tag:blogger.com,1999:blog-2506428941436796652024-03-19T12:08:16.054+01:00A Fraga dos MourosAtravasando os camiños do país na procura dos lugares máis emblemáticos e fermosos.I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.comBlogger379125tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-35140964049115896362018-05-20T18:21:00.000+02:002018-05-20T18:29:06.518+02:00O Canastro de San Martiño de Vilaboa
Na parroquia de San Martiño, no concello pontevedrés de Vilaboa, localízase un dos máis grandes e senlleiros hórreos do noso país, que como non podía ser doutro xeito, pertence á casa reitoral, pois tan somentes os párrocos podían chegar a acumular tanta riqueza. O patrimonio desta reitoral componse da igrexa parroquial e dun pequeno pazo do século XVII cun patio emparrado provisto dunha fonte abovedada á que se accede por unha fermosa escalinata. Completan o conxunto, un pombal, un alpendre e o seu enorme canastro. Este granítico e monumental hórreo da reitoral de San Martiño data do século XVIII e presenta unha tipoloxía do estilo "hórrea", é dicir; aqueles canastros que son sustentados por tres ringleiras de pés, ó igual que o veciño canastro do Mosteiro de San Xoán, no tamén pontevedrés Concello de Poio. Este Canastro de Vilaboa atesoura un total de 36 pés aliñados en 12 ringleiras de tres, coroados por tornarratos de tronco piramidal, e presenta doelas graníticas a través das cales penetra o aire no seu interior. A porta de acceso ás entrañas deste canastro localízase no medio e medio da súa longura, que suma uns escasos 20 metros totais dun extremo a outro. A súa teitume, sustentada por unha traballada cornixa, preséntase a dúas augas e cuberta con tella do país.
O canastro de San Martiño de Vilaboa pode presumir de ficar entre os meirandes hórreos galegos, malia que a súa lonxitude total, unha escasa vintena de metros, está moi lonxe de acadar os 37 metros de longura do rianxeiro hórreo de Araño, os 36 e medio do de Lira, os 35 do de Santa Columba, os 33 do de San Xoán de Poio ou os 27 do de San Martiño de Ozón. O único que teñen en común todos estes hórreos ou canastros é que pertenceron ós mesmos donos; o poder eclesiástico. Agora este hórreo da reitoral de San Martiño xa non alberga mazurcas de millo nin sacos de gran, somentes recordos das vellas faenas, xornadas enteiras debullando na eira para gañar o ceo ateigando de riqueza este farturento canastro da reitoral. Paga a pena achegarse até San Martiño de Vilaboa para coñecer este fermoso canastro e o seu particular estilo, tan senlleiro e identificativo desta belísima Comarca de Pontevedra.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com1Reitoral de San Martiño, Concello de Vilaboa, Provincia de Pontevedra42.360384942987629 -8.639025092145402642.358428442987631 -8.6423565921454024 42.362341442987628 -8.6356935921454028tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-20353117846623986252018-05-20T14:30:00.000+02:002018-05-20T14:32:47.365+02:00A Casa da Moura, acubillo de lendas e pastores
Aló polas núas e fronteirizas ladeiras do Xurés, no alto do lugar de Queguas, escóndese o fogar dunha moura anterga que habita na compaña de lobos, serpes e bestas, baixo dun fato de milenarias pedras que se ocultan entre os breixos e as xestas dunha inóspita e silenciosa paraxe. Ás veces aínda se escoitan os seus laios e as súas sonoras gargalladas nas poucas aldeas que fican espalladas ós pés desta montaña misteriosa i esquecida. Cando isto sucede, até o mesmo ar semella presentar un intenso e tépedo cheiro de morte, os galos da aldea cantan de noite e os lobos do monte ouvean ó día, as bestas e cachenas descenden do alto das grañas e os corvos peteiran nas xanelas das casas veciñas.
Non resulta doado achar a Casa da Moura, nin desexable atoparse coa vella meiga que a habita, e poucos son os que ousan procurar o abeiro das frías i escuras entrañas da súa morada neolítica. Nembargantes, esta primixenia Casa da Moura, este xacemento arqueolóxico encravado a uns 1.200 metros de altitude no corazón do Parque Natural da Baixa Limia, é un dos dolmens máis impresionantes e mellor conservados do noso país. Para dar con esta alfaia granítica, debemos deixar atrás Queguas, pertencente á parroquia entrimesa de San Tomé de Venceáns, e ascender polo empedrado vieiro que se interna as Cortes da Carballeira, un fascinante conxunto de pequenas construcións en ruínas de antigos pastores que as empregaban nas tempadas de verán e primavera, cando se subía o gando ós altos cumios da serra na procura de pastos frescos e vizosos.
Logo de deixar trás de nós as Cortes da Carballeira e o seu vieiro pedregoso, deberemos seguir as sinalizacións dunha ruta de sendeirismo até acadar un fermoso altiplano coñecido como o Alto das Sete Laceiras, dominado pola silueta duns impoñentes petoutos que se impoñen nun horizonte fronteirizo. Nesta erma pero impresionante contorna deberemos seguir por unha pista ampla tratando de albiscar á nosa dereita esta Casa da Moura escondida entre piornos, uces e carqueixas. A impresionante Casa da Moura, tamén coñecido como Dolmen de Queguas, atesoura unha cámara poligonal de grandes dimensións conformada por media ducia de laxes e corredor, orientado cara o sueste, duns aproximados catro metros de lonxitude por dous de altura.
Este dolmen, que perdería a meirande parte da súa cortiza mamaria, estimada nuns aproximados quince ou vinte metros de diámetro, presenta un excelente estado de conservación tanto na súa profunda cámara, como no corredor e nas monumentais laxas graníticas de cubrición, botándose somentes en falta a laxa da cabeceira. Como tantos outros dolmens e cistas, como a Casota de Freáns, esta Casa da Moura adoitaba ser empregada polos pastores da contorna para gorecerse da chuvia ou procurar a súa sombra nas xornadas máis solleiras e calorosas. Internámonos con certo tento, tal que os pastores doutros tempos, neste coveiro fresco e sombrío, sen facer apenas ruído, para non perturbar o longo repuso da súa meiga e lendaria propietaria. Seica desta súa casa emerxen, aínda, extrañas enerxías da terra e forzas do máis descoñecidas.
Unha vez descuberta esta misteriosa e milenaria morada, decidimos retornar a Queguas denantes de que a anterga moura esperte do seu profundo sono. Denantes de que ouveen ó sol os lobos irados i enfurezan as bestas toutizas da serra. Denantes de que canten os galos da aldea e os corvos peteiren nas xanelas.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Montes de Queguas, Concello de Entrimo, Provincia de Ourense41.990705899999988 -8.118811999999934441.984805899999991 -8.1288969999999345 41.996605899999985 -8.1087269999999343tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-55126841180339717382018-05-19T20:29:00.000+02:002018-05-19T20:35:45.920+02:00O vello fulgor do Faro Silleiro
Xa hai ben de tempo que desexaba coñecer un dos meirandes fachos do sur, unha impoñente e histórica construción que dende o ano 1866 alumea cada noite esta alongada costa atlántica que se extende até A Guarda, onde morre co Miño. Dende a parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona, o Faro Silleiro reflicte o sangue dos solpores, o fulgor das ardoras, sentinela de vellos mariñeiros que faenaron noutrora neste eido salino por unha miserenta manchea de escamas de broa e unha presa de espiñas de millo. No que pelexaron coas impredecibles sombras dun mar tan bo e xeneroso, como arroutado e asasino. O primeiro faro construído nesta contorna localizábase a rentes mesmo do mar, e comezaría a refulxir cunha lámpada de mecha de aceite vexetal, mais esta sería substituída pouco tempo despois, concretamente no ano 1909, cando se modificaría por unha lámpada de petróleo. No verán do ano 1924, debido ó considerable aumento do tráfico marítimo, -e ás importantes dimensións que comezaban a presentar os barcos que transitaban esta costa e que transportarían a tantos emigrantes galegos dende o porto de Vigo até América-, inauguraríase o novo edificio, o que hoxe coñecemos, encravado nun pedregoso outeiro a uns 85 metros sobre do nivel do mar ca fin de ofrecer un meirande alcance lumínico.
O novo faro, de planta rectangular, destaca pola súa prismática i elevada torre, que acada os 30 metros de altura e que sería decorada con refulxentes franxas de azulexos de cores vermellas e brancas. Nos seus primeiros anos, este faro de Cabo Silleiro tería que sufrir até en dúas ocasións os danos producidos polos incendios. O primeiro deles ocasionaríase o ano da inauguración do novo edificio por mor da caída accidental dun candil, causando feridas e queimaduras ós torreiros e ocasionando o cese temporal da actividade do faro. O segundo incendio somentes afectaría ás instalacións e ós subministros. Estas incidencias obrigarían a acender de novo o vello faro para seguir guiando aqueles enormes barcos transatlánticos que saían de Vigo rumbo á América. No verán do ano 1925 restableceríase á fin a actividade do faro. No 1932, esta muxena baionesa comezaría a ser alimentada por electricidade, deixando de empregar como fonte de enerxía o petróleo. Dende o ano 1960, pasaría a integrar unha lámpada duns 3.000 watios, cun alcance aproximado dunhas escasas corenta millas náuticas nas noites máis despexadas. Para as noites máis bretemosas, este faro xa dispuña dunha grave e potente bucina, ó igual que o Faro de Fisterra ou que a mesmísima Torre de Hércules.
Este Faro Silleiro, de tan características franxas de cores vermellas e brancas, é unha faísca acesa de solpores e alboradas, un carrusel de brancas luces na amencida; no crepúsculo, "crinas do mar ensanguentadas". Luzada de nácara e argazo, espello do sol e da lúa, xadrez refulxente de sangue i escuma.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Cabo Silleiro, Concello de Baiona, Provincia de Pontevedra42.1115263 -8.9048230999999318.431093800000003 -50.21341709999993 65.7919588 32.403770900000069tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-80266220349250961752018-05-19T14:35:00.002+02:002018-05-19T14:37:19.057+02:00A vella Igrexa de San Mamede de Vilasouto
Na parroquia de Vilasouto, no concello lugués do Incio, nas fértiles e vizosas terras da Comarca de Sarria, a Igrexa de San Mamede de Vilasouto resiste hai tempo adormecida nas misas doutrora, na fe e paixón dos fregueses de antano, sen un badaleo de campás que a esperte daqueles séculos pasados. Non hai moito que presentaba o seu teito derrubado e os muros pedregosos e caleados cubertos baixo as matogueiras. Esta humilde e fermosa capela foi presa da ruína e do abandono, logo da fundación dun novo templo como consecuencia da construción do encoro que usurparía os eidos, e até o mesmo nome, deste plácido e paradisíaco lugar de Vilasouto.
Esta anterga igrexa, que até hai somentes uns anos era un dos monumentos máis deteriorados do país, foi erixida orixinalmente aló polo século XII e conserva unha portada románica que contrasta coa espadana e coa nave, ámbalas dúas de estilo barroco e construídas ó longo do século XVI. O acceso ó templo fica ó abeiro dun mouro e resplandecente pórtico enlousado sustentado por fermosas i esveltas columnas graníticas. Nas súas entrañas, a nave preséntase dividida en dous corpos, separados por arcos e columnas rematadas con motivos florais. Canta sinxeleza e fermosura fumega desta anterga e sacra construción.
No ano 1936, esta vella igrexa parroquial de Vilasouto tería que vivir un dos momentos máis difíciles da súa historia. Un incendio no templo botaría a perder a súa teitume e o seu retablo, mais posteriormente serían rehabilitados pola veciñanza.
Iso si, o futuro desta igrexa comezaba a ser máis escuro que os chamizos daquel funesto incendio, que segundo o testemuño de algúns, poida que fose provocado. Esta pequena e humilde Igrexa de San Mamede comezaría a agonizar aló polo 1970, ano no que pecharía ó culto por mor da construción do Encoro de Vilasouto e logo de ser substituida por outra máis ampla e moderna. A partires daquel entón comezaría a caer no abandono e na consecuente ruína, sufrindo importantes danos na súa teitume e no seu interior.
