venres, 2 de xullo de 2010

A mítica Terraza de Sada



"Ben pensarás que de Sada
che vou facer relación,
pois ten presente que non
che podo despricar nada,
porque aquela enmarañada,
amais da jente que tiña,
era jente da Mariña
e non jente como queira,
que era jente da primeira
e algunha túa e minha"

Xosé Cornide

Este edificio sito a carón da beira do mar da ría de Sada, é un claro exemplo de arquitectura modernista ou Art Nouveau, e foi construído por Antonio López Hernández a comezos do S.XX, concretamente no 1912 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Trátase dunha construcción que foi trasladada ó paseo marítimo de Sada sobre 1920 e na actualidade é un dos exemplos máis claros do movemento modernista de Galicia. Construído a base de vidro, ferro e madeira, este edificio foi un quiosco-restaurante e na actualidade representa unha mostra inmellorable da arquitectura modernista galega, ademais dun espazo perfecto para desfrutar dun bo concerto de Jazz ou dun café expreso. No ano 1975 foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional. Que o tempo siga a deterse nesta fermosa terraza!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

ALEGROME DO TEU REGRESO Á REDE... TIÑALA UN POUCO ESQUENCIDA. BOS RECORDOS ME TRAE A MIN ESTE LOCAL... CANDO DE VOLTA DE FISTERRA, CAAVEIRO OU SAN ANDRES...(HAI CASE 20 ANOS) PARABAMOS A TOMAR UN "CAFÉ GALEGO" E UN VELLIÑO (QUE PENSO XA NON ESTARÁ) NOS TRAÍA AQUELES COPONS DE CAFE, AUGARDENTE E NATA PARA QUENTAR OS PES E A ALMA. DENDE LOGO ANTES QUE FERMOSA ERA A CONSTRUCCIÓN (EN XERAL)...SAUDOS, COMPAÑEIRO. ANTONIO.

O Mouro dixo...

É certo, Antonio, mais esta Fraga aínda ten moito que ensinar. O que da vida a este espazo é xente coma vós, seguidores de cada capítulo que compón este camiño pola Galiza máis esquecida. Por vós e para vós. Unha aperta compañeiro!