"Silencioso e solitario o Camiño dentro do camiño inícia
os meus pasos.
As árvores acompañan-me son estraña sensación descoñecida.
No Esteiro no hai ninguén nen sequera a cidade deixa de retornar
cando vou camiño de Pontedeume"
Cesáreo Sánchez
A mañá esperta adormecida antre a néboa que se adentra polas ribeiras das Fragas do Eume, namentres as gaivotas anuncian os menceres no varadoiro de Pontedeume. Os mariñeiros transitan os arredores da ría e o día comeza a espertar. Na histórica páxina das lembranzas irmandiñas, o Torreón dos Andrade fica como testemuña presencial de tempos, mostrando as pedras que aínda o teñen en pé e portando o escudo dos Andrade, ante as agónicas augas do Eume.
6 comentarios:
Pontedeume, ademais de figurar na nosa historia pola súa relación coa caste dos Andrade, foi ademais magnificamente versificada por un poeta que nos deixou recentemente, Ramiro Fonte. As vilas e cidades son tamén as palabras que as debuxan e reinventan a cotío. E velaí o seu destino, a súa verdadeira dimensión.
Que recordos....Pontedeume!!!!
Os domingos de praia cos meus pais....
os sábados de traballo....,cando se chegaba as 7 da maña é nos íbamos as 8 ou 9 da noite....
Os churros con chocolate con meu abuelo cando eu era pequena....
Ponte máxica nunha vila que, coma os pobos sitos nas desembocaduras, teñen un non-sei-qué especial: ese limo da marisma, xenerado onde o mar e o río se misturan, e que é fonte de fertilidade e vida.
Un saúdo dende Compostela,
e fermosa entrada, coma sempre
Un blogue dos auténticos. Co misterioso sabor das fragas milenarias.
Propio dun "homem de verdade", como diría o noso camarada.
Unha aperta! e encantada de pasar por aquí.
Aqueles lugares polos que pasa o río sempre teñen algo de especial, e máis aínda se iste río e o mar mistúranse no mesmo lugar.Pontedeume é un deles...
Iván:estaste a lucir coa fotografía chaval!!!
unha aperta
Moitas gracias polos comentarios e un saúdo irmandiño!!.
Publicar un comentario