Por se fose pouco, no ano 2008, a granítica e barroca pía bautismal sería espoliada das sacras entrañas de Vilasouto. Mais por sorte, ou por vontade veciñal e política, as administracións comezarían a decatarse da necesidade de conservar este pequeno templo asolagado polas frías augas do esquecemento, mergullado na lama do abandono, silenciado e preso a rentes deste moderno encoro.
Dende hai somentes un par de anos, e malia a non quedar restaurada na súa totalidade, algo ten mellorado o aspecto desta anterga e sacra construción. Tan sequera xa non chove nas entrañas do templo nin os seus graníticos muros fican baixo un manto de hedras e silveiras.
Nesta verdescente contorna xa "non ouvean os cadelos, non s' oi o chirrio d' os carros. Nin a campana d' a eirexa dice nada ôs bos cristianos", mais respírase un ar de paz e silencio que convida a soñar nas misas doutros tempos, na fe e paixón dos fregueses de antano, no xordo badaleo de campás que xa a ninguén esperta nin devolve séculos pasados.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0San Mamede de Vilasouto, Concello de O Incio, Provincia de Lugo42.665599712283559 -7.41959002852786442.66268071228356 -7.424632528527864 42.668518712283557 -7.4145475285278639tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-76445657710477202522018-05-17T22:11:00.000+02:002018-05-17T22:11:45.159+02:00Pardo de Cela e a Fortaleza do Castrodouro
"A min chaman toda Mira,
señora do gran tesouro;
por estrela crarecida
xago neste Valedouro.
Máis tredor foi que un mour
o vilao que me vendeo
que de Lugo a Ribadeo
todos me tiñan temor.
De min, a triste Frouseira
que por treiçón foi vendida
derribada na ribeira,
ca jamais se veu vencida.
Por treiçón tambén vendido
Jesus nosso Redentor,
e por aquestes tredores
Pero Pardo, meu señor"
Pranto da Frouseira
Aló polos bretemosos e verdescentes eidos da parroquia do Castro, no concello lugués de Alfoz, aínda se poden escoitar e recrear as lendarias batallas de Pedro Pardo de Cela Rodríguez de Aguiar e Ribadeneyra, o brigantino Mariscal cruelmente decapitado ós pés da Catedral de Mondoñedo por orde dos Reis Católicos unha fría noite de inverno do ano 1483. Este nobre galego comezaría sendo merino en Mondoñedo en representación da Casa de Lemos, e posteriormente casaría con Isabel Pérez Osorio, filla do primeiro e todopoderoso Conde de Lemos. O Bispo Pedro Enríquez de Castro, tío da súa muller, entregaríalle como agasallo de voda as rendas do bispado de Mondoñedo, é dicir, a meirande parte das fortalezas dependentes deste, como o Castelo do Castrodouro ou a inexpugnable Fortaleza da Frouxeira, esta última fica hoxe practicamente desaparecida. No ano 1474, sendo alcalde de Viveiro, Pedro Pardo de Cela obtería o título de mariscal co que sería lembrado ó longo dos séculos.
Mais se por algo tamén sería por sempre recordado este Mariscal de orixe betanceira sería pola súa popular e histórica oposición ó poder dos Reis de Castela, converténdoo estes coa súa cruel e miserenta traizón aquela fría noite da frouxeira, nun dos máis prezados e admirados mártires da historia da nosa terra. No ano 1476, sería cesado como alcalde por orde dos Reis Católicos i expulsado de Viveiro somentes un par de anos despois. Os reis casteláns escribirían ós consistorios de Ortigueira e Mondoñedo para asegurarse de que non se lle permitise a entrada ós seus territorios. Mais isto non suporía ningún problema para o Mariscal, que procuraría a protección que lle ofrecía a súa impoñente e inexpugnable fortaleza da Frouxeira. Dende alí derrotaría ás tropas castelás comandadas por Fernando de Acuña e Luis de Mudarra, que chegaban a Galicia no 1480 para procurar a paz do Reino. Ninguén era quen de asaltar aquel poderoso bastión de Pardo de Cela.
Coa morte do Bispo de Mondoñedo, Pedro Enríquez, os bispos sucesores reclamaríanlle a Pardo de Cela a devolución dos bens que anos atrás lle cedera polo seu casamento coa filla do Conde de Lemos. O corrixidor daríalle a razón ó bispado de Mondoñedo e ordearía en consecuencia a devolución destes bens. Mais o Mariscal oporíase de xeito rotundo. Este feito propiciaría que fose xulgado por rebeldía e condeado a morte. Ca fin de prendelo, os Reis de Castela, enviarían de novo a Luis Mudarra á fronte dunha tropa duns 300 cabaleiros, mais estes non serían quen de asaltar aquel impoñente castelo. Namentres tanto, a súa filla Constanza faría o mesmo dende a súa fortaleza da Caldaloba. Mais coa morte poderosísimo Conde de Lemos no ano 1483, e ante a imposibilidade de conquistar a máis inexpugnable das fortalezas galegas, comezaría a artellarse a traizón da Frouxeira, unha das noites máis escuras da historia do noso país.
O Mariscal Pardo de Cela sería traizoado pola súa propia servidume, por unha vintena de criados que defendían a súa fortaleza. Sen a protección destes, sería cercado e detenido na casa de Fonsa Yáñez do Castrodouro, para logo ser trasladado a Mondoñedo onde sería decapitado ante a Catedral xunto co seu fillo Pedro. A meirande parte do seu patrimonio sería destruído, principalmente a súa impoñente e inexpugnable fortaleza da Frouxeira, que sería reducida a cinzas e borrada por completo dos vales do ouro. Pola contra, o veciño Castelo do Castroudouro, outro dos bens doados ó Mariscal polo seu casamento, non tería que pagar a xenreira nin o rancor que remataría por facer desaparecer aquel Castelo da Frouxeira. Estoutro castelo, estoutra fermosa fortaleza localizada no Concello de Alfoz, é o derradeiro testemuño da vida e do poder de Don Pedro Pardo de Cela, nobre mártir e mariscal dos vales dourados da nosa terra.
Coa morte do Mariscal, esta fortaleza do Castro de Ouro sería á fin devolta ó bispado de Mondoñedo, sendo posteriormente reformada entrámbolos anos 1546 e 1549. Sábese tamén que tras daquela inxusta morte, forxaríanse infindas lendas e nacería un triste e anónimo cantar coñecido como o Pranto da Frouseira, co que aínda se lembra a noite de traizón a todo un pobo co sangue dun mártir, o afouto Mariscal Pardo de Cela.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0O Castro de Ouro, Concello de Alfoz, Provincia de Lugo43.527814800000009 -7.408788500000014219.84738230000001 -48.717382500000014 67.208247300000011 33.899805499999985tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-62892692467864745742018-04-15T17:53:00.001+02:002018-04-15T17:53:14.114+02:00O mosteiro beneditino de San Antolín de Toques
“Meu santo San Antonio
Dáime un homiño
Anqu' ó tamaño teña
D' un gran de millo.
Dáimo, meu santo,
Anqu' os pés teña coxos,
Mancos os brazos.
Un-ha muller sin home...
Santo bendito!
E corpiño sin alma,
Festa sin trigo”
Rosalía de Castro, Cantares gallegos
San Antolín é un pequeno santuario prerrománico localizado nun fascinante e paradisíaco recuncho da parroquia de Santa María da Capela, no concello coruñés de Toques. Na súa orixe, aló polo século X, esta sacra e anterga construción sería erixida ca fin de albergar unha pequena comunidade monástica da Orde Beneditina. O primeiro documento que proba a súa antigüidade data do ano 1067, e nel testemúñase unha doazón para o mosteiro efectuada polo Rei García de Galicia. Co paso dos anos, e trala reforma que acometerían os Reis Católicos nas dependencias monacais, a vella abadía de San Antolín de Toques quedaría anexionada como priorado ó mosteiro compostelán de San Martiño Pinario, a quen serían consecuentemente entregados os 73 lugares que conformaban o seu extenso territorio, así como os dereitos de nomear xuíz e recibir a vasalaxe e os trabucos dos habitantes dos seus coutos xurisdicionais.
Despois desta anexión, a comunidade monástica de San Antolín iría minguando considerablemente ata que somentes quedaría á fronte da freguesía un prior que dependía do abade de San Martiño Pinario, e que dispuña á súa vez de dous ou tres monxes para administrar os bens e riquezas do priorado. Trala marcha definitiva dos beneditinos coa desamortización, o mosteiro quedaría abandonado, chegando a albergar no ano 1843, unha factoría de arame que aproveitaría as dependencias monacais e os terreos lindeiros para levar a cabo a súa actividade. Daquel mosteiro beneditino, somentes se conserva hoxe en día o templo, que consta dunha única nave con teitume a dúas augas cuberta de tella do país, e unha ábsida de planta rectangular con bóveda de canón peraltado. Agás a fachada e a parte dianteira da nave, que serían posteriormente reedificadas, o resto da construción é de estilo prerrománico, conservando boa parte da súa traza máis primitiva.
Nun dos seus muros meridionais ábrese unha porta de sinxelo arco semicircular que descansa sobre chapiteis carentes de ábaco e colariño, e sobre dela, dúas fiestras abucinadas semicirculares, con arco de medio punto, e unha seteira. A outra porta do templo, a principal, froito das sucesivas reconstrucións no edificio, sería substituída pola actual; moito máis sobria e moderna. Chama a atención a disposición e composición dos seus muros, con aparello moi frecuente nas sacras construcións do século X, e a cornixa do testeiro da ábsida, ornamentada con dentes de serra de ladrillo e rosetas que lembran as influencias visigóticas. O santuario de San Antolín de Toques sería declarado Ben de Interese Cultural o 10 de xuño do 1984, e trinta anos despois, ó longo do 2014, acometeríanse os traballos de restauración das pinturas murais que, dende o século XV, engalanan e tinguen de cor as escuras entrañas deste templo.
Agora xa non se escoitan misas nin cantos corais, nin repican os sinos das campás neste sacro e afastado universo, somentes o rumor das augas que descenden pola carricova, o chío dos merlos e o piar das pombas, adoitan perturbar este voto de silencio.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Santa María da Capela, Concello de Toques, Provincia da Coruña42.967461600000007 -7.972857400000066319.278631100000005 -49.281451400000066 66.6562921 33.335736599999933tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-72395698779465240662018-04-15T00:14:00.000+02:002018-04-15T00:14:03.519+02:00Torre de Miraz, berce da estirpe dos Saavedra
“Se un día eu for estatua,
seareiros do soño, tolos, tolas,
regresade por min dende a tolemia,
berrade que reviva,
que eu son tola de atar e que o sabedes.
Mais se a pedra non cede,
se por ser xorda e cega non me volve,
se as poutas da cordura non me ceiban,
rompédeme, quebrádeme,
facédeme area no muíño,
levantade unha torre
para pracer do vento”
Marica Campo, Loor de tolemia e desprezo de cordura
Aló polos silenciosos i enchoupados eidos de Friol, ós mesmos pés da solitaria e fronteiriza Serra do Careón, agóchase unha antiga fortaleza que semella esquecida entre a néboa do tempo. Apenas quedan xa lembranzas dos seus señores e lexítimos herdeiros, finaron as súas lendas nas cinzas das lareiras apagadas, fuxiron silandeiras co derradeiro adeus dos nosos vellos. Apenas se escoita xa falar da anterga fortaleza dos Saavedra, nin da ameada e impoñente Torre de Miraz. Somentes unha traballada laxe de pedra, que aínda pendura dos muros desta torre, recorda o dominio e as proezas dos seus antigos moradores; a mestura das estirpes dos Taboada, dos Saavedra, dos Ulloa e dos Ribadeneira.
A dos Saavedra, localizada na parroquia friolesa de Santiago de Miraz, é a Torre da Homenaxe, e o único que queda, daquela fortaleza medieval pertencente, na súa orixe, á estirpe dos Saavedra, pero que aló polo século XV pasaría a mans da todopoderosa Casa dos Andrade, mais non por moito tempo. A Fortaleza de Miraz sería devolta, por herdanzas familiares, a Fernán Ares de Saavedra, o que fora cercado na Torre da Caldaloba xunto á súa muller Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela. Contan que tralo asedio na Caldaloba, Diego López de Haro, gobernador dos Reis Católicos, confiscaríalle a Fernán a Fortaleza de Miraz. Nembargantes, os bens confiscados serían posteriormente devoltos ós seus fillos; Constanza e Alonso López de Saavedra.
