Auriense


"Vamos á Ourense pra vel-a ponte,
Alí non pode faltar quen conte
As escelenzas d'o Santo Cristo,
Que é d'o muy pouco bó que ten visto
A xente toda d'a cristiandá.
E de camiño xa iremos vendo
Botal-as Burgas auga fervendo,
¡Cantos milagres! ¡que cousas hay!"
Valentín Lamas Carvajal


O Macizo Central, conformado polas salvaxes e inóspitas serras de Queixa, San Mamede e O Invernadoiro, e coroado pola branca e xélida Manzaneda, é o verdadeiro corazón da máis cálida e dourada provincia galega. Ós seus pés irían xermolando as terras de Trives e Caldelas, Valdeorras, Viana, Verín, A Limia e Allariz. As burgas son o meirande símbolo dunha provincia da que brotan augas santas, ardentes e menciñeiras. Boa proba disto son os baños de Lobios, Bande, Ribadavia ou as mesmas ribeiras do Miño ó seu paso pola capital ourensá. E que dicir da pureza, transparencia e riqueza das augas mineais de Verín. Os romanos eran bos coñecedores das propiedades destas augas ourensás, así como do ouro que agochaban estas terras. Estes, á súa vez, deixaron tras de si unha rica e fonda pegada cultural; a vinícola e a termal. Tanto o Sil como o Miño son os meirandes escultores destas terras, saciando a sede das vellas cepas do Ribeiro e nutrindo os socalcos da súa máis sacra e paradisíaca ribeira.

20 de Maio do 2018
A Casa da Moura, acubillo de lendas e pastores
"Aló polas núas e fronteirizas ladeiras do Xurés, no alto do lugar de Queguas, escóndese o fogar dunha moura anterga que habita na compaña de lobos, serpes e bestas, baixo dun fato de milenarias pedras que se ocultan entre os breixos e as xestas dunha inóspita e silenciosa paraxe".
15 de Febreiro do 2016
Castelo do Bolo, baluarte de Valdeorras
"O Castelo de O Bolo, un dos monumentos máis importantes e senlleiros da Comarca de Valdeorras, ten as súas orixes nunha construción que data dos séculos XII e XIII, e que chegaría a pertencer ós poderosísimos Condes de Lemos".
13 de Febreiro do 2016
Os vivos canastros de Paredes
"Paredes atesoura unha vintena de canastros que seguen a ser empregados de xeito cotiá polos seus veciños, e somentes unha pequena parte dos mesmos semellan presentar un lixeiro estado de abandono; froito quizais do progreso, orfos quizais da diáspora".
10 de Febreiro do 2016
A eira e canastros de Cendós
"Hai lugares que namoran, sinxelos recunchos da vida cotiá que fican sen pena nin gloria, sen afanaren a sona, sen agardar tempos mellores amais das primaveras que deixaron atrás".

8 de Febreiro do 2016
A incerta historia do Pazo de Vilamarín
"Esta construción erixida en perpiaño granítico, experimentaría numerosas reformas durante os séculos XVII e XVIII. Posúe unha planta hexagonal da que sobresaen dos seus vértices seis torres con matacáns voadizos; catro delas circulares e outras dúas de sección cadrada".
24 de Xaneiro do 2016
A necrópole de San Vítor da Barxacova
"San Vítor da Barxacova, unha senlleira paraxe milenaria ocupada entrámbolos séculos IX e XI, un conxunto formado polos restos dunha capela desaparecida e unha gran cantidade de tumbas antropomorfas escavadas na rocha".
23 de Xaneiro do 2016
A Torre de Vilanova dos Infantes
"Esta “vila de grande sona” ourensá, historicamente ligada ó Mosteiro de Celanova, atesoura unha impoñente torre medieval duns 20 metros de altura que se localiza, arrodeada de fogares e canastros, no centro e no alto de Vilanova dos Infantes".
23 de Xaneiro do 2016
Ponte da Cruz, vieiro sobre do Río Avia
"Hoxe somentes resisten as ruínas dunha gran ponte que na súa orixe atesouraba catro arcadas completas, moi posiblemente destruídas nas loitas mantidas entre os veciños e as tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia a comezos do século XIX".
20 de Xaneiro do 2016
O máxico verxel da Ponte Navea
"Hai recunchos que semellan sacados do máxico mundo dos soños, enfeitizados pola beleza, polas lendas, a paz e a serenidade, pequenos e marabillosos universos onde resulta inevitable soñar; lugares que nos atraen, que nos envolven, que nos seducen".
18 de Xaneiro do 2016
O valdeorrés Pazo de Arnado
"Este impoñente pazo ameado, de planta rectangular i erixido en cachotería de negra lousa valdeorresa, foi mandado construír por Pedro Sanxurxo a comezos do século XIX, aproveitando a estrutura do edificio dun antigo mosteiro da Orde de Santiago".
4 de Xaneiro do 2016
A Merca, o maior conxunto de canastros do país
"Estas pequenas construcións de pedra e madeira ocupan un lugar predominante nesta parroquia ourensá. Son parte da esencia destas Terras de Celanova e na actualidade seguen a ser tan necesarios coma nos máis escuros e miserentos tempos que vén de vivir este noso país".

