"Pero talvez
na brevidade
dos silencios
e das sombras
o que quede
non sexan os recordos máis distantes
—nin os últimos—
senón os días
que ficaron en nós
cando a paisaxe
era un estigma
procurado"
Modesto Fraga
Sosego, descanso e paz na vila de Fisterra, no seu foráneo mar e nos meus recordos. A vila que quixo verme medrar e que me ensinou a ferocidade do mar no estado puro. Non hai lugar na Galiza que me transmita un sentimento tan real e sincero como o de Fisterra. Cada segundo que observo a vila, cúspeme a lembranza de anos atrás. Esta terra é visitada por milleiros de persoas que non dubidan en presencialo embruxo e o feitizo que se percibe en calquera dos seus recunchos. Fisterra é o corazón da Costa da Morte e a Fin da Terra coñecida para os romanos. O tempo pasa, nembargantes, hai lugares dentro da propia vila que non semellan padecer o inevitable e cruel paso do tempo. Nesta entrada non podía faltar a imaxe das galerías que podedes observar. É un deses recunchos que decidiron facerse lembrar na xigantesca historia da vila e porto de Fisterra, observando a saída e chegada dos mariñeiros que, xeración a xeración, herdan a tarefa de gañarlle a loita ao mar.
10 comentarios:
hola
Alégrome que volvas poñer esas fotos as que estaba xa acostumada.
E se haí unha persona que ama a súa terra!...,un deles es ti.Sen dúbida.
un abrazo.
As vellas e decadentes galerías que dan ao mar,e que nos amosas nesta fotografía, son , en efecto,un indicativo permanente da esencia mariñeira de Fisterra;algo así como as fiestras dende onde ollar o porto, centro da actividade vital da vila e que son , ao mesmo tempo, testemuña de milleiros de historias e vivencias que se levarán consigo na súa lenta e imparable decadencia....tamén hai que dicilo, froito da desidia, que por desgracia, parece rexir os destinos da nosa Fisterra.Unha verdadeira mágoa que non sexan rehabilitadas e recuperadas para o disfrute colectivo dos paisanos e dos milleiros de visitantes que cada ano pasan por aquí.
fermoso post Iván.JmVelay.
Coincido con Velay na fermosura do post. E qué dicir do poema! Ouh, o poema! Extraordinario, fondo, revelador. Grandísimo poema, si señor. Un dos mellores da historia da poesía universal. Nótase que o escribín eu, je, je...
hola por primeira vez a esta tua paxina moi fermosa fotografia de unha parte do noso pobo en moitos anos atras coincido con todos en que e fermosisima como espetacular o contido bueno solo pasaba a darche o meu comentario bicos meu rei
Aqui hai alguem que nom fai honra ao seu nome, e nom sei quem será, xd.
Grande actualizaçom, coma sempre, mas desta vez com um sentimento acrescentando de amor à terra. De todas maneiras, parece-me raro que nom actualizasses antes com a tua vila.
Boas a todos:
Santo 2000; a primeira entrada que colguei neste blog foi adicada a Fisterra, non obstante son dos que penso que calqueira lugar de Galicia enfeitiza e ten moito de especial. Tento ollar a Galicia como conxunto, aínda que, por suposto, teño predilección por certos recantos, como Fisterra. A entrada desta semana foi seleccionada como lembranza da vila na que nacín e do sentimento que agora percibo; anos despois e de estadía neste fermoso lugar. Gracias polo teu comentario, e noraboa polo teu fermoso blogue.Un saúdo a todos. O Mouro
Desculpa o meu erro, estas cousas passam-me por botar a língua a pacer e nom mirar as entradas anteriores.
Mirar a Galiza como um conjunto di muitas cousas boas de ti, mas também é normal que sintas predilecçom pola tua Fisterra natal, coma o resto sentimos predilecçom polos nossos lugares de nascimento.
Obrigado a ti por este blogue.
hola
Espero ver en pouco tempo as fermosas terras de Pastoriza, A Fonsagrada e da Ribeira de Piquin
Por suposto non ía deixar de postearche nesta entrada tan fermosa. Se algo caracteriza á vila fisterrá é ese xeito tan natural que ten de convertir as cousas decadentes e escachadas na beleza mesma. Porque a Historia de Fisterra non é a historia dos palacios, nin dos monumentos, nin dos personaxes heroicos. A Historia de Fisterra é a que está reflectida nesas galerías do muelle: a Historia dos centos de xeracións de mariñeiros, e de mulleres de mariñeiros, que ao longo da Historia fixeron a Fisterra ser o que é.
Un saúdo, compañeiro, dende o corazón da Galicia.
Gracias Ivan por levarme a fiestra da miña casiña...a esa Fisterra da que todos estamos orgullosos e onde todos temos un añaquiño de nós,sempre e para sempre...e cando non estamos eu son un privilexiada de poder ter o teu gran corazon fisterran moi pertiña de min.bicos da tua compi
Publicar un comentario