A torre presenta unha planta cuadrangular de nove metros de cada lado, e uns doce de altura, e fica coroada por graníticas ameas que semellan afiadas como agullas. Ao seu carón sitúase o rexo e sobrio pazo, erixido en perpiaño granítico no século XVIII e habitado até os nosos días. Contan que as entrañas da Torre da Homenaxe desta antiga fortaleza, son agora o bastión e refuxio dos arquivos familiares; son os muros que protexen o pouco que queda da súa esquecida e silenciada historia.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Santiago de Miraz, Concello de Friol, Provincia de Lugo43.1155294 -7.814354200000025219.426698899999998 -49.122948200000025 66.804359900000009 33.494239799999974tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-89907151461095231692018-04-08T10:52:00.000+02:002018-04-08T10:52:20.765+02:00Romaxe á Ermida da Nosa Señora do Faro
Hai un lugar, un sacro i elevado monte, dende o que é posible albiscar no horizonte as catro provincias galegas. Hai unha cima, unha vértebra calcaria entre as costelas louseiras e graníticas do noso espiñazo xeodésico, na que é posible escoitar as máis ledas i eternas cantigas de romarías e amigos namoradeiros. Hai unha ermida, un santuario sobre das nebras matutinas, onde se reflicten as vívidas luces dos albores e o ensanguentado fulgor crepuscular de cada día. Hai un estratéxico faro de terra, un facho de neves, breixos e mámoas, de insomnes torreiros cabalares que vixían dende as altas brañas, a epiderme húmida e verdescente da Galiza; os puntos cardinais da nosa xeografía.
No alto do xélido e impoñente Monte do Faro, o estratéxico aranguelo e o eixo raiano sobre do que se estenden as acedas e vizosas terras deste noso país, dende as luzadas da nosa historia, os azos da fe e as chagas da piedade trazarían camiños de adoración, entrega e misericordia cara a ermida da Nosa Señora do Faro. Boa proba destas históricas romarías son as amigábeis cantigas que a remates do século XIII comporía o trobador Xohán de Requeixo. A ermida que hoxe en día segue mantendo con vida estas romaxes foi erixida no século XVIII, despois de que o bispo Felipe Peláez ordenase derrubar o templo anterior, erixido no ano 1632. Cada ano, a finais do estío, celébranse as populares e sobranceiras romarías en honor á Virxe do Faro.
Dende este facho sacro e montañoso, dende esta fronteira natural que se erixe a escasos 1.200 metros de altitude entre o concello pontevedrés de Rodeiro e o lugués de Chantada, poden divisarse as catro provincias galegas. Dende este inexpugnábel faro, compás de telúricas e magnéticas pegadas, mercurio de estíos e invernías, catavento de vendavais e de nortadas, os astros alumean os catro puntos cardinais da nosa terra co resplandor da neve do inverno e as cálidas raiolas do verán. Este faro é tamén a luz e a fonte, a esperanza e a fe, dos máis devotos e temerosos romeiros. Semella tamén un escenario perfecto para dar renda solta ós sentimentos e deixarse namorar.
Coido que algún día volverei, para ser trobador en romaría, torreiro cabalar á noite, raiola de verán ó día, e procurar nos brañas desta elevada ermida aquel amor “que sempre muito desejei”.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Monte Faro, Concello de Chantada, Provincia de Lugo42.6213025 -7.897633000000041618.932471999999997 -49.206227000000041 66.310133000000008 33.410960999999958tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-29499997342504649492018-03-29T13:43:00.000+02:002018-03-30T19:30:48.453+02:00As eclécticas ruínas do Santuario de Fátima
Hai tempo, logo de que o destino quixese determe ante as románticas e sorprendentes ruínas da Igrexa de Santa Baia de Chacín, no concello coruñés de Mazaricos, anhelei procurar os poucos santuarios pechados ó culto, abandonados i esquecidos que se perden ó longo e ancho deste noso humilde e piadoso país. Este anhelo faría posible que me achegase até o lugar de Centulle, na parroquia chantadina de San Xurxo de Asma, para procurar do Santuario de Fátima, un templo erixido no século XX da man do párroco chantadino Emilio Eyré Lamas, coñecido por estas terras como Padre Eyré, e que trala súa morte caería no abandono. A historia deste templo, o primeiro de devoción á Virxe de Fátima de España, fica estreitamente relacionada coa vida do seu promotor. Este sacerdote exerceu de mestre do Instituto Español de Lisboa, poida que de aí veña a súa devoción pola Virxe de Fátima, e chegaría a gañarse a vida de asesor do Ministerio de Asuntos Exteriores e da Asociación de Hidalgos Afuero de España.
A mediados do século pasado regresaría de volta a Chantada e acometería a construción do seu soño, un ambicioso proxecto que incluía a Igrexa de Fátima, comezada a erixir no ano 1944 sobre dos restos dun castro, e unha residencia que contaba coa axuda económica do Goberno de Franco. Nos anos 70, a Asociación Nacional de Inválidos aprobaría a construción dunha vintena de centros para persoas con discapacidade e as influencias e contactos do Padre Eyré propiciarían que unha desas construcións se erixise en Chantada. Somentes cinco anos despois, o edificio estaría listo para ser inaugurado, pero coa morte do Ditador Franco paralizaríase o proxecto e caería definitivamente no abandono. A Igrexa da Nosa Señora de Fátima, de estilo ecléctico, remataría de construírse con donativos, e nas súas agora baleiras entrañas, celebraríase culto durante anos.
Cada 13 de maio, coincidindo ca festividade de Fátima, o templo acollía unha eucaristía e unha romaría en honor á súa virxe. No ano 2002, cando faleceu o Padre Eyré co seu proxecto aínda sen rematar, os veciños mantiveron durante uns anos a convocatoria, mais extinguiríase pouco tempo despois. O corpo do Padre Eyré sería soterrado nas entrañas deste templo. O del é o único cadaleito que descansa neste inusitado santuario. Pouco despois da morte do Pai Eyré, o proxecto sería doado á Ciudad de los Muchachos de Ourense. No ano 2003 tentáronse adecuar as ruínas da residencia para albergar un centro de maiores coa colaboración da Fundación San Rosendo de Ourense, mais todo o proxecto remataría por caer nas mans dun especulador inmobiliario por escasos 30.000 euros, e dende aquel entón até os nosos días, a residencia e a igrexa sumíronse no abandono e na consecuente ruína.
Dende hai uns cantos anos, este Santuario da Nosa Señora de Fátima fica pechado ó culto e non é posible acceder ó seu interior. Ó seu carón aínda poden ollarse as ruínas daquela anhelada residencia proxectada polo Padre Eyré que nunca chegaría a estrearse. Abandonei estas eclécticas ruínas que agora somentes albergan silencio, sombras e humidade, esta realidade soñada infelizmente incumprida.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Lugar de Centulle, Concello de Chantada, Provincia de Lugo42.6175557 -7.781403400000044742.614634699999996 -7.7864459000000448 42.6204767 -7.7763609000000447tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-62132402562082499162018-03-28T22:27:00.000+02:002018-03-28T22:27:02.653+02:00Os Muíños de Vento de Abalo e de Pedras Miúdas
“As flores se enguedellan.
O Sol perdeu vergoña.
O vento só é un bico
no abalo das corolas”
Antón Cortizas Amado, Nos páramos da Lúa
Hai tempo que ando á procura de xigantes, como un Quixote moderno sen escudeiro nin armas herdadas, e poida que sen máis batallas que o produto das miñas propias apetencias e inquedanzas. Ando a cabalo dos montes co anhelo que combater a desmemoria do vento, a regresión da historia, as milicias eólicas que resisten agora con espadas infestadas de couza e baixo armaduras de tella e cachotes de granito. Saín vitorioso e triunfante das miñas lendarias e bélicas citas cos xigantes do Alto da Cruz do Castro e de Santa Margarida, sen esquecer tampouco aqueloutro da miña amada Illa, marisqueira e tibia, da Arousa.
Mais son moitos os xigantes que coa graza do vento aínda seguen en loita dende o alto dos ermos outeiros, como aqueles de Catoira que dominan o milagre da morte do Ulla; os garridos e lendarios xigantes de Abalo e de Pedras Miúdas. Para dar con estas dúas hostes de xigantescos guerreiros tería que internarme, cal anacrónico normando, por pistas forestais e corredoiras de asfalto cara as abas do Monte Xiabre.
Muíños de Vento de Abalo
Un dos conxuntos de muíños de vento do Concello de Catoira localízase nun aireado outeiro da parroquia de San Mamede de Abalo coñecido como Monte Mesón, unha paraxe fascinante dende a que se divisa a morte do Río Ulla e o consecuente nacemento da Ría de Arousa.
Dende este outeiro tamén se sinte a forza e a bravura dos ventos atlánticos que se internan por esta nosa prezada e marisqueira ría, e que dende antano fixeron xirar os abanos de madeira destes muíños de vento que transformaban o gran en fariña, a materia en sustento. Non adoitaban ser habituais este tipo de muíños na nosa xeografía, posto que a maioría empregaban a abundante auga que escorregaba polas nosas terras como fonte de enerxía, nembargantes, tan somentes neste Concello de Catoira serían erixidos ó longo da súa historia até 11 muíños desta tipoloxía entre as contornas de Abalo, San Miguel e Cabreira.
O conxunto etnográfico de Abalo consta de dous muíños de vento e as ruínas dun terceiro, todos eles de planta circular, muros de cachotería granítica e teitume a dúas augas cuberta de tella do país. Sobre do teito adoitábanse depositar pedras para que as tellas non se levantasen cos fortes refachos de vento. Estes xigantes de Abalo, que datan de finais do século XIX e comezos do XX, presentan unha mecánica sinxela que responde á tipoloxía de torre e cuberta fixa, e que difire da mecánica dos muíños de auga na orientación do eixe.
No caso dos muíños de auga, o eixo adoita estar disposto en sentido vertical, namentres que nos de vento, en horizontal, atravesando os muros da torre. En cada un dos extremos do eixe localízanse os vareiros que sustentaban os abanos. Estes muíños de vento adoitaban pertencer a un so propietario, que polo xeral gravaría as súas iniciais, xunto coas do canteiro, no lintel da porta.
Muíños de Vento de Pedras Miúdas
A poucos metros dos muíños de Abalo, neste mesmo Concello de Catoira, localízase outro fascinante conxunto de xigantes, os Muíños de Vento de Pedras Miúdas.
Estoutro conxunto de muíños localízase a uns centos de metros de altitude sobre da lagoa artificial, e de orixe mineira, de Pedras Miúdas, sita na parroquia de San Miguel de Catoira. Componse de cinco muíños, tres deles de dobre aspa perfectamente reconstruídos e outros dous practicamente esquecidos, somentes intuídos pola pegada circular que deixaron os seus cimentos.
Poucas diferenzas semellan existir entre estes dous conxuntos etnográficos de Abalo e de Pedras Miúdas. En ámbolos dous conxuntos de muíños de vento de Catoira, somentes resisten tres xigantes, tres muíños de vento de idéntica tipoloxía, características e disposición, dominando unha mesma paisaxe, danzando cos mesmos ventos nunha contorna común.
Alén dos outeiros onde se localizan estes antigos conxuntos de Abalo e de Pedras Miúdas, nos cumios máis elevados do Monte Xiabre, albíscanse aqueloutros brancos e impoñentes xigantes de aceiro que datan de finais do século XX e comezos do XXI, e que agora semellan dominar esta contorna.
