"Ten azul ceo resprandecente
Unha campiña muy frorecente
Ten un conxunto moy celestial;
Os qu'alí moran viven n'o ceo,
Cantas grandezas forxa o deseo
Todas xuntiñas alí vos hay
¡A Pontevedra, vamos alá!"
Valentín Lamas Carvajal
As prácidas e fermosas Rías Baixas cravan as unllas na terra e obrigan ós pontevedreses a vivir por e para o mar. As súas vilas son eternas enseadas onde o mar galego agasalla cunha paz inusual, e onde as viñas do albariño chegan ata as ribeiras do Atlántico. Dúas cidades: Vigo, a metrópole de Galicia; e Pontevedra, histórica capital da provincia; conviven xuntas e con outras vilas moi poboadas coma Vilagarcía ou Marín. O turismo e o cultivo do viño forman parte da vida cotiá das fermosas Rías Baixas, cantadas xa de antigo polos primeiros xograres da nosa lingua. A Ría de Vigo, a máis profunda de Galicia, vive protexida pola silueta incansable das Illas Cíes, conformando un viveiro inagotable do mellor mexillón do mundo. De feito, as bateas forman parte da paisaxe cotiá. Praias míticas, como A Lanzada; illas salvaxes, coma Ons; viñedos e pazos; vilas marabillosas, coma Cambados ou O Grove; vestixios do pasado máis antergo, coma petroglifos e torres medievais..., todo isto conforma a esencia das Rías Baixas. Cara ó interior, as terras pontevedresas énchense de fragas, e de caudalosos ríos coma o Lérez, atravesado por infinidade de pontes, símbolo da provincia. As comarcas rurais, coma o O Condado dos canteiros, ou as fermosas e salvaxes Terras de Montes, completan a incrible e infinda diversidade e beleza desta provincia privilexiada.
20 de Maio do 2018
O Canastro de San Martiño de Vilaboa
"Na parroquia de San Martiño, no concello pontevedrés de Vilaboa, localízase un dos máis grandes e senlleiros hórreos do noso país, que como non podía ser doutro xeito, pertence á casa reitoral, pois tan somentes os párrocos podían chegar a acumular tanta riqueza"
19 de Maio do 2018
O vello fulgor do Faro Silleiro
"No verán do 1924, debido ó aumento do tráfico marítimo, -e ás importantes dimensións que comezaban a presentar os barcos que transitaban esta costa e que transportarían a tantos emigrantes galegos dende o porto de Vigo até América-, inauguraríase o novo edificio"
28 de Marzo do 2018
Os Muíños de Vento de Abalo e de Pedras Miúdas
"Son moitos os xigantes que coa graza do vento aínda seguen en loita dende o alto dos ermos outeiros, como aqueles de Catoira que dominan o milagre da morte do Ulla; os garridos e lendarios xigantes de Abalo e de Pedras Miúdas"
23 de Xullo do 2017
O Mosteiro de Santa María A Real de Aciveiro
"No xélido corazón da Serra do Candán, aló polas verdescentes Terras de Montes, o Mosteiro de Santa María A Real de Aciveiro resiste agoirando tempos mellores alén da incómoda paz que reina nestes esquecidos outeiros do concello pontevedrés de Forcarei"
13 de Maio do 2017
A vella Ponte Taboada
"Esta ponte, antano coñecida como Pons Tabulata por ser erixida inicialmente con táboas, sería erixida novamente en pedra no ano 912, tal e como testemuña unha inscrición rabuñada nunha rocha dos arredores"
6 de Xaneiro do 2017
A máxica Ponte dos Remedios
"Achegueime até o curso do Tea, que atravesa esta vila como unha vital arteria de sangue fértil e transparente, para achar na parroquia de San Miguel a ponte que dá nome a esta terra, o histórico e garrido símbolo de Ponteareas"
8 de Novembro do 2016
A Casa dos Mouros de Candeán
"Na Madroa, nun dos barrios máis elevados da meirande urbe do noso país, descansan as chantas da impoñente Casa dos Mouros, outro dos grandes achados megalíticos da industrial e poboada Comarca de Vigo"
6 de Novembro do 2016
A Anta do Meixoeiro
"Achei a Anta do Meixoeiro a rentes mesmo da cidade olívica, no aparcadoiro da Cidade Deportiva do Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo; nun dos cumios máis altos da meirande urbe da Galiza"
