“Que non me desperte a luz enferma
dun mencer xa morto,
que non me crave o seu aguillón
de sal, cárdenas olleiras, lirios fatigados.
Esta ferida destila resinas,
chuvias, noites de cemento,
universos xiados, mármores
e medo.
Non quero erguerme. Quero
fundirme nun sono de novicias
e grandes sabas ao vento despregadas.
Paxaro melancólico que repousa o voo
xa non o agardan outros ceos,
nocturnas pedras que devolven a calma,
liquens, fiuncho, liño ou mofo,
calor anceio.
Se a tinta podre de luz
as arterias me invade,
hei procuar aire de quirófano,
sanatorio e coloroformo.
Hei navegar, gamela branca,
polo océano máis mouro”

Xulio L. Valcárcel, Cloroformo
Visitámolas terras da Soneira, tralo curso do Río Grande, na
busca dun pequeno encrave coñecido coma os Batáns de Mosquetín. Para conseguilo
tivemos que adentrarnos no Concello de Vimianzo, máis concretamente, na
parroquia de Salto. Unha vez alí contemplamos unha cadea de tres antigos
batáns, empregados noutros tempos para mazar o liño aproveitando o curso deste
caudaloso Río Grande. Ao seu carón contabilizamos outros sete muíños que, máis
que liño, mazaban a fariña do pan. Pouco debeu cambiar esta paraxe dende antano ata o día de hoxe, pois
as vellas rodas destes muíños e batáns
seguen xirando na actualidade e as súas pétreas paredes, en pé. Claro está, que xa dende fai máis dunha década
estase a loitar moito por intentar conservar este conxunto etnográfico, para
que tamén as xeracións futuras poidan chegar a entender o sentido que tiveron
estas ferramentas primitivas para a vida dos nosos antecesores na antigüidade.
O motor destes vellos batáns é a auga, o noso ben máis prezado e indispensable, a enerxía máis limpa e agradecida. Sen ela, estas vellas construcións non terían razón de ser e a bo seguro que a elaboración do pan sería bastante máis complexa. Os muíños déixanse ver por tódolos recantos do país, en cada aldea, parroquia ou vila, de uso comunal ou privado, pero resístense a fuxir porque forman parte dun pasado moi presente, asoballados polas hedras e esquecidos por case todos nós. Pero máis estraño é o caso dos batáns, pois non adoitan verse tan a miúdo coma os muíños, mais no pasado pouco tiñan en común; iso si, empregaban a mesma auga. Nos batáns de Mosquetín prensábase o liño e compactábase cunhas mazas impulsadas pola auga do río, para logo ser destinado ó uso téxtil. Os muíños proliferaron moito no país porque moían a fariña dun pan indispensable no día a día das nósas xentes do pasado e porque abondaban en cada regato. Tamén a figura do muíño ou do muiñeiro eran moi protagonizados nas lendas e cantigas, coma un marco enxebre e cotián, enfeitizando e enchendo de ledicia, ademais, os recordos dos nosos pais e avós. Boa sorte, muíños e batáns de Mosquetín!