mércores, 1 de outubro de 2008

Outono nas adegas do Sil


"Virtú e nobreza, talentos e groria,
xa teñen gardados pra dar a sua hestoria
as fadas que dormen n'as grutas d'o Sil"

Valentín Lamas Carvajal

É outono e comezan as vendimas nos esesgrevios terreos e socalcos onde fructifica o sangue do Sil. É un bo momento para visitar as terras de viños galegos e presenciar a colleita da uva. Nas adegas vellas que semellan pendurar das inigualables Ribas de Sil, e mentres as follas comezan a finar, escóllense as mellores uvas que dan nome aos viños da Terra de Quiroga. A Serra de A Moa e os seus máis de mil metros enfeitizan coa ferocidade da vertixinosa altitude, como atalaia dos eternos séculos e testemuñas de antergas vendimas. Os mosteiros e abadías debúxanse nas mansas augas, ficando inmortais no transcurso do río namentres o seu curso fica sosegado e silandeiro. Amandi, viño de césares na Gallaecia romanizada, chan de celtas, follas de visgo, da man de ancestrais druídas das carballeiras sacras. Sangue mencía de monxes e luxurias. ¡Que o Sil nos agasalle unha memorable vendima!.

5 comentarios:

Carvalhais dixo...

O teu blogue também fica agregado! Um saúdo e obrigado polo trabalho de guia...

Anónimo dixo...

Obrigado a vós pola boa compaña. Un saúdo

Santo2000 dixo...

Eu também che agradeço o que figeches por nós, obrigado! A ver quando vés por Compostela e che fago eu de guia, eh?.

P.D: Que mal tem o do recital?

Abraço

o mouro dixo...

Pronto visitarei a Capital, a ver se tomo algo cos Filólogos. Un saúdo e adiante con ese recital, que se vai adiante estarei alí para velo.

Anónimo dixo...

Qtal ivansiño...son cantoná.como ves disenxe q m iva pasar por aki, e fagoo.
A verdá é q veso todo esto con mais contidos e evolucionado..veso q vai adiante!
Esta semana aber se volvemos a qedar eh...agradoume vexe ben como sempre...es crminal de jerra..jajaja!!!
Un saúdo fisterrán... : )