venres, 2 de maio de 2008

Aló onde remata o mundo...



Xa o dicía Miro Villar, e a el vai dedicada a primeira entrada deste espazo que pretende rescatar do esquecemento os lugares máis senlleros deste noso país:

"Que lonxe fica o mundo dende o Cabo Fisterra"

Comezo este longo camiño pendurando unha imaxe dende as pedras do Monte Facho, no Cabo Fisterra, terra que me viu nacer e que nunca me deixou de impresionar. O perfecto final físico para milleiros de peregrinos e inevitable punto de partida de mariñeiros cada xornada.

Para min será o comezo dun longo camiño, dunha leda travesía sen fin na que tratarei de retratar os meirandes segredos que agocha este noso chan galiciano, este noso verdescente país.

Eiquí, dende os máis occidentais confíns da vella Europa, dende o Finis Terrae, dende a fin do Camiño e o comezo do Atlántico, despregámolas velas e comezamos a navegar!

5 comentarios:

Xoán S. Pazos dixo...

Primeiro, noraboa pola túa nova bitácora. Sempre é un placer que se amosen os novos talentos artísticos e culturais.
Segundo, paréceme moi ben que sexa Fisterra a protagonista da foto inaugural deste blog. Creo que a ámbolos dous nos marcou moitísimo a nivel persoal e artístico, e por iso meréceo.

Anónimo dixo...

Benvido, mouro da fraga fisterrá. Non sei por qué pero o nome do blogue trae á miña retina os apelidos paterno filiais que me (nos) correponden. Gústame o deseño e o post de inicio. A deferencia con Miro Villar supoño que virá dos tempos que desfrutaches do seu maxisterio. Non eres o único. En boa medida case todos os alumnos (nos que me inclúo) bebemos do seu exemplo intelectual e moral, que é moito, como ti ben sabes. Unha aperta e benvido, brother.
Taboneiro 3º

Anónimo dixo...

Grazas, Iván, moitas grazas. Para min é unha honra o feito de abrires a túa xanela na rede con referencias a un poema da miña autoría. Desde logo a imaxe do cabo é engaiolante, este espazo sempre estará nas miñas meniñas, por iso algún día escribín versos que falan da súa inmensidade. Boa navegación, benquerido amigo.

Anónimo dixo...

Noraboa por irnos achegando os diminutos espazos que forman a nosa gradiosa terra a través da túa ollada;será interesante seguir os teus pasos.Taberna Ultreia.

Anónimo dixo...

hola
Tengo que reconocer que me sorprendió tu blog,no solo cuando me lo enseñaste,sino también ahora que lo miré detalladamente....Me gusta mucho,se aprecia tu sensibilidad y tu pasión por la tierra,por cada uno de los rincones que pisas....por cada lugar.....
Decidí poner mi comentario en la foto de Fisterra por ser tu tierra.... y también porque como me dijiste tu varias veces, un día buscaré un sitio y me escaparé o fin do mundo,o fin do camiño,Fisterra.
Sinceramente creo que merece la pena.Un abrazo,compañero.(prometo escribir en gallego la próxima vez)