14 de Setembro do 2016
Rumbo a Ons
"Os nosos billetes tiñan agora como destino a solitaria e feiticeira Illa de Ons, outro verxel atlántico de gran sona que fica habitado dende antano por unha comunidade de xentes afeitas ó silencio e ás reixas do mar"
9 de Setembro do 2016
Rumbo ás Cíes
"Este mes de xullo decidín afastarme da voraz e agónica monotonía e coller rumbo cara un lugar mítico galego que, malia o seu prestixio, a súa beleza e a súa sona, nunca na miña vida tivera o pracer de visitar e coñecer; o paraíso das Cíes"
11 de Xuño do 2016
O Muíño de mareas de A Seca
"Este Muíño de mareas de A Seca foi erixido no ano 1622 por orde de Gonzalo de Valladares, I Vizconde de Fefiñáns, que encargaría a súa construción ó mestre de cantería coruñés Francisco Grie, cobrando este último polo seu traballo unha mula nova moi boa ao seu gusto e valor de 50 ducados"
9 de Xuño do 2016
O Muíño de Vento da Illa de Arousa
"Non foi doado achegarnos ata este Muíño de Vento da Illa de Arousa porque é unha propiedade privada e fica protexida por un valo de pedra, mais a casualidade quixo que coñecésemos a unha veciña que vive xusto ó lado deste muíño e que nos deixaría entrar na súa propiedade para coñecelo máis de preto"
15 de Maio do 2016
O Muíño de Vento da Cruz do Castro
"Este lugar, coñecido como O Alto da Cruz do Castro, atesoura unha pequena pero importantísima mostra etnográfica galega, nada máis e nada menos que un singular muíño de vento; o Muíño de Vento de Laredo"
5 de Maio do 2016
Baixo a sombra dos Pendellos de Agolada
"Aló polas terras do interior pontevedrés, no Concello de Agolada, localízase unha das meirandes alfaias etnográficas do noso país, un monumental conxunto de humildes e pétreos pendellos que datan do século XVIII"
23 de Abril do 2016
A histórica e fronteiriza Ponte Abea
"Desta volta achegaríame até a senlleira Ponte Abea, unha impoñente ponte medieval que se ergue sobre do leito do Ulla e que une as provincias de A Coruña e Pontevedra e os concellos de Teo e A Estrada"
21 de Abril do 2016
Os segredos do Castro de A Subidá
"Marín é, coma tantos outros municipios da provincia de Pontevedra, unha alfaia de achados megalíticos, unha terra de sacros outeiros onde hoxe remanecen castros, petróglifos, necrópoles e menhires. Desta volta andaba na procura do pequeno Castro de A Subidá"
16 de Abril do 2016
A estradense Torre de Guimarei
"Desta volta quixen achegarme até o lugar de A Torre, na parroquia estradense de San Xiao de Guimarei. Alí agardaba atopar a descoñecida Torre de Guimarei, unha torre medieval de planta cadrada que data do século XII e que agoniza baixo dun manto de hedras e matogueiras"
14 de Abril do 2016
As bestas, sentinelas do Castro de Castrolandín
"Comezaría a camiñar por este castro pontevedrés, que tivo un período de ocupación que vai do século IX a.C. ó I d.C, marabillado pola paisaxe que se divisa dende este outeiro dos montes de Castrolandín"
10 de Abril do 2016
O menhir morañés de Lapa de Gargantáns
"Achegueime até estoutro senlleiro monumento megalítico. Este é, xunto co de Pedra Chantada; un dos poucos menhires que atesoura este noso vello país. Palpei aquela granítica e milenaria chanta, aquel símbolo do Concello de Moraña, aquel cabeiro de cuarzo, mica e feldespato"
17 de Marzo do 2016
O faro insular de Punta Cabalo
"Presenteime unha calorosa tarde de inverno na Illa de Arousa, na xoia das terras do Salnés, pra ceibala mente e coñecer outro facho de branca lus que se localiza na estremeira Punta Cabalo, outro ciclope silencioso que segue a alumar cons e bateas, dornas, estrobos e tramallos"
15 de Marzo do 2016
O Muíño de mareas de As Aceñas
