"A minha rua é longa e silenciosa como um caminho que foge
E tem casas baixas que ficam me espiando de noite
Quando a minha angústia passa olhando o alto.
A minha rua tem avenidas escuras e feias
De onde saem papéis velhos correndo com medo do vento
E gemidos de pessoas que estão eternamente à morte.
A minha rua tem gatos que não fogem e cães que nao ladram
Tem árvores grandes que tremem na noite silente
Fugindo as grandes sombras dos pés aterrados"
Vinicius de Moraes, Rúa da Amargura
O Vello Betanzos e as súas rúas lembráronme á visita que fixeramos a Mondoñedo o meu indispensable compañeiro de viaxes, Xoán S. Pazos e un servidor na procura dunha histórica capital de provincia galega. Logo de mergullar polas rúas da amargura, moi semellantes ás versadas por Vinicius de Moraes, e meditar na silenciosa agonía do portentoso patrimonio clerical e cultural de Mondoñedo, o meu agudo e observador amigo, cun espasmódico e reflexivo cariz e nun marcado ghastrapo fisterrán, (que él mesmo bautiza como Voz de Carrexo), reflexiona: "Esta siudá vivíu tempos milloris". Betanzos, tamén.
Betanzos comeza a súa gloriosa historia en 1465 cando Henrique IV, tamén coñecido como O impotente concédelle o título de cidade. A partires de 1480 pasa a formar unha das cinco antigas provincias galegas, xunto con Lugo, Santiago, Ourense e Mondoñedo, que conformaban a Xunta do Reino, e ás cales a mediados do século XVI se unirían Tui e A Coruña. A cidade vivía os seus mellores tempos. Os ventos comezaron a cambiar e as malas colleitas, os incesantes incendios e a nova división de provincias, de sete a catro, marcarían a súa progresiva decadencia ó pasar a formar parte da provincia da Coruña.
Nin tan sequera a chegada do ferrocarril a comezos do século XX devolveu a Betanzos a súa gloria. Agora tan só queda humidade antre as antigas rúas da capital do gótico galego, murallas, igrexas, pazos e conventos, as pontes e a súa ría ártabra, que nace coa morte dos ríos Mendo e Mandeo, e forma parte da ducia que se coñece como as Rías Altas. As marismas son o escenario natural da romería dos Caneiros en agosto e as súas antigas rúas atéiganse de transeúntes na Feira Medieval que se dá cita o segundo fin de semana de xullo. Moita vida ás rúas do Vello Betanzos!

6 comentarios:
Boas!!! Felicitarche primeiro polo teu blog e desexarte que sigas coma sempre sen pelos na lingua e fancendonos mergullar nos recunchos mais fermosos da nosa terra.Ensinandonos que a esencia non so se encontra naquelas paraxes q tanto nos tentan vender,se non tamen no carrexo mais oscuro,nos tellados mais humidos e no verde mais verde que forma a nosa galiza.
Grazas!
Espero que nos vexamos pronto amigo!!
Gorem
Boas!!
É unha lástima que Betanzos se estea a convertir nunha desas vilas-dormitorio da sempre absorbente, dilatada e famenta Coruña. En fin, inda que hai que recoñecer que Betanzos ten un gran casco histórico, fáltalle moito para que fique en bó estado. Faille falta un bó plan de restauración e un deses programas turísticos que incrementen a fachenda histórica desta vila antiquísima, orgullo de Reino de Galicia, capital de provincia e capital tamén -coma non podía ser doutro xeito- do mellor repolo da Galicia.
Un saudiño dende Compostela, e gracias pola referencia.
Coma sempre... Saúde, sorte... e República.
Moitas gracias a vós por coñecer tamén, o legado histórico galego e o mellor camiño para manter viva a súa esencia. Unha aperta, amigos.
ola!!
É curioso que unha vila con tantas posibilidades non se teña en conta...!
Supoño que a xente tende a esquecer o que foi, e tamén en moitos casos,non se ve o que pode dar de sí algo...
É outro dos erros que cometemos moitos,esquecemos que todo ten unha utilidade o caso é encontrar a axeitada.
un abrazo...
Pois a ver se a xusta e comprometida historia colle folgos e devolve a Betanzos ou Mondoñedo os futuros e grandiosos tempos, matando os máis húmidos e friorentos recordos. Unha aperta e gracias por deixarnos os teus sempre interesantes comentarios.
pasei por esas terras, pero teño pendente unha integración en profundidade polas "rúas do Vello Betanzos"
por certo,é interesante a túa visión do Hardware e do Software persoal...
un saúdo!!(que se perde na Fraga)
Publicar un comentario