3 de Xaneiro do 2016
O mosteiro primixenio de San Pedro de Rocas
"Este Mosteiro e a súa igrexa, escavada das entrañas da fría pedra do monte Barbeirón, é o conxunto monacal máis vello da Galiza e da Península Ibérica, conservando boa parte da súa estrutura inicial; as covas rabuñadas na rocha que albergaron a capela desta igrexa medieval".
22 de Xullo do 2015
O "Muíño das Lousas" do Arenteiro
"Este das Lousas é un dos muíños máis senlleiros do Carballiño, xa que posúe cinco moas en liña que estiveron en funcionamento até a década dos setenta. O muíño era empregado principalmente polos veciños das parroquias de Longoseiros e Mesego".


21 de Xullo do 2015
Torre da Forxa, atalaia limiá
"Esta torre debe o seu nome ó lugar onde se localiza; a Forxa, a capital municipal deste concello ourensán.  A Torre da Forxa, ou Torre da Porqueira, localízase ó suroeste das torres da Pena e de Sandiás, na vertente oriental do val do Río Limia".
23 de Febreiro do 2015
O Entroido ourensán nas rúas de Compostela
"Centos de veciños e forasteiros arremuiñábanse arredor das ringleiras de cigarróns e peliqueiros que botaban a correr por antr’as rúas da capital para lembrar á Galiza enteira que o Entroido estaba a piques de comezar".
17 de Xaneiro do 2015
O castro ourensán de San Tomé
"Este xacemento deixa ó descuberto diferentes asentamentos, ocupacións e niveis culturais; por unha banda, atoparíamos algunha que outra construción castrexa, e pola outra, estruturas tardorromanas que foron erixidas sobre doutras romanas que se estenderan no século I arredor do poboado castrexo".
19 de Decembro do 2014
O Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras
"Sería  no ano 1520 cando se fundaría oficialmente o mosteiro, e sería da man do prior de Xunqueira de Ambía, Don Alfonso de Piña, que amais de prior era promotor e mecenas de empresas de arte. Tres anos despois, no 1523, os franciscanos estableceríanse e comezarían a habitar o mosteiro, aínda sen rematar, para contribuír a axilizar a finalización das obras. Conta a súa historia que no ano 1668, un incendio, que non sería o último que lle tocaría vivir a este mosteiro, arrasaría por completo as celas abaciais".

19 de Decembro do 2014
A vienesa Torre da Homenaxe
"A Torre da Homenaxe de Viana do Bolo, a derradeira lembranza, o derradeiro vestixio da orixinaria fortaleza baixomedieval sobre da que se foi xerando a vida desta vila, posúe unha planta cadrada de 10 por 10 metros, e uns 18 metros de altura".
8 de Decembro do 2014
Sobre da Ponte da Cigarrosa
"As orixes desta ponte remóntanse á época romana, mais sería posteriormente derrubada e reconstruída durante o XVI. A Ponte da Cigarrosa sufriría novas reformas tan somentes un século despois. Pouco queda, polo tanto, da súa estrutura inicial".

