martes, 7 de abril de 2009

Solpor no Castelo de Santa Cruz



"Os cañons de ambos lados feitos brasas
Non cesan de troar en muitos dias,
Estralando na Cruña po las casas
Vidreiras, e escachando as galerias.
Os ecos se rebaten às porfias
En Santa Cruz, San Pedro, e po Ia Torre,
No monte e po lo chano,
E escorrendo nas olas o estrondo
Da guerra cunde a sóa no Occeano"

Xoán Manuel Pintos

Corría o ano 1589 cando a Armada Inglesa, baixo o mando do mariño Sir Francis Drake decide atacar a costa da Coruña, saíndo vitoriosos da férrea defensa que exercía o Castelo de San Antón. A derrota herculina provocou que a finais do século XVI o Xeneral Diego das Mariñas ordeara a construción doutra fortaleza na Illa de Santa Cruz e de fronte á cidade da Coruña, formando un mellorado sistema defensivo, ao cal se lle uniría unha terceira fortaleza: o Castelo de San Diego, que foi derrubado no ano 1965 a pesares de ser declarado Monumento Nacional en 1949. No século XVIII comezan a cesar os ataques, e o Castelo de Santa Cruz de Oleiros pecha as súas portas para gardar unha tregua de silenzo e abandono ata o século XIX, cando pasa a mans da familia da condesa, periodista e escritora, Emilia Pardo Bazán, que o transforma nun pazo de verán con capela, xardíns e un pombal subterráneo. No ano 1939, o castelo é cedido pola familia Pardo Bazán para albergar a fillos orfos da guerra nas épocas do estío. Na actualidade é a sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Na ribeira descansan, agora, as lixeiras gamelas da sardiña baixo o ensanguentado solpor da Coruña. Boa sorte ós veciños da feiticeira vila de Santa Cruz!

4 comentarios:

Xoán S. Pazos dixo...

Fermosa imaxe para un dos castelos máis emblemáticos e mellor conservados de Galicia. Na miña opinión, este tipo de fortalezas, construidas en illas ou intricadas penínsulas teñen algo de máxico e especial, quizais sexa polo mar.
Alén diso, nesta foto recolles o momento solemne do solpor, o que fai ainda máis fermosa a estampa.
noraboa e, coma sempre
saúde, sorte... e República!

Anónimo dixo...

Santa Cruz é un deses fermosos paraxes que apertan a cidade de A Coruña;sen o seu castelo, de seguro, non sería o mesmo.Un recuncho acolledor propicio para o lecer;disfrutar da súa contemplación con unha cervexa ben fría en calquera das terrazas que miran ao mar foi as veces unha boa maneira de pasar a tarde cando vivía nesa cidade.

asun dixo...

Cierto es que cuando cae la tarde es mi hora preferida para disfrutar de esta maravillosa playa...sin gente y sin más ruidos que las olas acariciando la arena...
Un pequeño gran lugar para vivir...
Gracias Ivan por este precioso homenaje ,un beso
Ahh..nos debemos una visita guiada¡¡¡jajajaja

I. Iván Fraga Moure dixo...

Grazas ós tres polos comentarios e moitos solpores en Santa Cruz. Saúde