"Esta antiga e pétrea construción de As Aceñas, outro de tantos muíños de mareas do chan galiciano como o de Pozo de Cachón ou o de Cereixo, localízase ó suroeste da Illa de Arousa, nunha paraxe natural protexida dunha beleza realmente indescritible"
13 de Marzo do 2016
A vilanovesa Torre de Cálago
"Andaba na procura do meirande símbolo de Vilanova, da pétrea silueta dun vello baluarte que segue a ser a protagonista do escudo desta vila arousá. Andaba na procura da torre do vello campanario de Cálago"
12 de Marzo do 2016
Os testemuños esquecidos de Camanzo
"Pouco despois de determe a contemplar o leito do Ulla dende o alto da Ponte Ledesma, e de percorrer a través dela, dúas parroquias, dous concellos e dúas provincias, decidín achegarme até o pouco que queda do San Salvador de Camanzo, un mosteiro beneditino das ribeiras do Ulla"
23 de Febreiro do 2016
Ponte Ledesma, vieiro sobre do Río Ulla
"Entre as comarcas do Deza e Santiago hai un vieiro que une dúas parroquias, dous concellos e até dúas provincias, un antigo sendeiro de pedra labrada que dende antano ousa desafiar e resistir a forza das augas do Ulla"
4 de Outubro de 2015
Lembranza dunha virxe xigantesca
"Corría unha húmida e fría tarde de novembro cando nos detivemos de fronte á silueta das Illas Cíes e baixo dunha xigantesca e impresionante virxe de pedra, a Virxe da Rocha, no concello pontevedrés de Baiona"
28 de Agosto de 2015
O castro costeiro da Lanzada
"Retornamos ás Rías Baixas para tratar de achar outro importantísimo asentamento castrexo, outro castro mariñeiro que se localiza no extremo dunha das praias máis grandes e senlleiras do noso país; a da Lanzada"
26 de Agosto de 2015
Ero e o soño de Armenteira
"Este mosteiro está habitado por monxas cistercienses. Internámonos nas entrañas do mosteiro logo de ollar o curso do Armenteira e as súas frondosas ribeiras. Fixémolo calados, respectando a paz que se respira neste fermoso recanto do Salnés"
18 de Agosto de 2015
A cambadesa Torre de San Sadurniño
"Estoutras ruínas cambadesas, a diferenza das de Santa Mariña de Dozo, fican arrodeadas de mar e de vida, sen lápidas nin cruces, sen loitos nin rosarios. Camiñamos dende Fefiñáns até o barrio máis antigo de Cambados, a Vila Vella"
14 de Agosto de 2015
As ruínas de Santa María de Dozo
"Achegámonos camiñando até este camposanto que se localiza no alto da vila e que tanto semella impresionar a todo aquel que o visita. Nada máis atravesar a porta ficariamos fascinados ante aquel pétreo espiñazo"
22 de Decembro de 2014
O mosteiro mercedario de San Xoán de Poio
"A primeira proba achada entorno ó mosteiro dataría do ano 942, e a partires daquel entón recibiría privilexios e distincións reais e nobiliarias, chegando mesmo a incorporarse á Congregación de San Bieito de Valladolid. Entrámbolos anos 1548 e 1556 chegaría a albergar tamén un Colexio Maior de Teoloxía"
9 de Febreiro de 2014
O milagreiro San Campio de Lonxe
"Volvemos a retomar o camiño da fe e a espiritualidade para achegármonos até outro dos templos máis senlleiros e representativos do noso país. Desexabamos coñecer de preto unha das igrexas con máis sona da nosa Galiza, un punto de peregrinación e de romaxes, de ofrendas i espranzas, de ritos e curacións".
8 de Outubro de 201320 de Maio do 2018

A Fonte das Burgas de Caldas de Reis
"Achegámonos ata as burgas e agardamos a nosa quenda para coñecer, máis de preto, as particularidades desta máxica auga que emana das entrañas da terra. No pouco tempo que estivemos preto das fontes puidemos observar abondosa xente que se detiña a beber das quentes augas e mesmo a fregarse con elas".
21 de Agosto de 2013
Campo Lameiro, Capital da arte rupestre galega
"O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro alberga preto de setenta rochas traballadas polos antergos, gravados de gran calidade. O conxunto de petróglifos foi declarado, no ano 1974, Monumento Histórico-Artístico".