Albiscar aquel moderno e impoñente exército de viraventos, que agora coroa e domina a inmensidade do Monte Xiabre, fíxome cavilar en que estamos a gañar unha batalla antano perdida. Estamos a aproveitar a máis limpa i elemental tecnoloxía que xermolou da sabedoría anterga que fumega destes muíños. Estamos combatendo a desmemoria do vento, a regresión da historia, coas mesmas armaduras de antano; eixos, trabes, vareiros e abanos.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Concello de Catoira, Provincia de Pontevedra42.6663508 -8.722684200000003318.977520299999995 -50.0312782 66.3551813 32.585909799999996tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-64970315335615156912018-02-04T00:31:00.001+01:002018-04-13T22:04:00.941+02:00Castromaior, un castro á beira do Camiño
A rentes mesmo do sempre concorrido Camiño Francés, na parroquia portomarinense de Santa María de Castromaior, localízase o castro que deu nome a esta pequena contorna dende os xéneses da nosa longa e turbulenta civilización. As mouras i enferruxadas lousas que conformaban os muros daquela primitiva cidadela de Castromaior, remanecerían da terra e do esquecemento colectivo cos primeiros estudos e traballos arqueolóxicos acometidos a partires do ano 2006.
O Castro de Castromaior foi debidamente catalogado no ano 1992, así como incluído no Inventario Xeral de Xacementos Arqueolóxicos do noso país. Mais a primeira referencia a este poboado castrexo data de moito antes, concretamente do ano 1840, e corresponde aos escritos do político Pascual Madoz. A cronoloxía da exhumación arqueolóxica desta cidadela castrexa comezaría no 2006 cos primeiros estudos que propiciarían os traballos de escavación e delimitación que posteriormente se sucederían até o ano 2013.
A vida en Castromaior comezaría a xermolar na Idade do Ferro, crese que arredor dos séculos V ou IV denantes de Cristo, posiblemente a época de maior esplendor da cidadela, e permanecería habitado até os séculos I denantes de Cristo e o I despois de Cristo. Coa chegada dos romanos, o castro comezaría a ser presa do abandono. A comezos da Idade do Ferro, as vivendas orixinais daquel poboado serían erixidas con madeiros e ramaxes, mais crese que froito dun gran incendio no poboado, comezaríanse a construír posteriormente as pétreas vivendas que hoxe se presentan ante nós espidas, desteitadas e baleiras.
Dende o húmido e verdescente adarve desta ancestral cidadela, soterrada e renacida polo tempo, albíscanse con claridade as pegadas romanas na ordenación e na estrutura dos seus restos; na linearidade das rúas, na angular cuadratura das vivendas, no rexo e monumental acceso ás entrañas do recinto. Segundo os técnicos que levaron a cabo os traballos arqueolóxicos en Castromaior, este xacemento atópase nun bo estado de conservación, polo que ofrece moita esperanza de cara a seguir traballando nel no futuro. De feito, so se ten escavado unha décima parte da totalidade do castro.
Mais se algo ten de especial este xacemento de Castromaior, é que posúe a singularidade de ser o único castro que fica a rentes do Camiño de Santiago. E nin máis nin menos que no itinerario do Camiño Francés. Oxalá algún día poidamos desenterrar a totalidade das ruínas deste Castro de Castromaior para que os milleiros de peregrinos que camiñan ata Compostela, poidan deterse por un intre a contemplar a orixe deste pobo, as fondas raigames desta terra na que “o tempo toma posesión dun pasado que nunca parte”.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Santa María de Castromaior, Concello de Portomarín, Provincia de Lugo42.833348576555323 -7.719816297436523242.831893076555325 -7.7223377974365235 42.834804076555322 -7.7172947974365229tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-23092569558701685372017-12-18T23:11:00.000+01:002018-04-13T22:13:08.904+02:00As mouras ruínas do asolagado Castro Candaz
Coido que até do mesmo infortunio, ás veces emerxe algo positivo. Iso pensei cando contemplei a furia coa que as xigantescas ondas do mar do Rostro desenterraban os restos do cargueiro portugués “Silva Gouveia”, devorado por este mesmo mar hai cousa de 90 anos, e iso mesmo quixen volver a pensar cando este outono, por mor da seca, albiscaría as “mouras ruinas” do asolagado Castro Candaz. Namentres descendía polos lugares de Mosteiro e Xillán, na parroquia chantadina de Pedrafita, a través dun máxico sendeiro que descende entre infinidade de cepas de mencía cara o recuncho do Miño onde se erixe o Castro Candaz, decateime do moito que está a mudar a verdescente e característica paisaxe da nosa Galiza.
Como consecuencia da desgraza que están a supoñer as secas, cada vez máis habituais no noso país, o Miño semella outorgarnos o privilexio transitorio de deleitarnos coa presenza dun dos seus meirandes tesouros, o senlleiro Castro Candaz, que dende a creación do Encoro de Belesar quedaría somerxido baixo destas augas doces, frías e transparentes. O Castro Candaz é un pequeno recuncho de inmensa historia onde se mesturan as ruínas dun poboado castrexo e dunha fortaleza medieval. Á marxe dos abondosos prexuízos que a bo seguro puido orixinar a construción do Encoro de Belesar, como privarnos da presenza continua desta histórica alfaia chantadina; parece evidente que o feito de que o castro quedase anegado baixo das súas augas contribuíu en grande medida a que se presente nos nosos días nun excelente estado de conservación.
Resulta un auténtico privilexio podermos arribar a este histórico outeiro de Castro Candaz e transitar os intricados camiños que conforman as pequenas e cuadrangulares construcións erixidas con negra lousa chantadina. Non resulta doado percorrer estas “mouras ruinas” sen deixar de maxinar “as cén hestóreas, tristes, y-antigas” que agocha o Castro Candaz, este tesouro fuxidío protexido polas augas. Nada máis atravesar o único vieiro de acceso a esta pequena península, orientado cara poñente, decateime do importante que foron dende sempre estas augas do Miño para garantir o porvir e a protección dos seus antigos moradores. Segundo contan os máis vellos, coa chegada do Imperio Romano erixiríase unha fortaleza no Castro Candaz para conter a furia, o asedio e os ataques dunha poboación nativa que loitaba por defender o que era seu.
Segundo semella testemuñar o memorial nobiliario dos Camba, o forte de Castro Candaz foi fundado polo cónsul romano Lucio Cambero e sería o berce no que se orixinarían as liñaxes dos Camba e dos Taboada. Segundo ten contado tamén o mestre e escritor Manuel Formoso Lamas, durante a segunda vaga de invasións normandas, as tropas viquingas, unha vez coroada a Serra do Monte Faro, rematarían por arribar a Chantada, onde arrasarían a vila, obrigando aos nobres da contorna a refuxiárense no Castro Candaz, custodiado pola familia dos Erice ou Eriz. Coa axuda e protección das tropas do Rei Ramiro I de Asturias, os viquingos non tardarían en ser derrotados. Crese tamén que ó longo da Idade Media, a fortaleza do Castro Candaz puido estar vinculada a algún tipo de porto mediante o cal atravesar o Miño por esta contorna.
Como tantas outras fortalezas do noso país, o forte do Castro Candaz remataría por ser reducido a escombros durante as Revoltas Irmandiñas, mais pouco tempo despois sería reconstruído por orde da Casa dos Taboada. Nos últimos tempos, e ca fin de cultivar a vide, erixiríanse socalcos arredor do castro que modificarían de xeito significativo a arquitectura de toda esta contorna. Coa creación do Encoro de Belesar, xa na década dos 60 do século pasado, as augas do Miño asolagarían por completo o Castro Candaz e silenciarían para sempre a súa historia. Ás veces, somentes cando o Miño enferma, cando o seu leito ensume por mor das longas secas, emerxen as pantasmas e a feiticeira silueta do senlleiro Castro Candaz.
Oxalá non tiveramos o pracer de coñecernos, -pensei-, namentres me despedía deste pequeno outeiro de historias afundidas. Oxalá as augas do Miño te asolaguen axiña; no canto de non volver a ollar, endexamais, o celme verdescende da Galiza.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Santa Eulalia de Pedrafita, Concello de Chantada, Provincia de Lugo42.658749604581573 -7.737628396425861942.655830104581575 -7.7426708964258619 42.66166910458157 -7.7325858964258618tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-84536448276259053782017-12-16T21:46:00.001+01:002017-12-16T21:46:58.270+01:00As ruínas da Torre de Arcos
“Esfuma ou non existíu.
Qudan os seus cabelos, os seus cabelos
como unha crobacia dos meus dedos
esfiañándoos en cobres finos
en arcos voltaicos sobre o seu óvalo baleiro”
Estíbaliz Espinosa, textos carboníferos
Aló polas chantadinas terras da parroquia de Santa María de Arcos, concretamente no lugar da Torre, eríxense a duras penas as ruínas dun antigo forte que fica somerxido baixo as xestas e as silveiras do esquecemento. Ó igual que tantas outras históricas construcións galegas, como as ourensás torres de Sande e Sandiás ou como as luguesas torres da Caldaloba e de Torés, esta torre de planta cadrada agoniza esquecida e ignorada no perigoso letargo dun pobo farto de historia, nunha terra infinda de pasado. Agora somentes semella de interese para as lagartas que procuran a calor das súas paredes e os merlos que adoitan aniñar ó abeiro das súas ruínas. Que danada i esquecida fica agora esta histórica torre chantadina erixida entrámbolos séculos XIII e XIV polos Fernández de Temes.
As ruínas que agora se visten de maleza neste recuncho de Arcos, antano conformaron a Torre da Homenaxe daquela fortaleza erixida polos Fernández de Temes. Aquel bastión baixo do que se estendía, segundo contan os veciños desta freguesía, máis dunha ducia de leguas dominadas. Mais como a meirande parte das fortalezas do noso país, aquel castelo de Arcos sería atacado e destruído durante as Revoltas Irmandiñas. Cando cesaron as revoltas, a fortaleza renacería das súas ruínas e pasaría a mans de Ero Ordóñez, Conde de Membride, de quen se dicía que era señor de todo o que pertencía ós Fernández de Temes. Tempo despois, concretamente no ano 1652, e ante a falla de descendencia masculina, a fortaleza pasaría a pertencer a Alexandre de Taboada e Ulloa, o Señor de Merlán.
Co paso do tempo, a fortaleza foi caendo no abandono e remataría por ser saqueada polos propios veciños da contorna, que chegarían a empregar cargas explosivas para apropiarse dos mellores perpiaños graníticos. Por se fose pouco, no ano 1986, a ferocidade do furacán Hortensia reduciría a escombros a meirande parte dos muros desta Torre de Arcos; o derradeiro recordo daquel bastión dos Fernández de Temes. Unha maraña de silveiras semella agochar agora as cicatrices do pouco que queda de tan longa e axitada historia. As merlas e as lagartas son as únicas donas e señoras deste fato de pedras derrubadas.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Lugar de A Torre, Concello de Chantada, Provincia de Lugo42.6225 -7.76238342.619579 -7.7674255 42.625421 -7.7573405tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-34557766766920425202017-09-01T16:13:00.000+02:002017-11-15T17:15:53.120+01:00As vellas pantasmas da Finca do Espiño
No húmido e frío corazón da nosa patria, nunha de tantas belidas paraxes que se reflicten no curto e serpeante itinerario do Sarela, as pantasmas da Finca do Espiño, encarnadas en árbores antergas, en píntegas, en fentos e gárgolas; convidan ás máis inxenuas almas a transitaren sen présa polos soños cumpridos e as esquecidas vivencias dos que liscaron para non volver.
Tralos antano impoñentes muros desta máxica finca que olla en fite a crepuscular fachada da Catedral, -subxugados agora polas farpas dominantes das silveiras-, agoniza a pétrea e conca osamenta soñada e habitada, noutrora, polo afamado político e avogado Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga. Tralas enferruxadas cancelas desta impoñente e misteriosa leira, latexa a través das fendas dunha conca caveira de argamasa, a modernista traza e o ecléctico enxeño do arquitecto compostelán Jesús López de Rego.
O ambicioso soño de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga comezaría a cobrar vida aló polo ano 1910 da man de Jesús López de Rego, e consumaríase somentes un lustro despois.
O Pazo do Espiño, aquela anhelada morada de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga, aquela arriscada obra de Jesús López de Rego, vería a súa luz no 1915 e a súa impoñente e ameada silueta pasaría a formar parte da monumental paisaxe compostelá.
