venres, 20 de xuño de 2008

Entretecido ceo de Verdes


"Todas, todas, boa terra:
A carballeira de Verdes,
Ben preto do rio hé aquela;
Aquel' hé a torre de Trába,
Que desde longe branquéa;
Os verdes de Coristánco,
E os altos pinos de Bértoa;
E tí, castro antígo d' Oca,
Ben te conozo, antr' a brétoma"
Eduardo Pondal

Este pasado outono quixemos observala caída das últimas follas no Refuxio de Verdes, pertencente á Parroquia de Santo Adrán de Verdes, no concello coruñés de Coristanco. Nesta vermella terra, o Río Anllóns segue o seu curso, sendo extraordinariamente recibido por esta paraxe; un espléndido espazo natural. En Verdes puidemos divisar unha contorna de árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, piñeiros… e multitude de pequenos paxaros, así como xeitosas casiñas de pedra para xantares con familiares ou amigos, dispostas de mesas e grellas. O que máis me chamou á atención, foi mirar ó ceo e descubrilo totalmente entretecido polas ramas e follas, coma se dunha tatuaxe se tratara. A frondosidade deste lugar é debida, principalmente, ó curso deste río pondaliano. Verdes, unha contorna de natureza protexida, nunha boa terra e ó redor dun río antergo que escoitou as verbas dun bardo ó seu paso polo chan dos antigos celtas.

3 comentarios:

Xoán S. Pazos dixo...

Fermoso paraxe, o de Verdes. Estivo ben visitalo. O problema é que está todo moi preparado para fotos de boda jejejeje.
De todos modos, temos que coñecer toda a Costa da Morte, e Verdes é un recuncho inolvidábel.
Seguiremos descubrindo os segredos da bisbarra.

Veña, moitos saudos dende a capital!!!!

Brais Santomil dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Brais Santomil dixo...

Rapaz, tés um dom para as fotografias. Que formosas som!!!

Disque estiveches por Compostela, quando porás algumha foto dessa visita?

Sou o Brais, um companheiro de aulas de teu irmão Modesto.

Um saúdo e avante!!!