mércores, 30 de setembro de 2009

Chega o San Froilán!



"E medraban as tellas do piano
que se achegaba lento ao plenilunio.
E xa se trafegaban unhas mans en outras,
nunha clarividente transparencia.
O sol naquil solpor era un ourizo
parello de min mesmo sempre envolto
no meu proprio silencio.
Dun horizonte noutro,
por riba do mundo dos tellados,
aquel piano soaba sen acougo"

Tomás Barros, Vieiro de Señardade

Do 4 ó 12 de outubro, Lugo abre as súas portas a tódolos visitantes para festexar o San Froilán, unha das festas máis tradicionais do País Galego e declarada de Interese Turístico Nacional. A súa historia nace na Idade Media, aínda que comeza a cobrar magnitude aló polo século XIX. Agora, uns 255 anos despois, o día de San Froilán e o "Domingo das Mozas" traerán consigo a tradición, a feira, a xente e as noites medievais. Non faltarán gaitas, pulpeiras, concertos e moita diversión asegurada. Benvidos a unha das festas máis multitudinarias do chan galego, benvidos ó San Froilán!

3 comentarios:

xeiteiro dixo...

Andarás por alí, supoño. Ti, que non te perdes unha festa no país. Saúde, irmán.

Anónimo dixo...

Hola Iván,xa vexo que non perdes o tempo.¿aínda seguimos de vacacións?Eu incorpórome esta semana á rutina do traballo e as cuestións cibernéticas , de opinión e reflexión.En breve escomenzarei actualizando a bitácora e a web.Un saúdo e coidado con comer moito pulpo, aínda que o perigo teu está na cervexa.......¿non?

Unknown dixo...

O certo é que non vai ser posible a visita a Lugo...asuntos de traballo. É unha mágoa perder o concerto de Fuxan e esa vella festa. Sempre nos quedará o Ultreia, o perigo e a cervexa!. Un saúdo ós dous.