Sobre deste pazo de dous andares, erixido con muros de formigón que imitan a imperfecta superficie da pedra i engalanado con cornixas de cemento moldeadas con motivos vexetais, vixiado en cada momento dende as súas esquinas por aves iradas e fauces caninas, erguíase unha impoñente torre ameada que ensombrecía a súa esvelta capela, dende a que emerxen aínda arrepiantes bestas sineiras que gargarexan augas virxes para cuspilas con desprezo sobre os pícaros que ousen perturbar o silencio e interromper o soño do que nacería este lugar.
Arrodeando o pazo residencial, Ramón Gutiérrez de la Peña sementaría en terra as derradeiras instantáneas fuxidías do seu soño. Un romántico verxel de infindas especies vexetais comezarían a enlear as súas reigames e a xermolar cores, a polinizar vida i emanar pracenteiros olores en cada recanto deste oasis urbano, desta nobre factoría de froitas, flores, musgos e paxaros.
Mais ó longo da década dos 40 algo mudaría para sempre neste pazo erixido aos pés do Monte Pedroso e a rentes do Sarela. Co traslado definitivo dos Gutiérrez de la Peña Quiroga a Madrid, a Finca do Espiño comezaría a vivir unha intensa agonía, un longo período de abandono, decadencia e ruína que aínda semella latente, malia que as súas cancelas corroídas se abrisen á xente e os seus derradeiros muros fosen preventivamente apuntalados.
Arredor do corpo presente do xa cadavérico Pazo do Espiño, ábrense agora camiño as octoxenarias reigames dos seres que continúan a habitar este lugar; as camelias e araucarias, as palmeiras, os magnolios, os castiñeiros e os acivros, os buxos, os carballos e algún que outro espiño, así como unha infinidade de especies vexetais. Eles son os únicos donos e señores das ruínas deste soño cumprido, os lexítimos herdeiros deste pazo compostelán.
No fértil e morriñento seo da matria, nestoutra verde contorna de Compostela, o espello alongado e serpeante do Sarela ás veces semella reflectir augas pasadas, instantáneas de tempos esquecidos; os pelamios dos curtidoiros, as sabas das lavandeiras, os rabaños de vacas e de ovellas baixo a sombra ameada e maxestosa do Pazo do Espiño.
Encarnadas nas árbores froiteiras, nas lesmas e nas máis bravas roseiras, as súas pantasmas seguen a incitar ás almas inxenuas a transitaren de vagar polos soños cumpridos e as vivencias pasaxeiras dos que se foron para endexamais regresar.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Parque da Finca do Espiño, Santiago de Compostela, Provincia da Coruña42.8824859 -8.550990299999966719.2007509 -49.859584299999966 66.5642209 32.757603700000033tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-83850689627203865132017-07-23T16:11:00.000+02:002017-09-30T00:40:09.046+02:00O Mosteiro de Santa María A Real de Aciveiro
No xélido corazón da impoñente Serra do Candán, aló polas verdescentes Terras de Montes, o Mosteiro de Santa María A Real de Aciveiro resiste agoirando tempos mellores alén da incómoda paz, -concibida no silencio, florecida na soidade-, que reina nestes esquecidos outeiros do concello pontevedrés de Forcarei. Moitas lendas se terían forxado arredor desta sacra construción dende a súa fundación, aló polo século XII, até o comezo da súa agonía; precedida pola exclaustración que chegaría no século XIX coa desamortización. Este senlleiro mosteiro galego erixido a máis de 700 metros de altitude, pertence á Órde do Císter e componse dunha igrexa románica do século XII cunha sobria fachada barroca, dous claustros, -o do curro e o procesional-, e o edificio monacal; onde se localizan dependencias erixidas a partires do século XVI. O mosteiro abriu as súas portas no ano 1135 da man de doce monxes fundadores e co patrocinio do último rei de Galicia, Afonso VII, que lles asignaría a xurisdición dun dos coutos máis inmensos da Galicia medieval, chegando a limitar cos dominios dos mosteiros ourensáns de Oseira e Melón. Ó longo da súa historia, o mosteiro mantería tantos preitos que tería que designar a frades para residir en Compostela, A Coruña e Valladolid para ocuparse da tramitación e defensa dos seus intereses. O mosteiro mantivo un colexio de teoloxía moral, conxuntamente co Mosteiro de Xunqueira de Espadañedo, mais pecharía arredor do ano 1800, sendo trasladado a Salamanca e á Espina.
No ano 1649, o mosteiro sufriría un incendio que botaría a perder boa parte das súas dependencias, especialmente a biblioteca, que ardería na súa totalidade. E por se fose pouco, no ano 1809, durante a Guerra da Independencia, os franceses queimarían o mosteiro reducíndoo a escombros, mais sería restaurado posteriormente da man do arquitecto Xosé Castro Vallejo. No ano 1835, coa desamortización de Mendizábal, disolveríase definitivamente a comunidade, quedando somentes tres relixiosos ca fin de preservar os seus bens de posibles espolios, mais tan somentes sete anos despois levaríase a cabo a poxa pública do mosteiro. A principal fonte de riqueza daquela poderosa comunidade monástica era o gando. Os monxes de Aciveiro comerciaban co gando que posuían e que foran atopando nas súas extensas posesións. Outro dos piares da súa economía era a explotación dos seus montes, das súas fértiles devesas, estando prohibida a tala de árbores sen a súa previa autorización. Os monxes tamén adoitaban comerciar co xeo, que transportaban dende o alto das súas montañas ata as meirandes cidades galegas e outras moitas antigas urbes castelás. Nos nosos días, parte das dependencias monacais de Aciveiro foron recentemente restauradas para albergar un hostal-monumento, namentres que o templo sigue aberto ó culto albergando a igrexa parroquial. O conxunto foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1931 e posúe tamén a distinción de Ben de Interese Cultural. Contan que o nome de Aciveiro provén dun gran bosque de acivros que se localizaba onde se asenta o mosteiro, nesta elevada ladeira do Monte Candán.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Lugar de Aciveiro, Concello de Forcarei, Provincia de Pontevedra42.61798 -8.301866000000018218.936246000000004 -49.610460000000018 66.299714 33.006727999999981tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-80699506575619894622017-07-22T20:15:00.000+02:002017-09-30T03:06:09.534+02:00Portomarín e o rumor das ondas do Miño
Hai pouco máis dun mes, con motivo da popular feira de gando do concello lugués do Páramo, achegaríame até a veciña vila de Portomarín trala senlleira Igrexa de San Nicolás e na procura dos máis espirituosos i etílicos encantos que agocha estoutro paraíso da ribeira miñota. Faríao, desta volta, acompañado polos meus prezados amigos Oriol, Ana, Damián e Óscar. Entramos en Portomarín ascendendo a súa impoñente escalinata e atravesando a pequena e feiticeira Capela das Neves, antano hospital de peregrinos e punto de vixilancia da vella ponte romana; agora asolagada. Portomarín é un recuncho máxico, un pequeno e afastado paraíso que garda a meirande parte da súa historia somerxida baixo “o rumor das ondas” do Miño. Esta vila naceu nun extremo daquela ponte romana, erixida sobre do Miño no século II e reconstruída na Idade Media, e a carón mesmo do Camiño de Santiago que transcorría sobre dela. A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo Río Miño, o de San Pedro na marxe esquerda e o de San Xoán na dereita. Mais no ano 1962, coa construción do Encoro de Belesar, o pobo de Portomarín tería que ser trasladado de lugar até o Monte do Cristo. Nesta nova localización asentaríase a Igrexa de San Nicolás, así como a pequena Igrexa de San Pedro, erixida no século X. Ámbalas dúas serían trasladadas pedra a pedra, xunto con algúns pazos como o do Conde da Maza, do século XVI, e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Baixo as augas dun Miño aforcado ficaron para sempre asolagados os antigos fogares e a ponte primitiva.
Capela das Neves, Portomarín
A Igrexa de San Nicolás, tamén coñecida como Igrexa de San Xoán, presenta unha planta rectangular de estilo románico que sería erixida entrámbolos séculos XII e XIII pola Órde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén. Durante a Idade Media, o antigo Portomarín debeu de acadar gran importancia, posto que chegaría a contar con tres ordes de cabalería. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago e da Orde do Templo, namentres que na dereita estaban os monxes Cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto ameado, máis propio dunha torre ou fortaleza, que atesoura esta Igrexa de San Xoán ou de San Nicolás. A orixe da vila de Portomarín parece estar ligada ó Conde Don Gutierre e á Condesa Dona Ilduara, os proxenitores de San Rosendo; bispo de Mondoñedo e fundador do Mosteiro de Celanova. Esta vila luguesa de Portomarín xa aparece citada como “Portumarini” no ano 792, e como “Pons Minea” no Códice Calixtino.
Igrexa de San Nicolás de Portomarín
A vila de Portomarín foi sempre unha parada obrigada de grande importancia no Camiño de Santiago, chegando a vivir o seu maior esplendor entrámbolos séculos X e XII. A súa historia, agora acalada baixo o leito do Miño, conta tamén que no ano 1112 a ponte sería destruída por Dona Urraca para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador, mais tan somentes oito anos despois ordenaría reconstruíla a un tal Pedro O Peregrino. O murmurio do Miño aínda lembra o tempo no que o Arcebispo Pedro Arias entregaría o burgo de Portomarín á recen creada Orde de Santiago, mais tamén cando baixo o reinado de Alfonso IX, a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén. O rumor das ondas do río, adoita lembrarse do vello hospital que no 1126 erixiu Pedro O Peregrino, en cuxa fachada se podía ler “Domus Dei” (casa de deus), en cuxas entrañas achaban calor e protección os peregrinos; e cuxos muros serían derrubados para sempre no ano 1944.
Fachada da Igrexa de San Nicolás de Portomarín
Malia o paso do tempo, o traslado da vila, o asolagamento da súa ponte e das construcións máis primitivas, esta vila non perdeu o seu espírito nin o seu celme nin a súa historia, nin as súas igrexas nin os seus peregrinos. Portomarín segue a ser unha importantísima meta do Camiño, un lugar onde é posible naufragar na súa historia i escoitar as súas lendas no afastado “rumor das ondas” do Miño.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Concello de Portomarín, Provincia de Lugo42.8074277 -7.615830100000039242.7957787 -7.6360001000000395 42.8190767 -7.595660100000039tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-30563065638733541082017-05-14T20:07:00.000+02:002017-05-14T20:07:04.854+02:00O lar dos marqueses de Santa Cruz de Rivadulla
“Guimeráns è linda pousa,
mais Ximonde sin disputa,
e mais qu'entrambas ainda
Santa Crús de Ribadulla”
Marcial Valladares, Cantigueiro popular
Na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, no concello coruñés de Vedra, aló onde o serpeante Ulla reflicte a silueta meiga do Pico Sacro, localízase un dos máis senlleiros pazos da nosa terra. O Pazo de Santa Cruz de Ribadulla foi erixido no lugar de Ortigueira, - de aí que tamén se lle teña coñecido como Granxa ou Torre de Ortigueira -, e sería adquirido no século XVI polo cóengo da Catedral de Santiago, Juan Ibáñez de Mondragón, que coa colaboración do seu sobriño Juan de Mondragón, ampliarían a propiedade, edificarían unha capela, restaurarían os antigos edificios, amurallarían as súas inmensas terras e comezarían a delimitar o seu uso en tres zonas principais; unha para monte, outra para cultivo e outro terzo para as hortas e xardíns d’arredor do fogar.
Tamén por aquel entón, Ibáñez de Mondragón trazaría paseos e avenidas ca fin de serviren de corredores centrais que comunicasen as distintas parcelas e contribuísen a mellorar o acceso ás mesmas. Un destes paseos, a bo seguro que o máis coñecido, é o das oliveiras; un infindo e romántico vieiro conformado polas ramaxes dunhas 500 oliveiras aliñadas en dúas ringleiras paralelas que semellan entrelazar as súas pólas e reigames. Mais aquel cóengo tamén conformaría outros moitos paseos que amais de servir de acceso ás terras de cultivo e de embelecer i engrandecer este pazo, serían trazados ca fin de seren tamén un campo de cultivo para acadar o prezado aceite de oliva e o máis esencial Viño do Ulla; o tinto e o branco.
