CADERNOS DE VIAXE

mércores, 30 de marzo de 2011

Gaivotas no Rumbo de Sardiñeiro


As gaivotas, veciñas dos cantís e viaxeiras incansables, buscan paz e sosego nas calmas augas de Sardiñeiro. Donas do Mar Atlántico, viaxan alén do mar. O Rumbo é cousa delas.

"E por voar mellor espacio, as velas
das asas das gaivotas máis me valen

Vén unha luz e atmósfera de flores
e impúlsome e respiro o mellor aire

. . .

E por voar o mellor aire vállanme
as asas deses brazos con que abrazas

E por correr auga mellor oriéntome
cruzando a seda do teu corpo, amada

Veñen gaivotas flores a esperanza a dita
o vento Norte a estrela o mar o sol o cante"

Bernardino Graña, Ardentía

4 comentarios:

  1. cando o sol decida ir de lúa de mel
    o mar non será ren
    cando o sol comprenda que pode camiñar
    as nubes esmorecerán
    a herba tremará de frío
    e nos non atoparemos aire
    cando o sol fuxa d´eiquí
    choraremos polo que perdimos
    morreremos por non vivir
    todo os que nos regalaron
    e que xa nunca será noso
    cando o sol non esté
    nin debezos
    nin lembranzas

    ResponderEliminar
  2. Ten coidado coas Gaivotas Ivanshiño , non vañan ser do PP.XDDD

    Unha aperta Nito.

    ResponderEliminar
  3. Qué tal Mouro?
    Sabes que te teño no meu blogue entre as miñas leituras favoritas. Chamoume a atención esta entrada porque eu tamén adiquei unha ás gaivotas e á súa etimoloxía nunha entrada do 2010, aó por maio.
    Estou a botar en falta o mar,porque ando por Ourense, pero logo chegan as vacacións e por fin a praia.

    ResponderEliminar
  4. Boas ós tres. En primeiro lugar quero agradecer este fermoso estracto lírico ó noso compañeir@ anónim@. Fermoso, por certo, agardemos que o sol, sinxelamente, se limite a darnos os bos días cada mañán e nos despida cada serán, afundindose no mar.
    Tamén quero felicitarlle o Cumpreanos ó me grande amigo Nito e agradecer a Navegacruz a súa visita a esta Fraga non moi diferente á súa, co desexo de poder visitar unha paraxe conxuntamente, na Fisterra ou na Mariña, pero co mar nas nosas frontes. Como diría Paul Carvel: "quen mira fixamente ó mar xa está navegando un pouco...". Grazas a todos e bos sorte!

    ResponderEliminar