mércores, 4 de xuño de 2008

A Ribeira Sacra


"Airiños d'o Sil, lixeiros,
qu'o seu terruño bicades;
n'o meu nome, á aquela xoya,
suspiros d'amor levade"
Ramón Armada Teixeiro

Este pasado outono percorrémola Ribeira Sacra, comezando en Chantada (Ribas de Miño) e rematando en Santo Estevo de Ribas de Sil. Esta sobrecolledora e distinguida paraxe amosounos o transcurso do Pai Miño dende o seu nacemento, nas fermosas terras da Pastoriza, onde comeza a nacer gota a gota ata o seu gran afluínte, O Sil. Estes dous ríos son e serán as arterias principais do noso país, coa singularidade de nutrir ó seu paso as parras do sangue Mencía.

O caudaloso curso do Sil reflicte, cal espello, as vellas adegas e os desnivelados socalcos; a herdanza que vai deixando tras de si. Nembargantes, a multitude de presas hidroeléctricas que semellantes a guillotinas, decapitan de maneira constante e reiterada o taciturno curso do noso río, non deixan de afear unha contorna tan fermosa e fascinante coma esta. Unha vez máis, a man humana móstranos o pulso que mantén coa natureza. O río segue o seu camiño silandeiro, na procura dunha fin, namentres se mestura coa terra, impartindo vida e riqueza.

Unha vez visitado San Estevo, decidimos visitar a Capital do Ribeiro, Ribadavia, na cal poidemos coñecer o seu interesante barrio xudeu. Moi preto de Santa Cruz de Arrabaldo atópase Trasalba, pequena aldea na que naceu o destacado escritor Ramón Otero Pedrayo e onde poidemos visitar o que en vida fora o seu fogar.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

hola!
Sigo pensando que non me cadra imaxinarte no medio de ferros,no medio do ruido,e coa cara cuberta por unha pantalla de soldadura.
Será me gusta a tua forma de ver,de escribir,e de percibir o que te rodea.
Non o deixes nunca de lado,merece a pena.

Anónimo dixo...

Oe, meu: vas camiño de converterte no guieiro espiritual-turístico do país. Non sei, pero parece que os que che levamos uns cantos anos de vida vivida (no biolóxico, claro) non vivimos, no andado, a metade ca ti (A Moa, o Cabo Fisterra, a Ribeira Sacra, o Caurel de Novoneyra...) Uf! Fálteche, ocórreseme agora, o "Montarón". Ah, o "Montarón", coa súa paisaxe esgrevia ás beiras de Mar de Fóra... E xa despois, o "Almasén", o "Cabello", "Corbeiro", lugares de maxia e luz e sombra...

Unknown dixo...

Certo, Modesto. Todo chegará, aínda que tamén debo decirche que nunca me gustaron as praias de bolos...polo tanto quedareime con Mar de Fóra, Langosteira e por suposto, Rostro, que tí tan ben coñeces. Unha aperta. O Mouro

Anónimo dixo...

Gracias a tí, compañeiro, por ofrecernos, gratuitamente,esta túa versión, tan persoal e particular , fragmento a fragmento fotográfico desta galiza máxica e sorprendente, na que tivemos sorte de nacer e vivir.Unha aperta e sorte no camiño.TABERNA ULTREIA.

Xoán S. Pazos dixo...

Bueno, xa vexo que o teu blog estase a convertir nun auténtico éxito de afluencia. Noraboa.
Pos gracias pola parte que me toca, e vou recoller as verbas de Modesto. ¡¡A ver cando fotoghrafías o Montarón, carallo!! jejejeje.
Respecto á Ribeira Sacra, creo que despois de visitala podemos entender mellor a calidade dos viños maravillosos que saen de alí.
Veña, unha forte aperta, amiga. E a ver se podemos viaxar de novo en breve para seguir descubrindo a nosa Galicia, que é tan inmensa e tan variada.

Un saúdo dende Compostela

Xoán