8 de Decembro do 2014
Viaxe á Serra da Enciña da Lastra
"Esta serra posúe abondosas características propias dos bosques mediterráneos e nela podemos contemplar unha gran mestura de exemplares lonxevos de aciñeiras e castiñeiros, así como recender o arume do tomiño silvestre e achar máis dunha vintena de especies de orquídeas".
21 de Novembro do 2014
As menciñeiras augas de Cabreiroá
"A historia destas augas comezaría no 1906, ano no que serían declaradas de utilidade pública logo de ser analizadas polo Charing Cross Hospital e a City of Westminster, e certificadas como minero-medicinais por Ramón y Cajal. García Barbón realizaría obras nos accesos á fonte, crearía unha factoría de envasado i erixiría as instalacións do Hotel Balneario".
16 de Novembro do 2014
A carón do santuario carballinés da Veracruz
"A Igrexa da Veracruz, coñecida no Carballiño como Igrexa Nova, é un templo moderno e unha das últimas obras inacabadas do prestixioso arquitecto galego, Antonio Palacios Ramilo".
15 de Novembro do 2014
A ruinosa Torre de Sandiás
"Crese que foi erixida sobre un antigo castro na primeira metade do século XII, sendo escenario de batallas entre o rei Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal pola posesión do Condado da Limia e o establecemento da fronteira con Portugal".
15 de Novembro do 2014
Á sombra da impoñente Torre da Pena
"A torre que hoxe vemos era a Torre da Homenaxe do antigo Castelo de A Pena da Portela. A torre ten unha planta cuadrangular, duns aproximados 10,40 por 10,30 metros. Os seus muros posúen unha anchura máis que considerable, nada máis e nada menos que 2,40 metros".
14 de Novembro do 2014
Ás portas do Mosteiro de Santa María de Oseira
"O que nun principio era un pequeno e modesto edificio, iríase ampliando a medida que os monxes ían atesourando doazóns, principalmente por mediación do rei Afonso VI. Chegaron a ter tal riqueza que as súas posesións chegaban até o Couto de Marín e até Zamora".
8 de Novembro do 2014
Antr'as amuralladas ruínas de Saceda
"Achegueime até aquel outeiro onde moraron os nosos primitivos ancestros albiscando os pétreos muros que aínda conserva, os fogares doutrora, transitando os intricados rueiros onde fica espido o rochoso afloramento. Detívenme de fronte á entrada principal e comecei a deambular antr’as ruínas desta antiga cidadela".
4 de Setembro do 2014
A eira e canastros de Barroso
"Nesta pequena aldea de Barroso consérvase un total de 29 canastros. Esta é, de feito, a terceira maior concentración de hórreos do noso país tralos 30 exemplares de Combarro e os 34 do concello ourensán de A Merca; a segunda de Europa, somentes superada polos 62 canastros de Lindoso, en Portugal".
4 de Setembro do 2014
O Calvario e canastros de Quins
"Quins recibiríanos cunha fonte e un lavadoiro onde nos refrescaríamos denantes de comezar a ascensión ó outeiro no que se localiza o seu patrimonio, as súas máis sacras e célebres xoias; os seus cruceiros e canastros".

13 de Agosto do 2014
Castromao, capital dos "Coelernios"
"Castromao é un xacemento castrexo que data da Idade do Ferro, dende os séculos VI ou V denantes de Cristo até o II despois de Cristo. Nembargantes, as partes inferiores presentan numerosas construcións de planta cadrada, o que reflicte unha profunda romanización no castro entrámbolos séculos I e II despois de Cristo".
8 de Agosto do 2014
O Mosteiro de Santa María de Melón
"Aínda lembro o moito que nos impresionou este mosteiro; a súa monumentalidade, as súas dimensións. Ficamos pampos ante a grandeza inesperada que achamos neste vello cenobio de Melón".

