfil e ser
Este fulgor baço da terra
Que é Portugal a entristecer--
Brilho sem luz e sem arder,
Como o que o fogofátuo encerra.
Ninguém sabe que coisa quere.
Ninguém conhece que alma tem,
Nem o que é mal nem o que é bem.
(Que ânsia distante perto chora?)
Tudo é incerto e derradeiro.
Tudo é disperso, nada é inteiro.
Ó Portugal, hoje és nevoeiro...
É a Hora!"
Fernando Pessoa

Neste caluroso mes de xullo, recibeunos con 27 grados esa Lisboa das bohemias rúas, a Lisboa dos tranvías, o berce das fadistas.

A ponte do 25 de Abril deunos a benvida nesta perfecta capital do noso país veciño e irmán, mostrándonos o encanto da súa luz, tanto de día como de noite, as xentes, a paisaxe de teitos e antenas, as fontes, o café, os deambulantes e silandeiros tranvías…
Nesta viaxe ao Olimpo dos descubridores, as lousas -coma libros- ensináronnos as historias que fixeron de Portugal un barco cunha bandeira vermella e verde ondeante, con rumbo e camiño das especias, dos metais, das culturas virxes, con cartas de navegación, compases, con Vasco Da Gama e Fernão de Magalhães.
No percorrido de volta paramos en Fátima, no Aveiro das canles, no Porto, Viana do Castelo (importante subir a Santa Luzia), e na estremeira fortaleza de Valença do Minho.

A viaxe non defraudou: o noso país irmán ten tamén moito que ensinar e contar. Quen non escoitou falar do Zeca Afonso, e o seu eterno laio: "Grândola, Vila Morena?". Foi o berro que agochaba un caravel por cada bala. Foi un 25 de Abril e, como lembranza, a súa vermella e impoñente ponte despideunos coa luz bohemia de Lisboa.

10 comentarios:

a dixo...

Hola!
Desta vez adianteime....!
Gústame moito a foto parece sacada fai tempo e non de agora.
Teño que dicir que me deches envidia cando fuches.....,e por iso, sabes que é o lugar que escollín para dar esa escapada que todos merecemos.
Xa che contarei como me foi,terei en conta o que me recomendaches.

Gracias por esa envidia sana que e o viaxar.

O Mouro dixo...

Seguro que non che defraudará. Boa viaxe

Santo2000 dixo...

Lisboa nom pode defraudar a ninguém. É umha cidade formosíssima e quase diria que mais que Compostela, hahahaha, mas nom o vou dizer como bom picheleiro que sou.

Ficas agregado ao meu blogue, porque ao igual que Lisboa, este é um sitio que nom pode deixar de visitar qualquer persoa que ande pola internet.

Um saúdo.

Iván dixo...

Obrigado, Santo 2000

Dorian dixo...

Nada que dicir ao respecto de Lisboa. Non hai verbas para describir tanta fermosura e tan xigantes sensacións. Noraboa pola escolla do poema. Sen dúbida o mellor e máis coñecido de Pessoa. Ése no que fala do futuro no que Portugal debe dominar o mundo.

Moitos saudos dende Compostela irmán!!!
E por se non falamos ata daquela FELIZ DÍA DA PATRIA

Santo2000 dixo...

Obrigado a ti.

Um saúdo

Dilea dixo...

Boas!

Canto tempo hay que non te vía, canto que non falabamos, canto que non compartíamos eses momentos de longas conversas entre amigos de toda a vida, pero aquí estou despois de todo, volvendo ó pasado é ás nosas andadas. Gustoume moito o blog, transmite moito non só a mensaxe que garda matices sentidos moi fondos, senón as imaxes que amosan esa outra forma de ver a terra, non só con fotos espectaculares de lugares incríbles, senón eses detalles que só a ollada dun artista coma tí é capaz de captar, grazas por mostrar ese outro lado. Xa che comentei cando vin esa foto que me pareceu moi fermosa, como esa grande cidade á que algún día irei... o que non viu Lisboa... xa se sabe.

Aquí quedamos coa túa próxima actualización que será para min una nova cita neste espazo para a terra.

Unha aperta moi forte dunha amiga que te quere.

Dilea

tamborileiro dixo...

Fermoso post, irmán. De Lisboa non vou engadir nada novo ao que ti, tan delicada e sutilmente, apuntas neste comentario.
Con respecto ao Santo2000, recórdalle que ele nao acompanhou ao amigo que teve que caminhar pelos bairros en companha de "Tapón". Ele já compreende as minhas palávras.
Abraço.

Santo2000 dixo...

Nom lhe fagas caso ao Tamborileiro. Se nom fum com ele a Lisboa foi porque estava enfermo na caminha. E fala de caminhar com "Tapón" como se fose umha desgraça imensa.

Saudaçons

Dorian dixo...

Eiii Iván!!!!
Olaaaa
cambiei a imaxe do meu blogue. Gustaríame que pasaras por alí, a ver qué opinas do cambio. A min gústame coma quedou, pero claro, necesito a opinión de terceiros.

Por certo que descubrín novas funcións do blogger, así que algunha ves que vaia pola cidade herculina hei de ensinarchas para que mellores aínda máis este espazo. A pesares de que é un dos melloriños blogues que vin, ainda o podes mellorar máis, xa verás!! xdxd

Bueno, sen máis. Saudiños dende Compostela, e non esquezas visitar o meu blogue:

http://dorian-naked.blogspot.com/