24 de Xullo de 2013
"En ámbalas dúas ribeiras desta máxica fervenza foron erixidos un total de catorce muíños que se dividen entre os Muíños d’abaixo e os d’arriba. Moitos deles foron restaurados, namentres outros, lamentablemente, somentes conservan parte da estrutura".
Os labirínticos sucos de Mogor
"Collemos rumbo ó sur, para mergullarnos na cálida brisa das rías pontevedresas, e arribar nos envexosos areais de Marín. Alí é onde nos agarda unha das laxes máis e míticas do chan galiciano".
A Ponte e Capela de San Antón de Cerdedo
"O destino non quixo deixarnos marchar destas terras sen antes atravesar a Ponte de San Antón e visitar a súa capela. Estabamos a pisar unha antiquísima calzada medieval, que nos encamiñaba a atravesar o Río Castro sobre dunha ponte rexa e contundente".
A xigantesca Pedra dos Namorados
"Os montes da Picaraña sorpréndenos cunha variada gama de verdes que se acentúan co azul resplandecente dun ceo primaveral. Servíndose das sutís correntes do sur, un rutilante corvo semella acompañarnos na procura dun dos máis impresionantes tesouros herdados, un conxunto coñecido como A Pedra dos Namorados".
A misteriosa Cidadela do Monte da Cidade
"Nunha das moitas fragas que cobren coa súa espesura as Terras de Montes, no interior pontevedrés, achamos un destes misteriosos asentamentos, de época descoñecida, e do que nada sabemos ata hoxe".
O burgo dos muiñeiros do Folón e do Picón
"Aínda existe un lugar no chan galego onde fican os vestixios da máis importante comunidade de muiñeiros, unha paraxe máxica onde podemos imaxinar como era o atafego e as solitarias vidas dos esquecidos pero imprescindibles traballadores do gran, os muiñeiros"
7 de Setembro de 2012As augas menciñeiras de Mondariz
"Nos nosos días, o de Mondariz é un dos complexos termais máis recoñecidos a nivel europeo e estatal, e xunto coa Toxa constitúe o encrave máis fundamental do termalismo galego".
2 de Agosto de 2012Pontepedre, legado dos canteiros de Serrapio
"Namentres percorremos a pequena parroquia de San Estevo de Pedre, imos achando sobre de nós toda a frondosidade e riqueza das fragas que o vello río Lérez fixo medrar ó longo dos séculos".
Ponte de Gundián e os canóns do Ulla
"Trátase do viaduto de Gundián, na parroquia de Ponte Ulla, entre os concellos de Vedra e A Estrada; terra de fidalgos e de pazos, de señoríos e camelias. As obras, de gran dificultade técnica, remataron no ano 1958. O resultado foi un viaduto de proporcións e características nunca antes vistas non chan galego".
30 de Xuño de 2012Pontevedra, cidade de mercadores e navegantes
"Foi esta cidade o berce de ilustres navegantes, piratas e descubridores, que exploraron o alén do horizonte. O descubridor Sarmiento de Gamboa, o pirata Benito Soto, e os irmáns García de Nodal, son algúns dos ilustres mariños que ousaron atravesar o océano que sempre ollaron dende a súa Pontevedra natal".
8 de Xuño de 2012A herba miúda do Castro de Troña
"A situación mesma do Castro de Troña fálanos dunha sociedade combatente; a cidadela érguese impoñente no alto dun outeiro de case trescentos metros de altitude e que domina os vales do Tea".
17 de Maio de 2012A lendaria Pedra do Equilibrio
"Trátase dunha pena ovalada que fica ergueita no que semella ser un precario equilibrio, a piques de derrubarse sobre o camiño. Ante nós, á fin, achamos a histórica xoia traballada dende tempos inmemoriais polos elementos da natureza; a mellor mestra dos antigos e afamados canteiros destas terras".
28 de Abril de 2012O Miño agoniza baixo a sombra de Tui
"Recalamos na vella cidade tudense, anterga capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia. A vila de Tui érguese no alto dun outeiro onde se albisca a grandeza do paso do Miño. A fertilidade e as propicias condicións climatolóxicas fixeron que as terras de Tui estivesen habitadas dende tempos remotos".
