“O silencio de Compostela non ten fin:
é unha das súas eternidades. O silencio
sempre espera ó camiñante un pouco máis
aló: no mar, na noite espida.
Aquí é a vida da soidade máis pura.
"Non ha barqueiro
nin remador"
zoa a cantiga mentres confiamos
no milagre, adoitos a vagar
na procura dese faro que alumee
o sorriso, que confirme a nosa gratitude
ó chegar o sosego, inda algo incerto”
Ricardo Martínez-Conde, Compostela, vella memoria
Dende que habito en Compostela, nesta húmida e triste capital galega, nesta pequena e monumental encrucillada de calexas, fico namorado do silencio que agochan os seus muros, das badaladas que escoito entre murmurios, das pozas onde se reflicten os séculos finados. Namorei da súa historia, do seu tempo pasado, presente en cada torre, en cada parede, en cada crus i en cada arco, escrita coma a piolla no cadeirado, no granítico barro dos oleiros de cuarzo, mica e feldespato. Percorrín Compostela docemente, co agrado e a timidez, coa a loucura e a placidez propias dun inxenuo namorado. Detívenme a ollar en silencio a súa grandeza nas fontes, nos soportais e nas prazas, na multitude de rúas que se abrazan nesta pétrea e misteriosa capital, nesta améndoa histórica, lendaria e tristeira, nesta meiga e fascinante Compostela Monumental.
4 comentarios:
Impoñente !
Tes unha sensibilidade especial :
a) Captar ,fora das convencións, a maxia da pedra de tantas alfaias compostelás...
b) Ser quén de transmitila nesa estética ideal de branco e negro...
Xenial mouro !
( somos afortunados )
Moitísimas grazas, Agustín! De non ser pola túa xenerosidade non tería chegado nunca a coñecer a grandeza desta impoñente cidade. Unha aperta e grazas por estares sempre aí.
Marabillosas imaxes. Grazas.
Moitísimas grazas, amig@!
Publicar un comentario