sábado, 6 de decembro de 2008

Desembarco nas Torres de Oeste



"Mariñeiro sen vento e sen luceiro,
navego por misterios de ribeiras
inzadas dunha especie estrafalaria
de eucaliptos con aire de desgaire.
Con degoiro porfío itinerarios
que me levan a portos ilusorios.
Preciso navegar doutra maneira.
Quero ser mariñeiro de Catoira,
vikingo con monteira.
(Por ti, Ferreiro,
vocación de labrego e mariñeiro,
levanto a miña copla de ribeira)"

Miguel Anxo Mouriño

Escandinavia foi o porto de saída dos drager ou skuder, naves lixeiras que tomaron rumbos de guerreiros e navegantes viquingos na Europa da Idade Media i entrámbolos séculos VIII e XI. O destino, a Galiza. Jacobsland (as terras de Santiago). Nas acougadas augas do descenso do Ulla, e máis concretamente nas ribeiras das Torres de Oeste, unha numerosa escadra normanda composta por máis de cen naves, asaltan o recinto defensivo queimando e destruíndo todo ao seu paso, namentres os veciños de Catoira erguían legóns e fouciñas para defender os seus fogares a as súas familias. Na actualidade, as torres ensínanos os resquicios e rememoran gran parte da anterga historia da Galiza. Este recinto é un dos máis importantes legados históricos e arqueolóxicos do País Galego e, xa no ano 1942 foi declarado Monumento Nacional. Dende 1962 celébrase o primeiro domingo de agosto a Romería Viquinga, unha festa de gran sona que rememora o desembarco viquingo e recrea a chegada das tropas normandas a estas terras de Arousa. Esta festa foi recentemente declarada de Interese Turístico Internacional.


Os viquingos do norte non sempre saíron victoriosos. O periodista, médico e poeta Alfredo Vicenti Rey, narra e recrea a derrota que sufren os normandos a mans do exército do Obispo:

"Al llegar cerca de él- el Castillo Honesto- la flota de piratas chocó con las cadenas atravesadas de una a otra orilla. Saltaron a tierra según costumbre los invasores, pero antes de que pudieran internarse salióles al encuentro el ejército del Obispo a quién por medio de hogueras encendidas de montaña, se había anunciado el suceso desde el punto mismo en que la escuadra embocaba la sosegada Ría de Arosa. Terrible fue la batalla. Los normandos cayeron uno a uno y sus gallardas naves, armadas de tajantes espolones y cubiertas de listas de hierro, fueron entradas a saco y convertidas luego en luminarias de triunfo". Crónica Compostelana. Recreación histórica de Alfredo Vicenti.

Que as sosegadas augas da Ría de Arousa non sexan escenario de máis batallas que as da súa conmemoración e romería anual.

3 comentarios:

Xoán S. Pazos dixo...

Eu diría que na historia da Galicia as únicas batallas que sucederon foron aquelas nas que o pobo loitou contra a opresión ou contra a invasión estranxeira. Este é un caso bastante claro de como o pobo se ergue contra o opresor furioso, contra o asalto de estranxeiros que, quizais, eran máis irmáns nosos ca aqueles que, pouco despois, viñeron tamén a oprimir a nosa terra e contra os que ninguén loitou, polo menos até o de agora.

Saudiños e unha fonda aperta
dende o corazón de "Jacobusland"

Xoán

Anónimo dixo...

Irmán: vouche regalar a Historia de Galicia, de Ramón Villares. Agora, amais de imaxes impoñentes, poemas delicados e guieiros marabillosos aínda por coñecer, tamén nos obsequias con textos da historia patria e do país dos mil ríos. Fantástico. Seguiremos aprendendo, pois. Saúde.

Anónimo dixo...

Boas, Dorian e Xeiteiro; Modernos habitantes da Jacobusland.
Agradezo os vosos sempre interesantes comentarios e os non menos acertados apuntes. Xeiteiro, semella un libro interesante, o de Historia de Galicia. Desfrutareino ao máximo. Obrigado aos dous e sorte.