"¡Ou arpas do Druída ¡despertade!
¡Erguévos d' entre as cinzas dos meus castros!
Vinde a cantar un trunfo á nosa edade
Dos meus pórfidos dino, e os meus labastros!"
Francisco María de la Iglesia
Nas fronteirizas terras do Rosal, o pai Miño mestura as súas finadas e doces augas co paso das ensalitradas mareas da bravía costa atlántica. Dende o Monte de Santa Trega, na mariñeira vila da Guarda, albiscamos a desembocadura do noso máis senlleiro río e ollamos as ribeiras do país veciño, adurmiñadas nesta fronteiriza morte, que dende antano nos mestura e nos distancia. Quizais a morte do Río Miño enfeitizou aos antergos donos desta terra, os habitantes do castro de Santa Trega, quizais a maxia e a fermosura do lugar, os seus recursos ou mesmo as tan descoñecidas como misteriosas enerxías telúricas que tanto coñecían os nosos antepasados. Os muros de pedras e barro seguen en pé, loitando contra a adversidade do tempo e os acoitelantes amenceres que tinguen de sangue o Atlántico, namentres o vento asubía nas cicatrices que esculpen os petróglifos da Idade do Bronce (do 1900 ó 700 denantes de Cristo), desafiando por sempre o milenario paso do tempo.
Santa Trega móstranos o vello camiño da súa historia, no extremo máis sudoccidental da xeografía galega, onde o tempo non esqueceu o seu legado. A uns 340 metros de altitude sobre do nivel do mar, érguese o Pico de San Francisco e a súa ermida, na atalaia dende a cal ollamos a alborada e os abrentes que os nosos antergos máis dun día tamén ollaron. Ficariamos pampos albiscando a morte do noso pai Miño logo de atravesar a matria, logo de nacer nas terras da Pastoriza e de recoller as augas do Sil, logo de espallar riqueza e fermosura ó seu paso pola Ribeira Sacra, logo de apagar a sede das cepas do Ribeiro, logo de servir de fronteira co veciño Portugal.
Que fermosa e mítica paraxe, que lugar máis farturento de historia, que museu tan real e didáctico! Que o imparable paso do tempo nunca esqueza a milenaria historia de Santa Trega, nin as súas alboradas, nin os seus atlánticos abrentes!

4 comentarios:
Sempre me gustaron os castros, sínto algo especial cando estou preto deles,é como se non foran víctimas do tempo, aínda conservan no espacio que ocupan esa atmósfera especial dos nos nosos antergos.
Tamén no sur sí coñezo o Castro de Baroña, éste integrado directamente na praia, pero supoño que xa o coñecerás;de todos xeitos gustaríame velo en vindeitos capítulos das túas viaxes polo país.Por certo,a este Castro de Baroña foi o polémico Fernando Sanchez Fragó a buscar á orixe do Arca de Noé axudado pola percepción senso i extrasensorial que lle producía o LSD que consumía para tal fín.Fixo en varias ocasións ficando no castro días enteiros.Dí que o acadou pero que non o contará, que haberá que experimentalo na propia pel.Pódese pensar que é unha chorrada propia das moitas que dí este gran coñecedor da India e tamén amigo de Aznar, pero en todo caso é curioso o relato que fai sobre elo no seu libro "La del alba sería".Un saúdo Iván, e, por certo, bonita luz a da Langosteira.
Grazas Dalit, sempre son moi interesantes os teus comentarios. Prométoche unha pronta actualización sobre un dos poucos castros que fican de fronte ao mar. O de Baroña e o de Zafouro son os meus favoritos, pero iso sí, sen LSD (jeje). Unha fonda aperta, amigo.
Desculpade o meu erro, referíame ao castro de Fazouro, no concello de Foz.
Fermoso enclave da xeografía galega, abicado no monte sagrado tamén coñecido coma Calvario. É un deses lugares máxicos, que desprenden un non-sei-que especial, esa forza telúrica que tan ben sentían os nosos antergos.
Lugar inolvidable e cheo de pedras vivas que falan cando o vento atravesa as fírgoas.
Fermosa entrada para un lugar indescritible.
Un saúdo dende Compostela, e... saúde, sorte e República.
Asdo.: Xoán
Publicar un comentario