Aló polo século XIX, o VII Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Iván Armada y Fernández de Córdoba, comezaría a engrandecer os xardíns do pazo, aumentando tanto o número como a variedade de especies e contribuíndo a que hoxe en día este pazo sexa recoñecido internacionalmente polas súas camelias. As primeiras citas sobre estas especies, que aparecen reflectidas nun caderno do Marqués, datan de entrámbolos anos 1875 e 1899. Mais neste caderno, Iván Armada relata cómo plantou unhas camelias a carón doutras que tiña xa plantadas no xardín. Aquelas outras xa acadaban os sete metros de altura, polo que poida que fosen plantadas uns cantos anos atrás; crese que entre o 1780 e o 1820.
Nos xardíns do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla conviven especies do máis exóticas i heteroxéneas, dende as xa citadas vides, oliveiras e camelias, até buxos, fieitos australianos, tulipáns de Virxinia, palmeiras de Washingtonia, magnolias ou criptomerias. Iso sen esquecer os cipreses, os cedros e as roseiras. A carón da fervenza pola que brincan as augas que nutren os xardíns e as terras desta Granxa de Ribadulla, tamén medran fentos e musgos, silveiras, loureiros, salgueiros e xestas.
De fronte mesmo á entrada principal do pazo, localízase a monumental Fonte da Coca, deseñada no ano 1676 polo ilustre arquitecto compostelán Diego de Romay e mandada construír polo I Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Andrés Ibáñez de Mondragón. A Coca, ou Tarasca, é un ser da mitoloxía galega que representa a un dragón alado e que forma parte do símbolo heráldico da estirpe dos Mondragón. Este símbolo aínda fica presente na meirande parte dos escudos do pazo, concretamente representado por dous dragóns cos seus alongados corpos entrelazados.
Neste Pazo de Ribadulla pasaría os derradeiros capítulos da súa vida o xeneral Alfonso Armada, IX Marqués de Rivadulla, logo de pasar escasos cinco anos no cárcere por liderar, xunto con outros militares españois, o intento de golpe de Estado do 23 de febreiro do ano 1981.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com2Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, Concello de Vedra, Provincia da Coruña42.771329 -8.425907499999993919.089606500000002 -49.734501499999993 66.4530515 32.882686500000005tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-58038028164073191162017-05-14T00:28:00.000+02:002017-05-14T00:28:58.463+02:00As pombas muiñeiras de Santa Margarida
“Miña santa Margarida,
Miña Margarida santa,
Tendes a casa no monte,
Donde ó paxariño canta”
Rosalía de Castro, Cantares Gallegos
Namentres me internaba paseniño neste pequeno pulmón urbano da miña amada cidade herculina, neste inusitado i esquecido verxel de Santa Margarida, viñeron á miña memoria instantáneas fuxidías que me trasladaron á miña infancia; ás excursións de fin de curso da Educación Primaria coas que coñecín as entrañas da Casa das Ciencias e da Casa do Home, o históricos corazóns do Castelo de Santo Antón e da Torre de Hércules, e até os misterios submariños que atesoura a Casa dos Peixes. A cada paso íanseme aparecendo aqueles inocentes e ledos instantes que semellaban esquecidos baixo as arañeiras do tempo; o estanque dos parrulos, os xardíns, a cabeceira, o pequeno anfiteatro, o Pazo da Ópera, a escuridade do planetario e o xigantesco péndulo de Foucault que pendura dende o alto da Casa das Ciencias. Do único que non me lembraba era do solitario muíño de vento que desta volta me fixo retornar, outro de tantos muíños desta tipoloxía que chegou a atesourar esta cidade de brancas galerías, esta mitolóxica península azoutada dende sempre polos bravos ventos do mar.
Dada a escaseza de cursos fluviais na contorna da cidade, e dadas as súas características climáticas e orográficas, A Coruña ten chegado a atesourar un importante número de muíños de vento que comezarían a desaparecer durante o século XX. O Muíño de Santa Margarida é o único muíño de vento que se conserva na cidade, a derradeira testemuña destas pequenas e sustentables construcións de indubidable importancia na historia desta urbe atlántica. Este muíño, erixido a uns 60 metros de altitude sobre do nivel do mar neste pequeno outeiro de Santa Margarida, fica perfectamente orientado ca fin de aproveitar os ventos predominantes; os do nordés e os do suroeste. Mais por sorte ou por desgraza, aló polo 1916 sería reconvertido en pombal pola Sociedade Colombófila Coruñesa, luxando de frasca a enxeñaría máis sostible, a tecnoloxía máis primitiva, a humilde casa das ciencias esquecidas.
Hoxe o vento somentes sopra para alentar o voo das pombas muiñeiras, as derradeiras sentinelas desta pequena e histórica construción. Baixo dos seus teitos aniñan cada ano as andoriñas, sobre do seu mastro brincan merlos, lavandeiras e gorrións. Malia que non xiren cos ventos as súas aspas alongadas e garridas, este Muíño de Santa Margarida é a derradeira testemuña dunha Coruña muiñeira e descoñecida para a meirande parte de nós.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Parque de Santa Margarida, Concello da Coruña43.3623061 -8.41251250000004819.680589599999998 -49.721106500000047 67.0440226 32.896081499999951tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-59048620511181384662017-05-13T23:46:00.000+02:002017-05-16T12:14:54.519+02:00A vella Ponte Taboada
Sobre do leito do Deza, aló onde este río exerce de fronteira entre os concellos pontevedreses de Silleda e Lalín, eríxese impoñente unha ponte milenaria que unía as terras do Deza coas de Trasdeza e Santiago con Ourense por antigos camiños reais. Esta ponte, antano coñecida como Pons Tabulata por ser erixida inicialmente con táboas, sería erixida novamente en pedra no ano 912, tal e como testemuña unha inscrición rabuñada nunha rocha dos arredores. A vella Ponte Taboada, este pétreo vieiro, este milenario atallo de arrieiros, esta canle románica e fronteiriza, fica en paz somerxida nunha contorna realmente fascinante, nun universo afastado do ruído dos humanos onde amence e anoitece de vagar.
A vella Ponte Taboada, que o pasado 2012 cumpriu 1.100 anos, é unha pequena pero garrida construción románica que se asenta sobre de dous enormes petoutos localizados en sendas ribeiras do Deza; un na parroquia de Santiago de Taboada, no Concello de Silleda, e o outro na parroquia lalinense San Martiño de Prado. Esta ponte naceu sendo parte dun Camiño Real que se trazaría seguindo as antigas vías romanas e que unía Santiago de Compostela con Ourense e con Castela, un histórico treito de arrieiros e tamén de peregrinos; pois por esta ponte pasa o trazado da Vía da Prata. No ano 1862, co trazado de novas estradas e a construción da nova Ponte Taboada, así como na segunda metade do século XX coa construción da ponte do ferrocarril; a vella ponte románica caería definitivamente no abandono até os nosos días, somentes procurada e percorrida polos peregrinos que van camiño de Santiago.
A vella ponte foi erixida en cadeirado granítico e presenta un único arco de medio punto. A clave localízase a uns nove metros de altitude sobre do leito do río. Malia a ser unha construción austera e carente de excesivos elementos decorativos, posúe sinxelos e sutís detalles como rebaixes nas esquinas do cadeirado amais de disimulados desaugadoiros nos extremos do vieiro central. Malia a súa antigüidade, fica moi ben conservada, somentes desgastada polas rodeiras do pasado. Nun dos extremos, concretamente na ribeira da parroquia de Taboada, da que depende esta ponte, sitúase a pedra na que a duras penas se pode ler unha inscrición rabuñada en latín.
Aquela inscrición testemuña a antigüidade desta ponte, é a mellor proba posible para confirmar e recrear con certeza a súa historia: “LAVORABERVNT ISTA PONTE ERA DCCCCL ET FVIT PERFECTA PRIDIE KL DS APIES”
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Ponte Taboada, Concello de Silleda, Provincia de Pontevedra42.684245 -8.206830999999965619.0025305 -49.515424999999965 66.3659595 33.101763000000034tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-53441935648816841382017-03-15T15:30:00.000+01:002017-03-28T21:59:56.641+02:00O vello faro da Ría de Corcubión
Pouco tempo despois daquela breve pero intensa incursión aos antigos dominios do esquecido Castelo do Cardeal, - que semella resistir coma unha vella pantasma os contratempos do tempo, que semella invisible aos ollos atentos, á curiosidade propia do ser humano -, achariamos no horizonte o pequeno Faro de Corcubión. Esta minúscula atalaia de luces e sombras leva alumeando o fondo desta ría dos confíns da terra, e as súas virxes Illas Lobeiras, dende o verán do ano 1860. Tras deste facho albiscamos unha das meirandes panorámicas da miña amada Fisterra, outra das facianas máis impoñentes deste milenario olimpo de pedra, deste derradeiro treito de terra, desta xigantesca besta adormecida que resiste impoñente a ferocidade do mar. Este humilde pero senlleiro facho galego, que presenta unha planta cuadrangular duns aproximados 100 metros cadrados, rexos muros de cantería granítica e unha teitume a catro augas cuberta de tella do país, localízase na contorna de Quenxe, no coñecido Cabo C do municipio coruñés de Corcubión.
A construción deste Faro de Corcubión, finalizada o 31 de xullo do ano 1860, sería propiciada polos numerosos navíos que se internaban na escura e bretemosa ría procurando a serenidade das súas augas cando o mar de Fisterra se antollaba máis embravecido e a luz do seu faro se perdía entre a borraxeira. Dende a súa orixe contaría cunha lámpada de aceite a émbolo que estaría situada a uns sete metros de altura e a uns vinte e cinco sobre do nivel do mar. Na década do 1880 modificaríase a lámpada orixinal por unha de petróleo con mecha que se empregaría até o 1934, ano no que se automatizaría até os nosos días. Sobre da faciana sur deste pequeno Faro de Corcubión eríxese a granítica torre de planta octagonal, duns aproximados seis metros de altura. Sobre dela maxinamos aquelas antigas lámpadas, os primeiros ollos de vidro que alumearon esta ría nas noites máis bretemosas, nas máis densas i escuras marusías; luces que alumaron as húmidas sombras, as fatídicas rompentes, as perigosas illas.
Este humilde pero senlleiro Faro de Corcubión segue a latexar luz, a pestanexar vida, a advertir cada noite dos perigosos tesouros que agocha esta ría; o Carrumeiro Grande e o Carrumeiro Chico, as Illas Lobeiras, os castelos do Cardeal e do Príncipe, os alicerces do Monte Pindo e a impoñente silueta dunha xigantesca besta que adormece sumerxida entre a calma da ría e os azoutes do mar.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Faro de Cabo C, Concello de Corcubión, Provincia da Coruña42.916395012282464 -9.183626174926757842.913488012282464 -9.1886686749267579 42.919302012282465 -9.1785836749267578tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-87015381291973734572017-03-11T20:14:00.000+01:002017-03-11T20:34:55.738+01:00As ruínas do Castelo de Quindous
Nesta nosa última visita ás montañosas e fronteirizas terras dos Ancares, o meu amigo Xoán e máis eu decidimos aproveitar a viaxe que nos levaría até as pallozas de Piornedo, até o Castro de Santa María e até os mesmos pés do Pico Mustallar, para internármonos na parroquia de San Xusto de Quindous, no mesmo Concello de Cervantes, ca fin de coñecer unha antiga construción nobiliaria da que algo temos escoitado falar. Tiñamos un especial interese en coñecer o lendario Castelo de Quindous, unha pequena fortaleza de orixe medieval que fica esquecida nesta serra fría, solitaria e silenciosa, asentada na intricada ladeira dun húmido e verdescente val.
Albiscamos o pequeno castelo ao fondo da aldea de Quindous, erixido sobre dun terreo de acusada pendente. O desnivel faise patente na altitude que presentan os seus muros, que acadan nove metros pola cara Oeste, fronte aos catro da faciana Leste. Nos vértices da fachada principal eríxense impoñentes dúas torres cilíndricas. Nelas achamos as seteiras dende as que se vixiaba e se protexía a porta de acceso á fortaleza. Estas torres, que presentan dous andares, tamén dispoñen de xanelas das que emanan sombras e humidades, silencio e soidade. Esa tristeza e agonía que tamén achariamos nas xanelas e seteiras das veciñas torres de Doiras, Doncos e Torés; as esquecidas fortalezas dos Ancares.
