"Ollando para os nosos batallóns:
Betanzos, Mondoñedo, Compostela,
Santiago, Pontevedra, Tuy, Ourense,
E Monterrei, con outra mais milicia
Debaixo da bandeira de Galicia"
Xoán Manuel Pintos
Achegámonos á chá Comarca da Limia para mergullarnos nos dominios do impresionante e maxestoso Castelo de Monterrei ca fin de contemplar dende o máis alto do val, esta monumental fortaleza e un horizonte de terras sanguentas. Este castelo medieval, que data do século XII e se localiza na parroquia de Santa María de Monterrei, foi construído por Afonso Henríquez, neto do rei Afonso VI de León e Castela, a carón do Río Támega e na confluencia dos antigos camiños que conducían a Ourense e á Pobra de Sanabria, nun encrave estratéxico; a fronteira con Portugal. Trátase dunha das fortalezas máis senlleiras e mellor conservadas do noso país, sendo declarada Monumento Nacional o 3 de xuño do 1931 e Ben de Interese Cultural.
Os pétreos muros do Castelo de Monterrei, erixidos sobre dos restos do Castro de Baroncelle, foron o fogar de diferentes liñaxes coma os Fonseca, os Acevedo, os Ulloa, os Zúñiga, os Biedma ou os Duques de Alba. Este conxunto érguese sobre unha impoñente fortaleza con tres magníficos niveis de muros defensivos, ademais dun profundo foxo. Dentro do propio recinto existe un auténtico poboado, xa deshabitado, pero que aínda mantén os restos das antigas vidas que o habitaron. No alto da cidadela, a contundente torre da homenaxe preside o pazo, antano residencia dos señores do castelo. Hoxe, somentes as vellas cortinaxes roídas polo tempo que saen á luz a través das fiestras, son a derradeira testemuña que queda do antigo poderío da gran fortaleza do Limia.
Conta a súa historia que no ano 1366, o castelo foi o refuxio de Pedro I O Cruel durante a guerra que mantivo co seu irmán Henrique de Trastámara. Juan Rodríguez de Biedma, por apoiar a Henrique, sufriría o asedio de Fernando de Castro en Allariz, por lo que tivo que fuxir e refuxiarse no castelo, mais cando a guerra civil remata, o novo rei, Henrique II, concederíalle o dominio de Monterrei. Tempo despois, o rei Juan I de Castela concedería os dereitos sobre o castelo a Diego López de Zúñiga. Despois, os Reis Católicos, concederían o título de primeiro Conde de Monterrei a Sancho Sánchez de Ulloa e Monterroso.
No 1510 volvería a pasar a mans da realeza ata que Fernando el Católico decide venderlla ó arcebispo Alonso de Fonseca. No século XVII modernízanse as defensas, completándose no 1711 pola Guerra de Sucesión. No 1809, durante a Guerra da Independencia, o Marqués da Romana converte a Monterrei no cuartel xeral do exército de Galicia ata que o mariscal Soult tomou a fortaleza.
Esta fortaleza limiá, este batallón, esta milicia galega, foi considerada por moitos, como o mesmísimo Xoán Manuel Pintos, un encrave estratéxico para a defensa da nosa fronteira co veciño Portugal. Cabe sinalar que esta fortaleza dispuña do seu propio Hospital de peregrinos, erixido no 1391 polo abade Vasco Pérez e fundado por Gaspar de Zúñiga. O castelo sitúase no último recinto. A porta de acceso, que remata con arco de medio punto e conserva os escudos dos condes, está flanqueada por dúas torres cilíndricas tralas que se localiza o patio de armas, onde se conserva un pozo e un túnel que servía de alxibe e que, segundo conta a lenda; comunicaba coa Atalaia. Por sorte ou por desgraza, nas últimas obras de restauración levadas a cabo, taparíase a entrada a este lendario túnel. As ruínas da atalaia, do século XVII e de planta cuadrangular, localízanse no extremo oeste do conxunto; conservándose parte dos seus muros y algunha que outra garita.
O conxunto atesoura tamén outros importantes edificios; a Torre da Homenaxe, a Igrexa de Santa María de Gracia, o Pazo dos Condes e a Torre das Damas. A primeira data do século XV, posúe unha planta cadrada e uns 22 metros de altitude. Sobre da porta de acceso, pódese contemplar o escudo dos Zúñiga e dos Ulloa. A igrexa foi erixida entrámbolos séculos XIII e XIV nun estilo románico de transición ó gótico. A torre do campanario foi erixida entre 1660 e 1661, tal e como se indica nunha inscrición presente na base. O Pazo dos Condes, de estilo renacentista, foi construído entrámbolos séculos XV e XVII. Atópase á beira do patio de armas, e conforma un fermoso conxunto ca Torre das Damas; que data de finais do século XIII e comezos do XIV.
Vellos canóns de bronce aínda gardan vixiantes ós inimigos da patria galega, mais xa non hai guerras nin combates na gran chaira de Verín. Somentes quedan lembranzas de antigas batallas que antano ameazaban o Castelo de Monterrei. Hoxe, a única ameaza real desta señorial fortaleza é o tempo, cuxos efectos xa se deixaban ver nalgúns derrubamentos nos muros e nas vivendas. Malia todo, dende o ano 2015 e logo de numerosas reformas, esta fortaleza albergará agora un Parador Nacional, algo que a bo seguro contribuirá a manter con vida i en óptimas condicións este importante e senlleiro castelo galego, estoutro histórico batallón de Monterrei.

2 comentarios:
Eu enchiao de putas o castelo, asi dáballe uso as casas e aos cañóns xd
As antergas pedras de Monterrei teñen moitas batallas enriba. Historia viva -ou case viva- do convulso pasado das terras da Limia. Gran entrada, amigo. Unha viaxe moi suxestiva nesta oocasión. Bo traballo, coma sempre. Noraboa.
Publicar un comentario