mércores, 10 de xuño de 2009

O Caión salvaxe e mariñeiro



"Non é para a historia
a luz deste ámbito
que te condena á eternidade"
Cesáreo Sánchez

A beleza de Caión faise perceptible cando comezamos a baixar as súas ladeiras. A panorámica é impresionante; estamos ante a verdadeira porta da Costa da Morte, e polo tanto, aquí comeza a bravura do mar máis cruel. Esta pequena península pertence ó Concello da Laracha e ten ese recendo mariñeiro que coa borraxeira, perfuma de salitre o seu porto e a súa praza. Dánnos a benvida, a Igrexa de Nosa Señora dos Milagres e as súas leiras de patacas e cebolas, mentres o seu porto e as xentes do mar, protagonizan a súa propia historia e lendas. Este privilexiado lugar de luz i eternidade agocha tras de sí a acolledora Praia das Salseiras, que a máis de ser ben coñecida polos surfeiros, alberga gran cantidade de mariscos. As súas pedras tampouco resultan descoñecidas para os percebeiros do lugar. Paraxe salvaxe e mariñeira, que nas noites de verán, e trá-la morte de Helios no horizonte das Sisargas, o recendo das súas rúas non é outro que o das sardiñas asadas. Boa sorte ós derradeiros mariñeiros que cada xornada gañan a loita pola vida na bravía Costa da Morte.

3 comentarios:

peter p. de mille dixo...

Aaaai, meu amiguiño... non esquenzas o solpor visto dende a terraciña do "Asteria", mentres disfrutas dun refrixerio.
O meu paraiso persoal

Visite o noso bar:

www.contosdopaisdosolpor.com

Unknown dixo...

Boas, amigo!
Foi o nome desta terraza o que non lembraba pero do que sí me acordo é da farturenta panzada de raxo con patacas brigantiñas que alí mesmo desgustei. O refrixerio era o de menos...(un, que acostuma a beber escuros productos americanos con gas).
Disculpas fondas. Agregados quedan os Contos do País do Solpor nas xanelas da Fraga.

Xoán S. Pazos dixo...

Último lugar da Costa da Morte que me quedaba por descubrir. Non decepcionou, para nada. Impresionante porto e fermosísima vila, encravada nun entorno natural e paisaxístico de primeiro orden. Espero que non lles pase como a moitas vilas da comarca, destrozadas pola especulación salvaxe.
A ver quen é o que se atreve a dicir que Caión non pertence á Costa da Morte.

Un saudiño dende Compostela,
e saude, sorte e república.