Os rexos muros desta casa forte, desta pequena fortaleza abandonada de Quindous, foron erixidos con pequenos cachotes de lousa. Do mesmo material está formada a súa cuberta, que se presenta a dúas augas no corpo central agás nas súas torres senlleiras; onde presenta unha cónica estrutura. Na fachada principal, sobre da porta de entrada a esta pequena fortaleza medieval de planta rectangular, e baixo do escudo de armas dos seus antigos moradores, achamos unha inscrición que rezaba o seguinte: “SOI LA CASSA DE QVINDOS FONDADA EN ESTA MONTAÑA”. Tras daquela mensaxe, gravada en fría pedra, somentes achariamos ruína, tristura e desolación.
Pouco se sabe con certeza das súas pantasmas, dos antigos moradores desta casa forte, deste pazo nobiliario; desta pequena fortaleza de San Xusto de Quindous. Contan que foi erixida a finais do século XV por Paio Quindós, e que dous séculos despois, nesta mesma fortaleza, fundaríase o Morgado dos Quindós. No ano 1717, todo este patrimonio pasaría a mans do Marquesado de San Saturnino, descendentes directos da estirpe dos Quindós. Este pequeno castelo, tal e como aínda testemuñan o escudo e a inscrición que presiden a súa fachada, foi erixido ca fin gorecer, de servir e de ver nacer a toda unha estirpe nobiliaria.
Liscamos de Quindous, destoutra fortaleza esquecida a carón das máis altas montañas, coa certeza de que este humilde castelo medieval está a sufrir nos nosos días as súas meirandes batallas, as súas primeiras ruínas. A soidade son as tropas inimigas. O silencio son os laios da carraxe e da agonía. As hedras e a humidade; a dinamita do tempo. A vitoria e a derrota; o antollo e a incerteza do destino.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0San Xusto de Quindous, Concello de Cervantes, Provincia de Lugo 42.8655339 -6.991559199999983342.8597149 -7.0016441999999834 42.871352900000005 -6.9814741999999832tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-5574509194077201362017-02-19T21:08:00.000+01:002017-02-20T20:35:01.851+01:00Baixo os pés do impoñente Mustallar
Este pasado outono, xusto despois de regresar a Piornedo e de perdérmonos no seu labirinto de hórreos e pallozas, colleriamos un antigo sendeiro de cazadores e montañeiros que nos levaría camiño do impoñente Mustallar; o teito da provincia de Lugo e o segundo pico máis elevado do noso país. Para achegármonos até este elevadísimo cumio galego de 1.935 metros de altitude, somentes superado polos 2.127 de Pena Trevinca, debiamos percorrer pouco máis de media ducia de quilómetros por unhas paraxes fronteirizas realmente fascinantes.
Pico Penalonga
Mais como se por arte de maxia ou por un sinxelo capricho do destino, nada máis saír de Piornedo decatariámonos que non estabamos sos; tras de nós tiñamos dous experimentados cans que quixeron acompañarnos e protexernos nesta curta pero engaiolante aventura. Un deles, a bo seguro que o máis vello, presentaba unha faciana triste, unha ollada cansa e unha negra e mesta pelaxe. Poida que fose un cruce de mastín. O outro, máis novo e pequeno, semellaba un cruce de pastor alemán. Este último adoitaba levar a dianteira, como se soubese cara onde iamos e quixese guiarnos, namentres que o vello acostumaba a quedar detrás, como tratando de custodiarnos.
Faldras do Pico Penalonga
Ó pouco de deixar Piornedo, á altura do depósito de abastecemento de auga, penetrariamos nunha máxica campa coñecida como Chao Grande, onde cohabitan matogueiras tan características destas terras como os piornos e os acivros, amais de toxos, uces e xestas. A herba e as matogueiras ficaban rozadas polas bestas, polos corzos, as cabras e os rebezos. De súpeto, namentres camiñabamos, o can máis novo internaríase entre as xestas e levantaría unha perdiz ante os nosos propios ollos. Quedamos francamente impresionados. Aqueles cans estaban preparados para socorrernos e axudarnos, mesmo para contribuír a alimentarnos se fora preciso.
Campa de Camporredondo
Pouco despois achariamos na beira do camiño un cano de auga fresca que baixaba da montaña, e logo de beber das súas doces e refrescantes augas, continuariamos até unha das paraxes máis fermosas que vin na miña vida, unha belida devesa localizada a uns 1.365 metros de altitude e coñecida como a Campa de Camporredondo. A partires desta campa, deste pequeno paraíso perdido entre os picos máis altos da serra, comezariamos a ver as vivas cores das árbores caducifolias, os froitos vermellos do capudre ou Árbore de Rowan, as brancas e finas cortizas dos bidueiros e unha infinidade de verdes doutras moitas especies arbóreas que resisten o frío das nevaradas e o intenso calor estival da alta montaña.
Campa de Camporredondo
Descendemos paseniño cara Camporredondo, cara aquela campa que semellaba saída do mundo dos soños e pouco despois atravesariamos o Río Piornedo por unha belida e non menos fabulosa pontella de madeira. Canto pode chegar a mudar a paisaxe, cavilamos, namentres ollabamos as múltiples cores que aquela solleira mañá de outono nos estaba a agasallar. As próximas nevaradas tinguirán de branco todo este máxico e silencioso universo, esta fértil e verdescente campa onde escorregan os desxeos dos cumios máis elevados desta serra de lobos e rebezos.
Pontella sobre do Río Piornedo na Campa de Camporredondo
A medida que iamos deixando tras de nós a Campa de Camporredondo, comezariamos a ascender, arrodeando o pico de Penalonga, por un escorregadizo sendeiro ateigado de pedras e a carón do curso do Río Piornedo. No horizonte comezariamos a albiscar a Cabana dos Estremeños, as ruínas dun antigo refuxio empregado polos pastores de antano para guarecerse do sol cando subían o gando a pacer nas calorosas xornadas estivais. A impoñente silueta do noso procurado obxectivo comezaba a erixirse detrás daquelas ruínas, á fin aquel grandioso pico ficaba diante de nós.
Cabana dos Estremeños
A partires desta Cabana dos Estremeños a paisaxe mudaría completamente, as árbores deixarían paso ó pasto e ás máis resistentes matogueiras, como os toxos, as xestas e as arandeiras avermelladas polo sol. Agora somentes tiñamos por diante continuar cara a Braña de Piornedo, un gran circo glaciar rodeado por montañas, para posteriormente encamiñarnos cara a dura pero curta ascensión que nos levaría até a Mallada de Mustallar ou Golada do Porto, unha depresión que se sitúa ós mesmos pés do Mustallar, a uns 1.500 metros de altitude, e na que se localiza un valo fronteirizo que nos separa da provincia de León. Contan que este valo foi erixido polos veciños para que o gando non se precipite monte abaixo.
O Pico Mustallar dende a Cabana dos Estremeños
Sorprendeunos albiscar arredor da cima do Mustallar o voo circular e a silueta dun abondoso grupo de voitres leonados. Resulta incrible contemplar estas grandes aves en terras galegas, algo semellante ocorre co oso pardo, que adoita internarse na nosa terra a través destas montañas e das veciñas serras courelás. Mais lembremos que nesta fértil serra conviven tamén lobos, xabarís, lebres, martas, xenetas, cervos, corzos, rebezos, raposos, teixugos e até cabras montesas, amais de perdices e faisáns. Até non fai moitos anos tamén pitas montesas, mais nos nosos días, por desgraza, non se adoitan albiscar.
Brañas de Piornedo e Pico Mustallar
Os cans que nos acompañaban comezaban a amosar acenos de cansazo, e non era para menos, a dura e vertixinosa ascensión até a Mallada de Mustallar e as raiolas do sol estaban a deixarnos sen alento. Mais os nosos pasos rematarían alí, naquela mallada, naquela depresión entre os picos de Mustallar e Penalonga, a pesares de que os cans amagaban con seguir. O noso obxectivo non era coroar este pico senón ollar a súa grandeza sobre de nós. Alí sentamos e descansamos ollando a impoñente silueta dunha das meirandes montañas do noso país; o noso destino soñado.
Pico Mustallar desde a Mallada
Sorprendeunos albiscar baixo daquela Mallada de Mustallar a inmensa profundidade na que se somerxe o Val do Burbia. Os voitres leonados que coroaban a cima do Mustallar remataron por fuxir, pode que pola nosa presenza ou por avistaren as preas dalgunha presa nos arredores. Aproveitamos aquel descanso para comer e agasallar aos nosos amigos caninos cunhas rebandas de chourizo logo de tan excelente servizo prestado. Ó pouco comezariamos o descenso até Piornedo.
Os nosos anxos protectores
Endexamais esquecerei esta máxica viaxe até o Pico Mustallar, nin estas idílicas paraxes que nos deixaron realmente impresionados nin a fiel compaña deste par de cánidos aventureiros que non nos deixaron sos en ningún momento e que nada nos pediron a cambio. Liscamos coa satisfacción do soño cumprido e coa ilusión de fuxir pra noutrora voltar…, a encontrarnos a nós mesmos alén do silencio da serra e ascender até o ceo galego onde se erixe impoñente o Mustallar.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-10501353675776967532017-02-19T00:16:00.000+01:002017-02-19T21:10:48.136+01:00Retorno a Piornedo
Nin se perdeu o celme inxel do Beatus Ille
Pasei a contemplar tanta fidelidade
Vin burriños cargados de herba e de xestas vivas
alpendres que harmonizan cos aparellos rústicos
a humilde ferramenta trasnoitada
ou talvez encetar o pan de cada día signándolle
unha cruz por riba cun coitelo
Vin a camelia gaélica en Bínn Eadair
A paixón dos triskeles baixo o rigor dos liques
e da chuvia insubmisa
Vin pallozas e torques
e os míticos tesouros daquel reino de Tara”
Luz Pozo Garza, As arpas de Iwerddon
Hai lugares aos que cómpre volver, grandes e pequenos universos que nalgún máxico intre descubrimos e que nunca endexamais puidemos esquecer, paraxes naufragadas no devalar da nosa curta historia, como áncoras aferradas no leito nostálxico e pracenteiro da nosa feble pero selectiva memoria. Así foi como o meu amigo Xoán e máis eu decidimos retornar este pasado outono, e unha década despois, até un dos recunchos galegos que máis precisabamos volver a percorrer, até unha das aldeas máis históricas e senlleiras do noso país; estouvos a falar, nin máis nin menos, que da aldea prerromana e fronteiriza de Piornedo.
Piornedo é unha pequena aldea de hórreos e pallozas, unha pequena pero inigualable comunidade que sobrevive dende a longa noite dos séculos nesta solitaria e fría Serra dos Ancares. A aldea localízase a uns 1200 metros de altitude e pertence á parroquia de San Fiz de Donís, no concello lugués de Cervantes. Desta volta retornariamos a Piornedo, a esta aldea practicamente castrexa, non somentes para percorrela e achar nela cada un dos recordos que tanto nos fixeron recordala, senón tamén para emprender unha curta pero intensa viaxe que nos levaría até os pés do Mustallar, un dos teitos da Galiza.
Nada máis entrar neste moderno castro con vida da Comarca dos Ancares, achariamos a súa antiquísima fonte que data do ano 1787 e sobre da que descansan os pétreos corpos de dous mozos separados por unha granítica cruz. Internámonos paseniño, logo de beber do seu cano, polos estreitos carreiros que converxen entre os hórreos, as pallozas e os pendellos, que se somerxen baixo os fumegados tellados de palla das vivendas galegas máis auténticas e ancestrais. Escasos corenta veciños conviven aínda neste contemporáneo castro de vivendas prerromanas, nesta aldea esquecida de teitumes vexetais.
A cada paso fomos recordando aquela primeira viaxe, o ollar inocente co que namoramos deste lugar pensado para os que gustan da paz, para os que eiquí naceron e teñen o honor e a coraxe de pertenceren aínda a esta comunidade ancestral. Mais este xa non era o Piornedo de anos pasados. Hai xa abondas primaveras que non se escoita o canto da pita do monte, en troques os coches arremuíñanse polos rueiros e valados, namentres que uralitas e plásticos negros cobren de loito algún que outro tellado… pois disque xa non quedan teitadores; con eles morreu este nobre oficio de antano.