Carboeiro de Trasdeza, mosteiro entre fragas
"Albiscamos dende o lonxe, á fin, o vello e solitario San Lourenzo de Carboeiro, o monumental mosteiro das fragas do Deza e do Toxa, fogar dos laboriosos monxes carboeiros".
20 de Marzo de 2012Ría de Vigo, mar de bateas
"Mergullámonos de cheo no histórico e xenuíno mar da Ría de Vigo, para ollar de preto as súas ondas e bateas, e por suposto, a súa inigualable Ponte de Rande, que une a vila de Redondela coa Península do Morrazo".
Pazo de Fefiñáns, berce do Albariño
"A historia deste pazo está intimamente ligada á produción vitivinícola. Trátase dun lugar fundamental para a historia da elaboración do viño galego máis recoñecido internacionalmente".
28 de Xaneiro de 2012
O Mosteiro de Oia e os artilleiros da fe
"O vello abade fixo soar as badaladas, rompendo a tranquilidade do vello mosteiro de Santa María a Real de Oia. Os monxes trocaron os seus rezos polos berros de combate, e sacaron os canóns ás ordes de Frei Anselmo, un monxe que noutros tempos fora un curtido capitán nas batallas de Flandres".
Capelas de beiramar, da Toxa á Lanzada
"Ergueito fica aínda o derradeiro muro da antiga fortaleza da Lanzada. As súas vellas pedras, desgastadas polo mar e polo vento, levan séculos custodiando a esgrevia península onde se ergue a anterga Capela da Nosa Señora da Lanzada".
A Paz brota dos xardíns de Oca
"Este fermoso pazo, coñecido por moitos como o “Versalles Galego”, foi declarado Monumento Histórico artístico e alberga entre os seus muros uns xardíns dunha gran riqueza arbórea e botánica, autóctona e exótica".
28 de Novembro de 2008Illa de San Simón, a estación das almas
"As aves da díáspora, que a rentes do mar surcan camiños, deixan de voar e peteiran na beiramar da enseada de San Simón, na Ría de Vigo".
6 de Decembro de 2008Desembarco nas Torres do Oeste
"Na actualidade, as torres ensínanos os resquicios e rememoran gran parte da anterga historia de Galicia".
14 de Novembro de 2008As ondas do mar de Cangas
"As ondas do mar de Cangas, xunto coa colorida vila da Guarda, no corazón do Rosal; foron os primeiros camiños en ensinarnos as sosegadas augas termais das Rías Baixas".
A Fervenza do Toxa
"Esta fermosa paraxe do concello pontevedrés de Silleda forma parte do espazo natural protexido do sistema fluvial Ulla-Deza, onde o Río Toxa, un afluente do Deza, morre nunha espectacular fervenza duns trinta metros de caída".
A Guarda, museo vivo do tempo
"A Guarda é un municipio pontevedrés que alberga un monte onde o paso evolutivo de civilizacións foi deixando a súa pegada, Santa Trega".
14 de Xaneiro de 2009O Tempo non esquece a Santa Trega
"Dende o Monte de Santa Trega, na mariñeira vila da Guarda, albiscamos a desembocadura do noso río e ollamos as ribeiras do país veciño, adurmiñadas na fronteiriza morte, que dende antano nos mestura e nos distancia".
As Dornas da Illa de Arousa
"Dende a Illa de Arousa, os horizontes están cheos de bateas e as suas mudas praias son o mellor leito para redes, dornas, remos e velas".
Combarro e os cabazos da beiramar
"En Combarro, no municipio pontevedrés de Poio, os cabazos ou palleiras ollan a ría dende a ribeira e cargan ás costas coa lenda histórica do traballo do mar e da terra".
Cheira a cocido nas terras do Deza
"Recende a cocido entre as rúas de Lalín, coma un etéreo arume propio dos teitos labregos, coma unha tradición insustituíbelmente familiar. As rúas, aquí en Lalín, comparten espazo cos porcos da terra, a materia prima máis anterga".
A Carón do Pazo de Lourizán
"Un sinte curiosidade ó adentrarse nos dominios do Pazo de Lourizán e ver o seu maxestoso xardín botánico ou a innumerábel cantidade de especies arbóreas procedentes de distintos países do mundo".