2 de Agosto do 2014
Os danados muros da Torre de Sande
"Esta torre, erixida con perpiaños graníticos sobre da mesma rocha deste xigantesco petouto, posúe unha planta rectangular de 5,8 por 6,4 e unha altura de 13 metros. Pénsase que se pode tratar dunha construción de estilo gótico serodio, quizais do século XIV".
12 de Xullo do 2014
O Río Cerves e as Pozas de Melón
"O Río Cerves nace aló polas faldras da Serra de Faro de Avión e descende impetuoso, denantes de mesturarse co Miño, por antr’as terras de Melón; conformando unha gran cantidade de fervenzas e pozas, tamén chamadas “mergulleiras”, así como recunchos de grande beleza natural e paisaxística".
20 de Xuño do 2014
"A Cidade" de San Cibrao de Las
"Esta "Cidade" de San Cibrao de Las posúe dous recintos amurallados circulares, case que elípticos, e ó mesmo tempo tamén case que concéntricos. A primeira muralla que vimos, a exterior, fica reforzada por unha terceira muralla e conta tamén con foxo e parapeto".
8 de Abril do 2013
O Pan de Cea e a paz de San Pantaleón
"Este fermoso lugar da Comarca do Carballiño representa un dos lugares con máis historia panadeira do noso territorio, unha comunidade de artesáns que, xeración a xeración, seguen a manter con vida o segredo do pan dos abades de Oseira".
24 de Xaneiro do 2013
Celanova de abades e poetas
"Cantas veces non lembraría o noso insigne poeta Celso Emilio a súa feiticeira terra de Celanova dende o seu exilio na América. Cantas veces non lembraría as torres do mosteiro, o prácido rumor das fontes, o son das afastadas badaladas nos fríos amenceres do Arnoia".
22 de Setembro do 2012
O Miño entre as vides do Ribeiro
"Chega a vendima ás Terras do Ribeiro, e os veciños apréstanse a recolleren, un a un, os acios das mellores uvas que cada ano agasallan as ancestrais vides".
13 de Xullo do 2012
As pantasmas de Santa Cristina de Ribas de Sil
"As pantasmas resístense a abandonar estes muros i este souto. A fraga é o seu dominio, o lugar no que as súas almas fican aferradas, latexantes baixo a cortiza dos carballos e dos castiñeiros. O souto de Merilán será por sempre terra de abades e viños, de árbores e silencio".

27 de Maio do 2012
Os Peares, terra de ningures entre o Miño e o Sil
"Os Peares é unha vítima das divisións artificiais que impón o mundo moderno, unha vila en constante litixio. Mais o que antano fora unha plácida terra de mosteiros e socalcos, hoxe segue a ser un punto estratéxico no corazón mesmo destas terras sagradas".
13 de Maio do 2012
A anterga igrexa de Santa Comba de Bande
"Este pequeno santuario ten o honor de ser a igrexa máis antiga de Galicia. Érguese dominando o curso do Limia, hoxe convertido nun embalse que asolagou outros os dolmes de Maus de Salas ou o Aquis Querquennis".
8 de Abril do 2012
O Xurés, serra de lobos e penedos
"A carón do río Caldo, na paraxe virxe da Ponte Nova, albiscamos as entrañas da esgrevia e salvaxe Serra do Xurés. Ante nós, ábrese a conca ós pés das intricadas ladeiras destas terras fronteirizas pertencentes á Baixa Limia".
24 de Marzo do 2012
Santo Estevo das Ribas do Sil
"Ante nós fica un dos complexos monásticos máis antigos, fermosos e grandes do chan galego. Construido dende o século XII, os seus rexos muros gardan multitude de lendas e historias que falan do antigo poderío que colleitou dende sempre".
6 de Marzo do 2012
Manzaneda agarda pola neve
"A falta de neve non lle quita fermosura a este paraxe mítico. O soño dos vellos esquiadores, segue a facer de Cabeza de Manzaneda unha das montañas máis coñecidas, e sen dúbida a máis visitada, do chan galego".
14 de Febreiro do 2012
A Cela do Xurés, aldea entre penedos
"Nas faldras da rochosa Serra do Xurés, existe un pequeno lugar pouco coñecido, que recibe o nome de A Cela, e cuia principal singularidade está en que conserva unha impresionante mostra da arquitectura popular galega".
4 asde Febreiro do 2012
Seguindo os miliarios da Via Nova
"No ano 80 d.C, un novo ramal viña a sumarse ós que unían Lucus con Bracara, e Asturica con Lucus. A Vía XVIII, coñecida como Via Nova, unía Asturica con Bracara, atravesando 215 millas; uns trescentos quilómetros".


