"Aqueles tempos d'a infáncea
Que todos legres pasamos,
A chousa en que veu ô mundo,
Aquel choutador regato
Qu'â veira mesma d'a porta
Tranquilo vai marmulando;
O cruceiro n-o camiño
Que vai ô monte leixano,
As festas á quê asistía,
Os sempre tristeiros cantos
Con que os fiandós arrematan,
Con que empezan os traballos;
O soido d'a campana
O d'o mosteiro cercano
D'os órganos os acentos
Y-os remores con que, vagos,
D'os monxes van rexordindo
Os rezos por antr'os cráustros;
D'a gaita as tristeiras notas,
Os concertos d'os paxaros
N-as carballeiras sombrisas,
O soave cheiro d'os campos,
As promesas de cariño,
De tenro amor os abrazos"
Amador Montenegro, Muxenas
As Terras de Melide agochan un mosteiro que leva acompañado a abondosas xeracións de veciños de Sobrado dos Monxes ó longo da súa historia. Trátase do Mosteiro de Santa María, que viviu tanto momentos álxidos coma adversos, nos dez séculos que dan fe da súa existencia. Foi creado por orde dos condes de Présaras aló polo ano 952, e antigamente era coñecido co nome de San Salvador.
A Serra da Cova da Serpe e os mestos montes de Bocelo e Corno do Boi, cal atalaias pedregosas, custodian as zonas chas onde se concentran a maioría das hortas e fogares dos veciños. Así mesmo, as súas terras son a súa principal fonte de vida e fican sempre nutridas polas doces augas dos ríos Mandeo e Tambre; as que buscan sen presa a súa fin en Betanzos e Noia.
Son moitos os peregrinos que se perden por estas terras, namentres que outros moitos deciden desviarse do camiño a Compostela para pasar a noite no mosteiro, coller un pouco de alento i escoitar os seus cantos gregorianos. Estes peregrinos supoñen tamén un gran aporte cultural e vital para este pobo de poucos habitantes. No centro do mesmo componse a súa historia; o seu mosteiro e a súa pétrea alameda. E ó seu redor acumúlanse as casas.
A historia baséase en tempos gloriosos e tempos decadentes. Gloriosos como naquelas épocas dos Condes de Traba, cando consegue converterse nun dos máis poderosos mosteiros de Galicia e o primeiro que se integra na Orde de Cister da Península Ibérica. Non foron menos gloriosas as épocas dos Reis Católicos, cando se realizaron varias reformas e melloras arquitectónicas na igrexa e nos claustros. Pero o certo é que a este recanto de culto tamén lle tocou vivir tempos decadentes e de abandono, de silenzo.
Na actualidade está habitado por monxes beneditinos e considérase unha xoia do barroco galego. É unha visita obrigada a todo camiñante que por alí se perda. Sobrado é parte do Camiño, vieiro que conduce a Compostela. É tamén unha terra traballadora infestada de fermosas carballeiras, como a da Casa do Gado, que foi escenario natural do filme de J. Luís Cuerda, El bosque Animado.
É terra de misteriosas pedras como a Pena da Moura ou o dolme do Forno dos Mouros. E a súa lagoa, creada en torno ó ano 1500 por monxes para unificar pequenos regatos e pescar, supón na actualidade unha fonte de vida para numerosas especies da nosa fauna e flora e un escenario propicio para o ocio e os artistas namorados. Que se sigan a deter neste lugar os viaxeiros e peregrinos que se perdan no Camiño!

5 comentarios:
Botabamos xa de menos unha das túas incursións no máis profundo da esencia galega. O certo é que desta volta tráesnos unha entrada deliciosa (das mellores). Por desgracia, é un lugar pouco coñecido por aqueles que non fan o camiño (ás veces os galegos non sabemos o que temos no país). Bueno, quizais agora máis grazas ó noso conselleiro.
Pois iso, que gran entrada e gran fotografía, coma sempre.
Un saúdo dende Compostela!!!
Novo encabezado!!! moi bonito! reluce tanto coma os contidos e as imagaxes deste blogue, moi acorde, sí señor.
Unha aperta dende A Coruña!
Gracias Miriam, sen vós non sería posible. Unha aperta!
Belo texto.
Saudações e parabéns pelo blog!
Moito obrigado, Geraldo. Unha aperta dende a Fraga.
Publicar un comentario