CADERNOS DE VIAXE

xoves, 12 de febreiro de 2009

Combarro e os cabazos da beiramar


"Se ve o mar bravo,
se ve o mar quedo,
de Ons e de Tambo
as illas ao lejos.
Se ven Portonovo
e, junto San Xenxo,
Marín e Combarro,
Lourido e Campelo"

Sarmiento, Baixo o pseudónimo de Marcos da Portela

En Combarro, no municipio pontevedrés de Poio, os cabazos ou palleiras ollan a ría dende a ribeira e cargan ás costas coa lenda histórica do traballo do mar e da terra. Vila enxebre de cruceiros e casas de granito cun pasado agrícola e mariñeiro. Rúas estreitas e humildes, casas balconadas que fican na beira mesma da ría, aproveitando dende antano a fertilidade e riqueza que aportan as labores do campo e do mar. As mariscadoras son as sombras dos amenceres na baixamar e os seus trebellos empréganse tanto en terra firme coma na area húmida da ría. Nos cabazos do mar sécase peixe e gárdase millo, namentres as súas cruces son posadeiros improvisados das altivas gaivotas.

"O hórreo galego non é simplemente un graneiro, como é o asturián; é unha hucha sagra que garda o pan de todo o ano”Castelao, As cruces de pedra na Galiza.

Que os antergos e ensalitrados hórreos ou palleiras de Combarro garden coma hucha sagra o pan de todo ano…, ou tan sequera o recordo por sempre da súa tan leal como vella tarefa.

8 comentarios:

  1. Impecable a cita do Xenio (ti xa sabes ao que me refiro), e impecable tamén a túa entrada.
    Son fermosas terras as das Rías Baixas, tan lamentablemente esplotadas coma tinguidas dunha impresionante beleza.
    Que o tempo lles devolva a esas catro rías o que o home lles quitou.

    Un saúdo dende Compostela,
    e Saúde, sorte... e República!

    ResponderEliminar
  2. Saude, amigo. Grazas polos teus comentarios. Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Efectivamnte, as inigualables reflexións de Castelao...

    Hai xa tempo estiven en Combarro cuns amigos e teño moi bo recordo dese lugar.

    Os Mouros nunca minten...

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  4. Grazas Rosalía, Castelao fixo un estudio pluricultural das inquedanzas e patrimonio dos galegos que somentes os bos e xenerosos[...]entenden. Aínda que con ese nome non me sorprende que entendas as verbas e o sentir de Castelao.
    Grazas polo teu comentario. Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Fermosa vila a de Combarro;seguramente unha das máis velas do país.Gracias por achegarme outra vez a ese fermoso lugar.

    ResponderEliminar
  6. Grazas a tí tamén, Dalit. Combarro é un recodo auténtico que vale a pena visitar, e está considerada como un dos expoñentes máis representativos do turismo en Galiza. En fin, que podamos seguír falando do nóso Combarro, sempre nóso e non só para o escaparate de Turgalicia. Unha aperta, Dalit.

    ResponderEliminar
  7. Moi boa nota, coma sempre. Eu, que non coñezo tanto a terra, estoume decatando de moitas cosas grazas aos teus escritos (e tamén aos da "movida bloguera" de Fisterra).

    ResponderEliminar
  8. Grazas Gradiva, alégrame que visites a Fraga e que saques o máximo proveito dela. Un saúdo

    ResponderEliminar