4 de Febreiro do 2012
As vellas vinganzas de Castro Caldelas
"Cando o Conde de Lemos recuperou o castelo, obrigou ós veciños de Caldelas a reconstruílo de novo. Aquel amencer, o poderoso Conde berraba dende o alto da Torre: “Vós a tirastes, vós habédela erguer!".
20 de Xaneiro do 2012
Ourense das pontes e das burgas
"A presenza destas augas máxicas, e a Ponte Vella, constitúen as orixes de Ourense, e son por iso mesmo os seus grandes símbolos. Non en van, esta anterga urbe galega de orixe romana recibe o nome de "Cidade das Burgas".


10 de Xaneiro do 2012
As cepas do Santuario das Ermidas
"Aínda poden oírse os latexantes corazóns dos fieis camiño da igrexa, e o murmurio que acompaña os seus pasos. Aínda se escoitan os laios da paixón das freguesas e o eco que o coro das Ermidas fai penetrar polos vales do Bibei".
24 de Decembro do 2011
Ribad'Avia, capital xudía do Ribeiro
"Pouco mudou o aspecto da vella xudería, pois aínda quedan abondosas mostras da arquitectura hebraica. As súas arcadas, balconadas e pórticos fan desta zona un dos mellores cascos históricos do país".
19 de Decembro do 2011
As termas non esmorecen en Aquis Querquennis
"Os arqueólogos seguen a enfrontarse ós caprichos do río, incontrolable dende a instalación dunha presa en tempos recentes. Algunhas veces o nivel da auga impide a visitantes e investigadores disfrutar da beleza e interese histórico deste encrave único na vella Gallaecia".
12 de Decembro do 2011
O Sil en terra de monxes
"A principal característica desta terra é que, en calquera época do ano, a auga xurde da pedra viva: a Ribeira Sacra súa de xeito constante, impulsando a explosión de vida precisa para conservar por sempre a inmensa beleza desta comarca e da súa riqueza arbórea".
25 de Novembro do 2011
Allariz d' Augas Santas
"Acompañamos o curso do río Arnoia para adentrarnos nunha fermosa e mítica vila da Provincia de Ourense, Allariz. Visitamos estas terras para ollar de preto o seu importante patrimonio cultural, monumental e natural".
9 de Novembro do 2011
As esquecidas batallas do Castelo de Monterrei
"Achegámonos á chá Comarca da Limia para mergullarnos nos dominios do impresionante e maxestoso Castelo de Monterrei ca fin de contemplar dende o máis alto do val, esta monumental fortaleza e un horizonte de terras sanguentas".
5 de Maio do 2011
As Eiras no Camiño de Castela
"As Eiras é un fermoso lugar dentro das Terras de Monterrei que acouga o desconsolo dos peregrinos e enfeitiza a todo aquel ser que a visita. Forma parte da Vía da Prata e do antigo “Camiño de Castela”; un desaparecido tramo de intercambio mercantil con Castela".
19 de Febreiro do 2009
Pantallas, Cigarróns e Peliqueiros
"En Verín, na terra das mellores augas minerais e menciñeiras, e baixo o histórico dominio do Castelo de Monterrei, os máis cativos tamén cargan coa longa e xeracional herdanza do entroido. As pantallas de Xinzo da Limia, os cigarróns de Verín e os peliqueiros de Laza, conforman e dan vida ao Triángulo Máxico do Entroido galego".
4 de Xuño do 2008
A Ribeira Sacra
"Este pasado outono percorrémola Ribeira Sacra, comezando en Chantada (Ribas de Miño) e rematando en Santo Estevo de Ribas de Sil. Esta sobrecolledora e distinguida paraxe amosounos o transcurso do Pai Miño dende o seu nacemento, nas fermosas terras da Pastoriza, onde comeza a nacer gota a gota ata o seu gran afluínte, O Sil".
1 de Xaneiro do 2008
Outono nas adegas do Sil
"Comezan as vendimas nos esgrevios terreos e socalcos onde fructifica o sangue do Sil. É un bo momento para visitar as terras de viños galegos e presenciar a colleita da uva. Nas adegas vellas que semellan pendurar das inigualables Ribas de Sil, e mentres as follas comezan a finar, escóllense as mellores uvas que dan nome aos viños da Terra de Quiroga".