mércores, 30 de marzo de 2011
Gaivotas no Rumbo de Sardiñeiro
As gaivotas, veciñas dos cantís e viaxeiras incansables, buscan paz e sosego nas calmas augas de Sardiñeiro. Donas do Mar Atlántico, viaxan alén do mar. O Rumbo é cousa delas.
"E por voar mellor espacio, as velas
das asas das gaivotas máis me valen
Vén unha luz e atmósfera de flores
e impúlsome e respiro o mellor aire
. . .
E por voar o mellor aire vállanme
as asas deses brazos con que abrazas
E por correr auga mellor oriéntome
cruzando a seda do teu corpo, amada
Veñen gaivotas flores a esperanza a dita
o vento Norte a estrela o mar o sol o cante"
Bernardino Graña, Ardentía
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
cando o sol decida ir de lúa de mel
o mar non será ren
cando o sol comprenda que pode camiñar
as nubes esmorecerán
a herba tremará de frío
e nos non atoparemos aire
cando o sol fuxa d´eiquí
choraremos polo que perdimos
morreremos por non vivir
todo os que nos regalaron
e que xa nunca será noso
cando o sol non esté
nin debezos
nin lembranzas
Ten coidado coas Gaivotas Ivanshiño , non vañan ser do PP.XDDD
Unha aperta Nito.
Qué tal Mouro?
Sabes que te teño no meu blogue entre as miñas leituras favoritas. Chamoume a atención esta entrada porque eu tamén adiquei unha ás gaivotas e á súa etimoloxía nunha entrada do 2010, aó por maio.
Estou a botar en falta o mar,porque ando por Ourense, pero logo chegan as vacacións e por fin a praia.
Boas ós tres. En primeiro lugar quero agradecer este fermoso estracto lírico ó noso compañeir@ anónim@. Fermoso, por certo, agardemos que o sol, sinxelamente, se limite a darnos os bos días cada mañán e nos despida cada serán, afundindose no mar.
Tamén quero felicitarlle o Cumpreanos ó me grande amigo Nito e agradecer a Navegacruz a súa visita a esta Fraga non moi diferente á súa, co desexo de poder visitar unha paraxe conxuntamente, na Fisterra ou na Mariña, pero co mar nas nosas frontes. Como diría Paul Carvel: "quen mira fixamente ó mar xa está navegando un pouco...". Grazas a todos e bos sorte!
Publicar un comentario