mércores, 16 de setembro de 2009

A Guarda, museo vivo do tempo



"Sober ao Páramo, nunha Oímbra do Sil
e Fisterrar no Barco para sempre
baixo a Bóveda Sandiás
até ir perdendo de vista a Mezquita
na Irixoa dun Brión que nos Melide.
Eu Muxía
mentres ti Ramirás A Guarda"

Estíbaliz Espinosa, Mecánica Zeleste

A Guarda é un fermosísimo municipio pontevedrés que alberga un monte onde o paso evolutivo de civilizacións foi deixando a súa pegada, Santa Trega. Este máxico lugar foi dende o dez mil denantes de Cristo, un propicio asentamento para os primeiros homínidos e posteriormente seguiu habitado durante o período Neolítico (5.000 - 2.000 denantes de Cristo), pasando pola Cultura do Bronce (2.000 – 1.000 denantes de Cristo.), a Cultura Castrexa e a Romanización. Proba disto son os petróglifos, a escultura de Hércules en bronce e os vellos fogares castrexos que, xunto coa capela e os cruceiros, fan deste lugar un museo vivo da historia. Este monte máxico, legado das diferentes civilizacións, é sen lugar a dúbidas; un dos máis senlleiros e simbólicos do noso pequeno e verdescente país.


A desembocadura do Río Miño exerce de fronteira natural con Portugal e dende o porto da Guarda divísase unha fermosa variedade de cores, que visten e distinguen as fachadas das casas mariñeiras. Esta vila goza tamén de praias como A Lamiña, O Muíño e Area Grande, paraxes que recenden a esa brisa mariñeira do Atlántico que a diferencia do Río Miño; non nos separa do país veciño, únenos.

4 comentarios:

Xoán S. Pazos dixo...

O monte de Santa Trega é un deses sitios máxicos onde se paraliza o tempo e onde arrecendemos de novo o noso pasado máis puro i esencial.
Ademais, a propia vila da guarda respira as vivencias dos pobos mariñeiros, e unha vida da que carecemos na nosa Costa da Morte. Quizais é iso o que máis temos que envexarlle a vilas como a da Guarda, a de ter vida, xuventude e futuro, ademais dun pasado milenario que convirte o seu futuro en algo digno de vivirse.

Un saudiño,
e saude, sorte... e republica!

xerman dixo...

oooo gracias!!! hehehe! fíxome moita ilusión!

Por certo, unha bonita descrición da zona. Unha aperta.

Unknown dixo...

Alégrome, gracias a tí por asarte pola Fraga e por esa longa e nocturna conversa en Ortigueira, con luar celta e todo!!. Unha aperta para tí tamén!

Anónimo dixo...

Excelente descrición desta paraxe, mais boto de menos que o poema escollido non fose do poeta Gómez Alfaro, que viviú alí tantos anos e deixounos hai un ano. O penClube vén de editar a súa poesía completa (teu irmán Modesto tena).
Saúdos e boa singradura, coma sempre. Miro.