Os fogares máis antigos son agora, na súa meirande parte, cortellos baleiros e sombrizos, son hoxe “alpendres que harmonizan cos aparellos rústicos a humilde ferramenta trasnoitada”. Escoitamos na taberna, que hai tempo que non se albiscan machos de rebezo nos cumios da serra. O lixo do progreso e a decadencia do pasado mestúranse hoxe en día en Piornedo, froito deste noso mal endémico que está a degolar o celme i a paisaxe das nosas aldeas; estamos a envelenar a nosa propia esencia con plásticos, bañeiras, uralitas… tambores de lavadora e metálicos de colchón.
Tanto esta aldea de Piornedo como a do Cebreiro, -ámbalas dúas fronteirizas coa provincia de León e consideradas a evolución das aldeas prerromanas-, son as que atesouran a maior concentración de pallozas do noso país, e teoricamente; as mellor conservadas. Lembremos que as pallozas son as estruturas construtivas máis antigas da nosa terra. A súa planta circular, os seus muros de cachotería e a súa cónica teitume, soportada por unha estrutura de madeira cuberta de palla, son a clara pero maina evolución das construcións castrexas.
As poucas diferenzas existentes entre aquelas vivendas castrexas e as pallozas que aínda se conservan hoxe en día tanto en Piornedo como no Cebreiro, semellan radicar nun maior diámetro e altura destas últimas, que adoitaban posuír dous andares, o inferior destinado para o gando e o superior empregado como dormitorio; deste xeito aproveitábase o calor dos animais para quecer o interior da palloza. Mais estas antigas construción adoitaban dispoñer tamén de lareiras para prender lume e cociñar así como fornos para cocer o pan. O fume resultante destas actividades traspasaba aqueles teitos de madeira e de palla contribuíndo a conservalos mellor, secando aquela cuberta vexetal da humidade das chuvias e das nevaradas. Mais estas antigas cubertas vexetais xa adoitaban erixirse empinadas ca fin de que tanto a neve como a auga non se acumulasen e rematasen por danala ou derrubala.
Algunha destas pallozas de Piornedo, como a Palloza Museo Casa do Sesto, estivo habitada até o ano 1970. Hoxe en día segue a amosar ao visitante o xeito de vivir nestes históricos e senlleiros fogares. En Piornedo consérvase un total de 14 pallozas, das que a meirande parte funcionan como cortellos ou fican dalgún xeito maltratadas polo tempo ou pola man humana. De pouco ou nada semella axudar a declaración de Ben de Interese Cultural, ou o turismo, a conservar e a dignificar esta pequena aldea que agoniza, esta comunidade ancestral esquecida por todos nós que pide a berros respecto e axuda, xente que a habite, teitadores que a conserven, e un pobo que esperte e que comprenda a magnitude deste patrimonio imprescindible e protexa este xeito de vivir.
Collemos camiño cara o alto de Piornedo. Alí lembramos ter atopado a pequena pero feiticeira Ermida de San Lourenzo, e cara aquel recordo tamén desexabamos retornar. Dende alí, ademais, tiñamos o comezo da ruta que nos levaría até os pés do Pico Mustallar, o cumio máis alto da provincia de Lugo e o segundo da Galiza, somentes superado pola impoñente Pena Trevinca. Albiscamos a pequena e feiticeira Ermida de San Lourenzo no alto da aldea, nun pequeno e idílico outeiro e sobre dun manto de herba rozada polas bestas.
Tras desta belida ermida albiscamos parte dos cumios que estabamos a piques de ascender, o cordal de Cuíña, Mustallar e Tres Bispos. Estabamos ante os máis elevados outeiros da solitaria e impoñente Serra dos Ancares. Mais no mesmo intre de deixar Piornedo, esta aldea á que tanto desexabamos retornar, e poñérmonos a camiñar cara o noso procurado destino, aparecerían ante nós dous anxos encarnados en cans que farían posible que volvésemos a lembrar este máxico lugar polo resto das nosas vidas.
Aquelas experimentadas ánimas caninas custodiaríannos polos esgrevios e solitarios camiños que conducen até os mesmos pés do lendario e impoñente Mustallar. Somentes por esta máxica obra do destino, polo amparo e a compaña desinteresada deste par de amigos, pagou a pena regresar.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Piornedo, Concello de Cervantes, Provincia de Lugo42.8564839 -6.8758138000000642.8535739 -6.88085630000006 42.8593939 -6.87077130000006tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-6450210721055807012017-01-24T00:11:00.002+01:002017-01-24T21:43:57.259+01:00Renace das súas cinzas o Castro da Cidá
Este pasado mes de novembro, xusto denantes de arribar até o Faro do Cabo Corrubedo, achegámonos até un dos recunchos máis históricos e senlleiros do concello coruñés de Ribeira; o Castro da Cidá. Este poboado castrexo, que conta con máis de 2.500 anos de historia, localízase sobre dun cumio da parroquia de San Paio de Carreira dende o que se albisca unha impresionante panorámica do Parque Natural das Dunas de Corrubedo e da entrada da Ría de Arousa. Ascendemos os pouco máis de 200 metros de altitude do Monte do Castro, e denantes mesmo de achegármonos á cima, quedariamos fascinados con aquel enorme penedo coñecido como a Pedra da Rá, así como ca espectacular i engaiolante paisaxe, aquel perfecto balcón natural sobre do Atlántico que se albiscaba xusto detrás.
Semella máis que evidente que esta elevada i estratéxica paraxe constituía un lugar perfecto para o asentamento dunha gran comunidade castrexa. Dende eiquí, aqueles habitantes da Idade do Ferro posuían unha privilexiada visión sobre de contorna que os arrodeaba e até sobre das terras que se perdían alén do horizonte. Achegámonos até estoutra cima do Barbanza, até estoutro outeiro onde se localizan as ruínas deste castro recentemente escavado, deste castro fortificado que até non fai moito ficaba asolagado baixo da húmida i enraizada cortiza terrestre.
Á fin estabamos a pisar o chan dos nosos devanceiros, o pétreo chan do elevado e impoñente Castro da Cidá, un gran asentamento castrexo arrodeado por tres liñas de murallas que se erixe sobre do mar e sobre das terras da contorna. Nada máis penetrar pola muralla superior desta impresionante cidade en ruínas, puidemos albiscar pequenas vivendas de planta circular, cuadrangular e algunha que outra rectangular con vértices redondeados. O conxunto arqueolóxico abrangue uns aproximados 20.000 metros cadrados, mais somentes sería escavada unha pequena parte.
Este castro foi erixido sobre a rudeza dun afloramento granítico, sobre a núa osamenta da terra. Aínda se poden ollar as cicatrices do pasado nas rochas que arrodean hoxe en día o vértice xeodésico. Naquelas rochas achamos pías rabuñadas na pedra, algunhas delas con desaugadoiros, que aínda contiñan auga, que aínda reflectían as infindas cores do ceo. Por outra banda, tamén puidemos observar marcas de cuñas na rocha que, coma trabadas de xigante, testemuñan a extracción masiva de pedra para a construción levada a cabo entrámbolos anos 50 e 80 do pasado século XX, Este castro segue a ser obxecto de estudo, polo que é bastante probable que nun futuro non moi afastado se continúen a realizar traballos arqueolóxicos.
Malia que os traballos se levaron a cabo en tan somentes 750 metros cadrados dos 20.000 totais, tanto o número de cabanas achadas, unhas 15, como a superficie total do castro; fai pensar aos arqueólogos que se trata dun conxunto dun tamaño similar ao veciño Castro de Baroña. Segundo relata Miguel Vidal, que dirixiu os traballos arqueolóxicos, neste Castro da Cidá puideron chegar a ter cohabitado preto dun cento de persoas. Na segunda fase de escavacións, sairían á luz cinco pezas de pasta vítrea que segundo Vidal puideron formar parte dunha pulseira ou dun colar. Oxalá poidan ter continuidade estas tarefas arqueolóxicas no futuro, oxalá se siga a investigar sobre deste importante castro que até fai cousa dun par de anos ficaba baixo dun manto de toxos e silvas, na máis escura e profunda sima da nosa memoria colectiva.
Despedímonos destoutro castro galego albiscando no horizonte o Areal do Vilar, Aguiño, Sálvora, O Grove, Corrubedo; a inmensidade do mar da Arousa Norte e a monumentalidade destes montes antergos que conforman a erma e impoñente Serra do Barbanza.
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Carreira, Concello de Ribeira, Provincia da Coruña42.5552928 -9.014446700000007742.5538308 -9.016968200000008 42.556754799999993 -9.0119252000000074tag:blogger.com,1999:blog-250642894143679665.post-64431822927990923942017-01-17T20:55:00.001+01:002017-01-17T21:05:38.892+01:00Os gravados do Outeiro do Filladuiro
Este pasado outono apoderármonos dos ardentes raios do crepúsculo para sacar á luz as laxes escritas polos nosos máis remotos devanceiros. Ascendemos de novo os outeiros, “polos carreiros do monte d'Alén, nas ladeiras e nas beiras dos regueiros”, para achar outra laxe escrita carnotá, outra estación de arte rupestre dende a que somentes se albisque O Pindo e Fisterra, dende a que somentes se albisque a inmensidade do mar. Andabamos camiño do Outeiro do Filladuiro, outra estraña mensaxe milenaria gravada no alto dos montes do Concello de Carnota. Para dar con este extraordinario petróglifo, tivemos que ascender a mesma pista forestal que conduce cara o Castro de Mallou. Deixamos o castro á nosa dereita e continuamos a ascensión até chegar a un cruce de camiños dende o que se albisca unha impresionante panorámica do Monte Pindo e do areal de Carnota.
Estabamos a pisar un museo arqueolóxico á intemperie, polo que sabiamos de antemán que non teriamos dificultade para dar co noso obxectivo. Naquel cruce de camiños atopariamos varios indicadores que nos sinalaban a pista que debiamos coller para chegar, tanto aos petróglifos do Outeiro do Filladuiro, como para dar cos de As Laxiñas e os de Portaventosa. Os petróglifos que agora nos ocupan, os do Outeiro do Filladuiro, localízanse na parte alta dun impoñente outeiro rochoso que semella emerxer da terra como un mítico xigante. Todo o que dende alí se albisca semella diminuto. Achariamos o primeiro petróglifo, case imperceptible pero sumamente interesante, sobre dunha rocha moi erosionada. De non ser pola incidente e momentánea horizontalidade dos raios do solpor, non teriamos chegado a visualizar as características e a dimensión deste particular cosmos de sucos cuadrangulares.
Estes particulares gravados, de cuadrangulares e redondeados vértices, semellan todos eles unidos por un suco perimétrico que os aperta e os envolve. Malia que para moitos, estes sucos semellan lembrar ós trazos dunha figura humana, a min somentes me transmitían a representación dunha planta dun conxunto de construcións arrodeadas por un valo ou unha muralla. Tal e como ben sinalou José Luís Galovart na súa bitácora “El Laberinto Atlántico”, este petróglifo carnotán presenta unhas claras similitudes co de Outeiro de Rego Lamoso, localizado nestes mesmos montes de Carnota. A escasos metros deste primeiro petróglifo achariamos o segundo; unha pequena laxa granítica na que puidemos observar un conxunto de círculos concéntricos, trazos curtos e serpeantes, e numerosas coviñas de notable profundidade.
A nosa presenza neste artístico e milenario outeiro carnotán foi tan efémera como o sol estimou oportuna. Cantas diferenzas gardan estas dúas laxas escritas a pesares de ficar unha tan preto da outra. Canta historia se concentra nestes pedregosos montes de Mallou…
I. Iván Fraga Mourehttp://www.blogger.com/profile/14807121728783454693noreply@blogger.com0Montes de Mallou, Concello de Carnota, Provincia da Coruña42.799651739399607 -9.095392227172851642.796739239399606 -9.1004347271728516 42.802564239399608 -9.0903497271728515