CADERNOS DE VIAXE

xoves, 22 de xaneiro de 2009

A Pontedeume dos Andrade


"Silencioso e solitario o Camiño dentro do camiño inícia
os meus pasos.
As árvores acompañan-me son estraña sensación descoñecida.
No Esteiro no hai ninguén nen sequera a cidade deixa de retornar
cando vou camiño de Pontedeume"

Cesáreo Sánchez

A mañá esperta adormecida antre a néboa que se adentra polas ribeiras das Fragas do Eume, namentres as gaivotas anuncian os menceres no varadoiro de Pontedeume. Os mariñeiros transitan os arredores da ría e o día comeza a espertar. Na histórica páxina das lembranzas irmandiñas, o Torreón dos Andrade fica como testemuña presencial de tempos, mostrando as pedras que aínda o teñen en pé e portando o escudo dos Andrade, ante as agónicas augas do Eume. 

6 comentarios:

  1. Pontedeume, ademais de figurar na nosa historia pola súa relación coa caste dos Andrade, foi ademais magnificamente versificada por un poeta que nos deixou recentemente, Ramiro Fonte. As vilas e cidades son tamén as palabras que as debuxan e reinventan a cotío. E velaí o seu destino, a súa verdadeira dimensión.

    ResponderEliminar
  2. Que recordos....Pontedeume!!!!
    Os domingos de praia cos meus pais....
    os sábados de traballo....,cando se chegaba as 7 da maña é nos íbamos as 8 ou 9 da noite....
    Os churros con chocolate con meu abuelo cando eu era pequena....

    ResponderEliminar
  3. Ponte máxica nunha vila que, coma os pobos sitos nas desembocaduras, teñen un non-sei-qué especial: ese limo da marisma, xenerado onde o mar e o río se misturan, e que é fonte de fertilidade e vida.

    Un saúdo dende Compostela,
    e fermosa entrada, coma sempre

    ResponderEliminar
  4. Un blogue dos auténticos. Co misterioso sabor das fragas milenarias.
    Propio dun "homem de verdade", como diría o noso camarada.

    Unha aperta! e encantada de pasar por aquí.

    ResponderEliminar
  5. Aqueles lugares polos que pasa o río sempre teñen algo de especial, e máis aínda se iste río e o mar mistúranse no mesmo lugar.Pontedeume é un deles...
    Iván:estaste a lucir coa fotografía chaval!!!
    unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias polos comentarios e un saúdo irmandiño!!.

    ResponderEliminar